O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 20, 2008

ASTURIES vs GALIZA: UN INTERNACIONAL CUN HORIZONTE PLAGADO DE ESTRELAS!!

26 D´Ochobre / 12 H

PISTA POLIDEPORTIVA DE PIYARNU(CASTRILLÓN)


... a moral da Revolución está tan alta como as estrelas!!

Por iso as bandeiras que representan a ámbolos dous países en loita se enchen tamén de estrelas como preludio da gran enganchada internación diste vindeiro domingo na pista de Piyarnu.
Despois dun portentoso segundo asalto da Superliga que deixou pegada imborrable en Celas de Peiro , Moaña e Santo Adrao, toda a LNB afronta e asume o seu destino. Guiados polas poderosas verbas de Turzi , alias baixo o que se esconde o Seleccionador Alemá de Schlagpflock , a selección galega de Billarda , a máis activa e activista de todos cantos deportes existen no país afronta o desafío histórico da primeira defensa oficial da Copa Cantábrica de Liriu#Billarda.
A Plataforma de xestión da Auténtica (PxA) traballa a reo nas tres conferencias para ceibar o máis axiña posíbel a lista de convocados , de igual xeito que o equipo de Xosé Pravia ultima a súa lista de convocados xa que a selección asturiana despois da acción dos ABIERTUS e os aborixes militando en franquicias da Superliga Galega como a recén coñecida estrla dos Curriolos fan que o equipo de selección se enfronte á máis numerosa nómina de seleccionables da súa recente historia.



Na pista de Piyarnu Asturies e Galiza recoñeceranse de igual a igual coma dous paises soberanos , con cadansúa língua oficial e donos únicos de cadanseu presente e futuro dentro e fóra da pista, se queres participar dista explosión de vida baixo un horizonte plagado de estrelas aínda estás a tempo de unirte á expedición: ovaral@hotmail.com


REITERAMOS PLAN DE VIAXE:

Acreditacións radio, prensa e televisión: ovaral@hotmail.com.

8:30 da mañá saída da Guagua dende a estación de bus de Ribadeo
[ albergue de concentración en ribadeo xestionado pola LNB ]

12 h: inicio do partido Asturies Vs Galiza

14:30:xantar de irmandade / prezo prato: 12 euros

16 h: desputa en formato de Aberto do xamón cantábrico doado por Embutidos Vallina nuha pista anexa ó restaurante.

17 h: Visita ó Bar Timo de Avilés , Sede da Selección Asturiana do Liriu

18 H: retorno da guagua para a Galiza