BILLARDA E CINEMA ÉTNICO INVADEN O POBO GALEGO MENTRAS "CAN BARRACA" APERTA A GLORIA NO GRAN OLIMPO BÉLIT!!
Co espectacular Lipdub da LNB estourando e rachando aramios pola rede , iste luns arrinca no Museo do Pobo Galego unha nova edición da referencial Mostra de cinema Etnográfico , sen dúbida un marco perfecto para exibir o noso lipdub ou nunha edición futura o gran documal sobre a LNB que sen dúbida o pobo enteiro está pedindo . E mais cando no programa da mostra de etno-filmes está un francotirador irmán como é Manuel Darriba , apresentando o seu espectacular " Pacios, As Fotos da Memoria " ó carón do archipremiado internacionalmenta Wikingland de Xurxo Chirro . Un empurre e fungar étnico que ista find. vai por as billardas da LNB a gradar o ar galego .Sábado 16 Proba de Billarda nas Olimpiadas Populares de Ponte-Vea - Aberto do Son do Masma en Celeiro ( Barreiros ) - Aberto do Festifolk Mugardos - Abiertu Pitu Caleya en Piarnu ( Asturies ) - e o domingo 17 Aberto do Folk in Río ( Touro ) . E atención porque nun dos puntos máis alto do país como é Manzaneda con contexto Brutal do festival da Rebusca en Manzaneda se prantexa realizar o explosivo primeiro PECHADO DA LNB , a homenaxe billardeira ós gaiteiros que utilizan iste ancestral xeito de tratar o punteiro- E ti que tes aquí chantados os ollos a qué carallo agardas para converterte en activista LNB e organizar un puto Aberto co que alzar as voz e arrebolarlle as billardas ós bancos e as institucións todas...COMO ANCONTECEU NO EXPLOSIVO ABERTO IMPROVIDADO POLOS ACTIVISTAS DE LUCERNA DE CERCEDA EN FOLGUIEIRA DE CASTELO EN CULLEREDO COMO INFOMA OVARAL FACEBOOK, RACHA AS CADEAS E UTILIZA AS REDES SOCIAIS COMA ARMA ARROXADIZA PARA MONTAR E IMPROVISAR ABERTINHOS!!
Puidose ver en Conxo . ó selecionador habilitado Serxio da Faisca tomando notas e somentendo a exames de lanzamento coas palas dos irmáns do Bélit ós palanadores e palanadores da LNB para xestar e preparar unha Auténtica que con garantías poida prantar cara ós potentísimos Paisos Cataláns no próximo terceiro envite que nos libre da pesada loita das derrotas pasadas ...
1 Comments:
At 9:24 AM,
Anônimo said…
http://siareirasgalegas.blogaliza.org/2012/06/11/publicamos-a-listagem-de-locais-e-vilas-onde-se-celebrara-o-canha-contra-espanha/
Postar um comentário
<< Home