O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, junho 23, 2012

FADI MBAREK ABDESLAM....A VICE-CAMPEÁ OLIMPICA DE BILLARDA IMPULSA A FRONTE ARREDISTA NA LNB!!











Xa se poden consultar as clasificación da II edición das referenciais Olimpiadas Populares Galegas , donde a equipa das KURMANDINHAS foi a clara dominadora , mais ó carón das espectacular xestion en loita galega do palanador Brais na categoría de máis de 80 kg quedando segundo clasificado , o destacábel por riba de todo despois de coñecermos que Rubén Otero levou a coroza ó mais alto do pódium olímpico é coñecer a subcampioa absoluta Fadi Mbarek Abdeslam , palanadora pertencente á equipa ARREDEDISTA do centro social de Compostela . Agradamos con ansias e cos paláns e fouciños na man compartir espazo moi pronto nas pistas da LNB con Fadi e con todo o gran exército Arredista!!
















Nunha man o palán e noutra unha estrela para felicitar e apoiar con toda a nosa forza a acción coordiando por Siareiras Galegas e os irmáns da F.Artabria que iste vindeiro 20 de Xullo porán en marcha o debú da seleccion galega de Futbol Gaélico no marco do festival de Terra e da Lingua donde tamén haberá un explosivo Abertinho coordiando pola tribo Bezouqueira. Adiante pois porque a LNB tamén está potenciando o seu entramado internacional tentando dende a embaixada en Chile sortear as interferencias do estado español que impiden a libre participación das nosas seleccions nacionais a nivel internacional....Billarda Sempre, Adiante co Varal!! 

10 Comments:

Postar um comentário

<< Home