Inicio simultaneo da
SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA nas tres conferencias da LNB , se as fotos amosadas xa eran suficientemente contundentes , agarrádevos para ver os videos producidos polos reporteiros de guerra de TELE-VARAL. Unha xornada a de arrinque marcada ademáis polo histórico primeiro
referéndum na LNB para dilucidar entre os palanadores e palanadoras das 3 conferencias se se seguía coa normativa de medidas pechas entre 18-25 cm. ou polo contrario se se deixaba libertade absoluta de media. As duas conferencias do Norte realizaron o sufraxio a pé de pista coñecedores dos probleamas derivados dista cuestión sobre todo nos tramos finais da competición cando seguir con vida prende dun escaso milímetro, mentras
que no Sur coma debutantes na competición decidiron acatar a decisión saída das dúas xa veteranas conferencias e actuar só como desniveladores en caso de empate. Os apretados resultados na pista da Zapateira situaron a victoria na
Conf. NorOeste por só un voto da continuidade das billardas con medida pecha entre 18 e 25 cm , opción que foi respaldada na
Conf. NorLeste por abrumadora maioría na pista de Remourelle.
É pois decisión da tribu toda da LNB que a partires da próxima xornada sexan obrigatorios as billardas ou pinchas entre 18-25 cm de longo aínda que a forma ou afiada sexan de variación ó gusto do palanador e palanadora. Ademáis calquera xogador poderá impugnar ó seu contrincante para a medición da billarda e no caso de estar por debaixo ou por riba das medidas regulamentarias o infractor ou infractora perderá os puntos de toda isa xornada.
Hai veces que sobran as palabras cando un mira para os ollos , ista é unha delas, Chupi xa transmite a emoción ó traveso da súa ollada na entrega de premios e se por riba o rei dos Varados e Speaker oficial da LNB Fuco fai de entrevistador pois que o mundo se ateñas ás consecuencias, adicatoria do Campión á afección que o conducíu en bolandas ó triunfo do xamón nista 1º xornada de Superliga fronte a un emerxente Aníbal e adicatoria tamén ós seus compañeiros dos
Paquete-Pincha. Quén pode pedir máis? Pois por pedir que non quede......alerta porque chegan explosivas novas:
O Hotel Balneario Xallas de Meaño ofreceuse a patrocinar un torneo entregando coma premio un finde nas suas instalacións. Atención pois ó
web oficial da Conferencia Sur porque pode haber cobadazos para conseguir unha inscripción niste de suguro torneo que batirá todos os records de asistencia, mentras nos quentan a auga....sumerxete niste poderoso video-estalo con B.S.O dos Rebumbio , do Mos-keocolectivo e da Turres band que todos xuntos fixeron iste amasixo de sons que de seguro por separado logo poderedes sentir algo moi especial no myspace da LNB,
porque na LNB o que queremos son baños quentes e xamón, xamón!!Non hai mellor maneira que empezar unha nova edición da SUPERLIGA que meténdolle o dente a un bo prato de año asado , e se é na Taberna de Lola de Remourelle mellor aínda, e se é o año mouro do interparroquial mutado xa case nun descomunal carneiro pois mil veces mellor. A verdade é que nista durísima tempada que se inicia todo vai facer falla para que os equipos e os palanadores e palanadoras dista conferencia norleste manteñan a súa imbatibilidade no ámbito nacional. Remourelle foi o pistoletazo de saída e xa saltaron chispas como podedes ver no video-estalo producido polo maxistral Daniel con B.S.O de Mafia Gallega , e moita atención porque Paco ademáis de exercer coma M.C oficial da LNB anunciou a súa firme convicción de iniciarse coma palanador militando na posíbel primeira franquicia da LNB nas rúas de Xenebra ,
EUROPEAN-TOUR da Selección Galega de Billarda xa!!