PONTE-VEA ....OLIMPISMO BILLARDEIRO CEIBE E SOLIDARIO!!

Prender a radio pola mañá e que nunha disas lixo-tertulias e metras trocas de emisora no carro sentir a unha patética analista decindo que a posibilide de que Madrid sexa elexida por fin sede olimpica sería un impulso para economía dun estado en ruina absoluta como é o español.
Durante a proba de billarda celebrada o sábado polo serán o tempo acompañou cousa que trocou mais tarde con auga a chuzos .
Tension e nervios entre palanadores e palanadoras que ollaban como Rubén Otero , a actual Coroceir@ Nacional voltaba a despregar o seu implacábel xogo que só podería ser detido cun barrico de 50 litros de licor café como mínimo
Espectacular a galería de fotos das OPG2012 guindada polos irmàns de GzContrainfo donde se poden ver , ollar e sobretodo desfrutar de estalos de todas as displinas en xogo en Ponte-Vea.
E no GzContrainfo tamén se pode ver a explosiva apresentación no CS A Revolta , brutalmente atacado fai un par de semanas , da campaña dos irmáns de Siareir@ Galeg@s para o seguimento da Eurocopa de Futbol argallada na cabeza dun palanador da LNB no que unha vez máis a seleccion Galega ten a súa participación impedida pola acción do estado español como moi ben afirma o Komandante Viana palanador da Faisca que fai un minucioso repaso pola historia de Siareiros que nos dispara cunha billarda entre os dentes a berrar ...Bilharda Sempre, Umha Naçom , Umha Seleçom!!
1 Comments:
At 12:42 AM,
Pinto said…
Comandantes no Faísca so há um, e é o Curto.
Postar um comentário
<< Home