O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, junho 21, 2012

ARRINCA NA DEVESA A ATERRADORA CONTRA ATRÁS CARA Á DESPUTA DO ANO MOURO DO INTERPARROQUIAL_2012!!
















SÁBADO 29 DE XUÑO NO CAMPO DE FUTBOL DA DEVESA ( RIBADEO ) O GRAN ASALTO POLO AÑO NEGRO DO INTERPARROQUIAL DA LNB XA COMEZOU A SÚA TERRORÍFICA CONTA ATRÁS. A CONF. NORLESTE XESTIONARÁ COMO É HABITUAL ISTE MÍTICO TORNEO POR EQUIPAS Ó QUE XA TE PODES INSCRIBIR UTILIZANDO O FACEBOOK DO VARAL OU NO MAIL lnb.norleste@gmail.com  PARA REPRESENTAR Á TÚA ALDEA, PARROKIA , BARRIO , GRUPO MUSICAL , CENTRO OU COLECTIVO SOCIAL Ó QUE PERTANZAS. 5 MEMBROS POR EQUIPA , AS ELIMINATORIAS ARRINCARÁN ÁS 11:30 H. CON XANTAR DE IRMANDADE NO RESTAURANTE A PARRILLA MOI PRETO DO CAMPO DE XOGO A PREZO DE 10 EUROS ( CHUPIÑO INCLUÍDO ) . APARTIRES DAS 16:30 H. SERIES FINAIS E GRAN FINAL CON ENTREGA DO AÑO E A MÍTICA CULLER PAU PARA O DERRADEIRO CLASIFICADO. E COMA GRAN GUINDA FINAL DISTA EDICIÓN DO AÑO INTERPARROQUIAL FESTA-CONCERTO "REPÚBLICA BILLARDA" COA ACTUACIÓN DO CANTAUTOR-LNB MIGUEL ALONSO COA SÚA BANDA NA SALA ROCKUNCHO DE RIBADEO APARTIRES DAS 23 H.APRESENTADO O SEU CELEBRADO DISCO A NOITE DOS CANS E OS SEUS NOVOS TEMAS QUE XA ESTÁN LANZANDO CONTRA AS CORDAS A CRÍTICA E PÚBLICO.... SÁE DO RABAÑO VENTE LOTAR POLO AÑO!!

















Collede folgos pois , porque a cousa é de aupa , como xa sabedes tan só unhas horas depois do Torneo do Año , en Ordes o domingo 1 de xullo no marco da Festa da república Galega , explosiva 2º edición do aberto de billarda que se celebrará no espectacular entorno da estación do tren vella. E atención porque xa se confirman novo punto de inflexion coma o de seguro explosivo I Aberto do Umia Rock , coordiando por unha das institución da planaforma musical da LNB chamado Manuel Abuín ( Fachenda Galega ) cuxo festi terá ademáis coma cabeza de cartaz a unha das bandas do República Billarda.... LABAZADA. Segue o exemplo con dignidade e faceha de Manuel Abuin e monta Abertinho donde vaias , mesmamente aproveitando os lumes novos de San Xoan coma o dos irmáns de Madia-Leva de Lugo que iste domingo van armala de novo en SanXillao...non imos parar ate xogar en todas partes!!

2 Comments:

  • At 9:19 AM, Anonymous Anônimo said…

    Hai un erro na data, é o sábado dia 30 DE XUÑO.

     
  • At 4:24 PM, Anonymous Anônimo said…

    Hai outro na hora de por a tarde

     

Postar um comentário

<< Home