O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 18, 2012

LICOR CAFÉ E RAKIA CROATA...A FORZA DA CIVILIZACIÓN PANDOLO BUSCA A CLASIFICACIÓN NO EUROCOPO DE FUTBOL!!



Imposíbel manterse á maxe cando irmáns coma a seleccion Croata de futbol afronta un decisivo partido no Eurocopo , será ista noite de luns cando a pelota bote a rodar nun campo de Polonia mais dende Bretonha a Dubrovnik érguense os paláns para apoiar con uñas e dentes a clasificación dos irmans do Pandolo que é denominación que recibe o noso desporto nas terras dista poderosa nación que para mais inri viste coas cores do Top-Mantelo. Niste espectacular video-estalo producido polo Promursko A Ligo Pandolo . entidade análoga á LNB , podemos obserbar a forza brutal diste noso desporto e a vitalidade dos palanadores e palanadores croatas , todo elo acompañado da BSO da Champions League , un chamamento totalemente explicito para que Belitistas , Txirikiarais , Palanadores e Palanadoras duha vez por todas rachando os aramios de espiñas dos campos de concentración do deporte federado co que o estado nos condea...paláns ergueitos por un Europoco billardeiro donde Licor café e Rakia Croata se crucen nos nosos vasos e varados!!










E nun día coma hoxe no que a prima de risco española acariña os 600 puntos , moito cuidado como te vistes antes de saires da casa  xa que os corpos de seguridade do estado están totlamente programados para recaudar polo que calquera camiseta , bufanda ou bandeira que poida ser susceptíbel de perxudicar a "la roja" é utilizada para multar salvaxemente ó que a leva, e non o decimos de broma, desclasificamos pois un espeluznante documento que amosa a multa a un palanador madrileño que perticipou en Abertos coma o dos Ancares do Fegalcat . O día depois do partido  italia-españa e por casualidade vestindo unha camiseta do Inter montado na súa bicicleta , sen querer , meteuse por direción contraria accion pola cal foi parado e multado por circular en dirección contraria coa salvaxada de 500 euros , unha saña naturalmente probocada por vestir unha camista dunha equipa italiana que os axentes tomaron coma unha ofensa e probocación. Non corras riscos, hoxe segue o partido da selcción Top-Mantelo na rede de locias ceibes que coordianan siareir@s galeg@s...Pandolo Sempre. Adiante co Varal!!