O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, junho 14, 2012

ARRINCA A FIND. CUNHA BRUTAL ACCIÓN NUN LICEO DE SEMENTE BILLARDEIRA ..."DÁLLE FERRO!!" BERRABAN OS NEO-PALANADOR@S!!


Sementar Sementarei , loguiño de craerar , en tanto no pobo medre, un meniño , un vello e un cantar....Fuxan estouraba en cada golpexo dos neo-palanadores e palanadoras que iste xoves en histótica sesión arrincou as lagañas a iso das 9 da mañá ós alumnos do EIS Gamallo Fierros de Ribadeo . Na espectacular imaxe arrincando carreira un dos xogadores que marcou estilo nista brual acción billardeira no marco da Semente Billardeira nos Liceos , Flores dende logo xa ten sobre a mesa os informes que poden convertir a iste maxistral palanador aínda en idade escolar no Balotelli da Auténtica , e xunto a el moitísimos xogadores e xogadoras que demostraron cos seus xuramentos e golpexos que hai unha firme base para seguir medrando niste gran proceso espiral no que a LNB está inmerso.

Fai unhas semanas durante a desputa do Paly Off Nacional en Conxo o campión nacional galego de ciclismo en ruta apresentou no Set-LNB o espectacular cartaz das Olimpiadas Populares Galegas que ista find. se desputarán en Ponte-Vea ( Teo ). Nun intre no que a figura de Lance Amstrong , o ciclista americano 7 veces campión do Tour , está en entredito pola pantasma do doping , a LNB unha vez máis con ista imaxe sáe na defensa dos deportistas coma o Ciclista-LNB cuxa única dopaxe é a carraxe e as ánsias de esfolar ruta, esfola ti tamén a estrada!!>>Sábado 16  Proba de Billarda nas Olimpiadas Populares de Ponte-Vea 647.190789 -  Aberto do Son do Masma en Celeiro ( Barreiros ) 605.316896 -  Aberto do Festifolk Mugardos 650.731353-  Abiertu Pitu Caleya en Piarnu ( Asturies ) 644.294287.-  e o domingo 17 Aberto do Folk in Río ( Touro ) 654.232108


Pequena charla a pé de pista despois de que un histórico da LNB como Ginés dos míticos Cornería-Team que se atopaba nas instalacións do centro demostrara a súa espectacular pegada cuns maxistrais golpexos cara ó varal . Atendendo ás indicacións da micro-palestra billardeira vemos tamén a unha palanadora dos míticos Bíteres "Lía" a primeira pola esquerda exerceu tamén de maxistral instructora para os seu compañeiros 

Función que tamén exerceu Bruno, o palanador tamén dos Bíteres , exerceu de mestre de cerimonias na posta en marcha do Abertinho da terceira clase que saíu á pista para tomar contacto con iste noso desporto que racha moldes e que case racha tamén fiestras das aulas. 


 ....para que vale xogar á billarda? preguntou unha das rapazas , e para que vale xogar á PSP? respostou a serpe multicor da LNB, aquí polo menos estás con xente e podes pegarlle cunha billarda nos fuciños a un profesor . ó director ou escachar unha fiestra e non che pasa nada , incluso podes botar uns xuramentos cando non lle apuntes e naide che pode chamar á orde porque simplemente estás noutro nivel...Semente Billardeira, Pánico nas aulas!!