O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 22, 2008

ACUTO ABRE FOGO MENTRAS ASTURIES AFÍA OS LIRIUS PARA CONSEGUIR O COPO CANTÁBRICO!!


A LNB DA MAN DO CAMARADA CARLOS SUARI PRESENTA NO REFERENCIAL PROGRAMA ACUTO DA RPA A II COPA CANTÁBRICA DE LIRIU#BILLARDA DISTE VINDEIRO DOMINGO ÁS 12 H. NA PISTA DE PIYARNU.... MENTRAS RECUPERAS O ESTALO EN RADIO-VARAL , NO PAIS ASTURIANO ENTEIRO AFÍAN OS LIRIUS E PREPARAN AS MACHORRAS PARA ARREBATAR O COPO CANTÇABRICO AFERRADO ÁS MANS DA AUTÉNTICA . CHIRINGÜELU E PIRUSALDA CADA SELECCIÓN A SÚA DANZA DE GUERRA .

E ATENCIÓN PORQUE PODEREDES SEGUIR O INTERNACIONAL EN DIRECTO POR UN REABERTO VARALMORSE EN EMISIÓN PIRATA DENDE UN ZULO BAIXO TERRA LUSA.

Galiza venceu na 1º edición da Copa Cantábrica con aquel histórico Match Point de Fram , iste 26 de Outubro Asturies pide vinganza nista II Copa Cantábrica de Liriu#Billarda A Selección Galega de Billarda chega aínda quente despois de vencer a Deutschland no internacional celebrado en Ribadeo o pasado 20 de setembro , a selección alemá resitíu os primeiros embites pero despois caeu rendida ante o podeirío abrumador da Auténtica , pero Galiza sabe que Asturies non é a periña en dóce xermana senón unha coda moi dura de roer disposta a rematar coa hexemonía europea da Selección Galega que ista vez na Pista de Piyarnu , vai atoparse cunha xa experimentada Selección Asturiana armada ate os dentes e con gañas de vinganza despois de perder na 1º edición dista competición que achica mares. Ás grandes estrelas asturianas que participan na Superliga Galega coma vanse sumar os grandes referentes autóctonos curtidos xa nos ABIERTUS celebrados en territorio astur donde iste deporte coñecido coma Liriu xa destroza moldes tamén en todo o pais veciño.


Xosé Pravia , o seleccionadro Astur, agarda xa cun exercito preparado e concentrado para dalo todo ate a última gota de sangue, Javier Barzanas, Falo, Popes, Fran , Albarín ou Delmi van ser realmente unha coda moi dura de roer para una Auténtica que se aferra á súa condición de invicta no continente europeo como a mellor das súas credenciais.

5 Comments:

  • At 2:43 PM, Blogger ONIS said…

    TRAER LOS PAÑALES BIEN APRETAUS ESTE DOMINGU POS LOS VAIS A USAR. PUXA ASTURIES!

     
  • At 10:34 PM, Blogger MariaKirinal said…

    VAIS CAGAVOS!!EL DOMINGU ENTAMOS LA RECONQUISTA DE LA COPA CANTABRICA!!

     
  • At 8:47 AM, Blogger BARRES HASTA A MORTE said…

    VAMOS A SOLTARVUS LOS CAIS NADA MAIS CHEGUE EL AUTOBÚS.

     
  • At 11:10 AM, Blogger trives.gz said…

    Voltaremos a conquistala Copa Cantábrica e recuperalos terreos perdidos.

    EO-NAVIA SON GALEGAS

     
  • At 2:06 PM, Blogger ONIS said…

    ¿SE APRENDIERON EL HIMNO LOS GALLEGUS?

     

Postar um comentário

<< Home