A CACHISA DÁ O PISTOLETAZO DE SAÍDA Á TEMPESTADE CANTÁBRICA!!
E non só á 2º xornada de SUPERLIGA GALEGA de BILLARDA senón a unha descomunal tempestade billardeira que terá o seu culmen absoluto iste vinceiro domingo 26 de outubro coa desputa da II COPA CANTÁBRICA na pista polideportiva de Puyarnu (asturies). Galiza defenderá con uñas e dentes o título acadado na 1º edición fronte á poderosa selección Asturiana que supura venganza por tódolos poros da súa pel. Atención pois á lista que a Plataforma de xestión da Auténtica , faiga pública despois das enganchadas dista find en Moaña e Santo Adrao....
xa que a Loucura billareira fixo que 2º enganchada na Conferencia Noroeste se deputara xa o pasado domingo 12 cunha afluencia masiva de palandores e palandores e dende o Billardódomo de Celas de Peiro da parroquia de Culleredo tamén TELE-VARAL estreou emisión cun espectacular Serxio como reporteiro de guerra rachando o xeo cun dos membros dos Curriolos.
PREPARATIVOS....
II COPA CANTÁBRICA
LIRIU#BILLARDA
ASTURIES VS GALIZA
26 D´Ochobre / 12 H
PISTA POLIDEPORTIVA DE PIYARNU(CASTRILLÓN)
A Auténtica convértese así indiscutibélmente na selección máis activa e activista de todos cantos deportes hai no país enteiro e amiaza aínda con antes de rematar o ano dar outro tremendo golpe na mesa. Os ollos da PxA estarán atentos ás evolución dos palandores e palandoras nas tres conferencias en xogo ista find para que O´Zidane da Billarda poida dirixir un selección con garantías no multiusos de Piyarnu.
ORGANIGRAMA DA EXPECIÓN:
Inscripción para a viaxe >>nos coordinadores de conferenciasábado: Posibilidade de estancia no albergue de Ribadeo para os que o soliciten
12 h: inicio do partido Asturies Vs Galiza
14:30: xantar de irmandade / prezo prato: 12 euros
16 h: Desputa en formato de Aberto do xamón cantábrico doado por Embutidos Vallina nuha pista anexa ó restaurante.
17 h: Visita ó Bar Timo de Aviles , Sede da Selección Asturiana do Liriu
18 H: Retorno da Guagua para a Galiza
1 Comments:
At 8:11 PM, Turzi said…
Viva a Nosa Selección Nacional!
Viva a Auténtica
Espero que os palanadores e palanadoras galegas dean unha lección de xogo e deportividade! E, a poder ser, que traian a copa para Galiza.
Saúde e billarda.
Postar um comentário
<< Home