O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 14, 2008

DAS AUGAS DO LAGO LÉMAN Ó DESEMBRACO BRUTAL DO 2º ASALTO DA SUPERLIGA!!

E despois do temporal parlametar chega a clama , a calma tensa do espectacular Lago Léman da cidade suiza de Xenebra donde ten a pista de adestramentos a primeira equipa da cidade do canton francófono capitaneada polo M.C oficial da LNB, Paco Gallego e toda a Mafia Gallega amiazan coa palabra a agora amizan tamen cos paláns e billardas, despois de por a danzar a toda a Galiza co seu explosivo tema de apoio á revolución billardeira, Paco xa ten en marcha unha perigosa célula en pleno corazón da vella europa que de seguro logo facerá pinza co exercito do Schlagpflock alemá encabezado por Aitor , Iago e polo pulmón da selección xermana Denis , o Karl-Heinz Rummenigge da billarda que non oculta o seu desexo de algún día xogar nunha das franquicias da polo de agora embrionaria Microconferencia Luso-Galaica con sede em Oporto e Vilanova de Familicâo.

E dende as augas do Lago Léman sáe o gran batuxo da LNB para ista find desembracar nunha descomunal festa con música e teatro na rúa no 2º asalto da Conferencia Sur en Moaña , donde o Comandante Xosé Miguel mobilizou a todo o Morrazo para recibir ós fillos e fillas da Cachisa como se pode ver na espectacular páxina feita para deixar imborrábel pegada. E o domingo a tribu da Conf. NorOeste apoiará na súa primeira incursión nómade da tempada fóra da Zapateira ós veciños de Celas de Peiro no concello de Culleredo na súa tentantiva de abrir as portas da recén restaurada Torre que as autoridades se negan de abrir ó pobo mentras que no NorLeste a tribu toda acoderá á parroquia máis vermella de Lourenzá para celebrar o 2º asalto da liga regular xunto coa inauguración da explosiva Herriko de Santo Adrao bañada polo caudaloso rego parroquial antes de rematar a festa ceando unhas racións de polbo nas San Lucas de Mondoñedo. Prepárate para zarpar nista perigosa viaxe sen retorno!!