O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 27, 2008

A AUTÉNTICA RETÉN FRONTE A UNHA PODEROSA ASTURIES A COPA CANTÁBRICA !!


Faltan xa palanbras para describir todo o acontecido na pista polideportiva de Piyarnu nista II Copa Cantábrica , una ambiente digno das granes ocasións recibíu a machetadores e palanadores dispostos a realizar cadansúa danza de guerra baixo o amparo das bandeiras antes de iniciar a sempre encarnizada loita.
MARCADOR: ASTURIES: 1 SETO / GALIZA: 2 SETOS

Olla todas as fotos no Foto-Varal



Se difícil foi por a en marcha a maquinaria fai uns anos dista competición internacional que racha moldes e fronteiras máis difícil é mantela co pulso tan intenso e cos nervios a flor de pel co que se seguíu ista 2º edición. Piyarnu foi o nacemento de moitas cousas, a furia asturiana con xermen no barrio Avilesino do Quirinal que se espalla dende as Bárzanas a Gozón , pasando polo barrio da Lluz para chegar ate Teverga e amiazar xa con istalarse en Xixón e Uvieu.


Pero outras das cousas que se fraguaron no cemento de Piyarnu foi a necesidade imperioso unha emisión en tempo real para que o pobo tiveran novas en tempo real do pulso vital da Auténtica para chimpar así por riba dos boicotes informativos ós cales estamos sometidos.É por iso que dende un zulo en terra lusa pola mañá o radioceánico Sak dende o atlantico piscina deslizouse ate o bravo oleaxe cantábrico de Piyarnu para narrar en espectaculares petiscos dixitais do VARALMORSE.PT o pulso vital dunha Auténtica que busca o alento do pobo coma impulso dos seus golpexos ó igual que a selección asturiana ten cada vez máis adeptos en todo o seu país . De novo o entramado comunicativo da LNB rachou con tódolos chantos no complicado camiño polo que ise crónico do varalmorse.pt narrado de xeito maxistral e en carne viva por Sak debería dende hoxe mesmo comezarse a estudar nas facultades de xornalismo para que os futuros xornalistas se deixen de caralladas e aprendan a surfear nas cunetas da información establecida. OVARALMORSE.PT, TELE-VARAL , ACUTO E RADIOCEÁNICA, a forza indomábel do surfismo mediático!!




E dende Uvieu Carlos Suari, outro surfista nas cunetas infomativas como xa anunciara no seu referencial Acuto estivo alí formando parte dun numeroso continxente de apoio dentro da que estaba o gaiteiro oficial xa da selecc. Asturiana que interpretou o himno astur despois do que a Auténtica na figura do polifacético Daniel interpretara o queixumes dos pinos cos puños ergueitos dos palanadores e palanadoras.


Despois de rematar os dous setos simultaneos empatados a 1 , nunha final a cinco carreiras na que Galiza pechou o internacional vencendo nas tres primeiras con 2 Varados un de Victor e outro de Daniel a tensión e os nervios a flor de pel apoderou do estadio cunha incluso desaparecida Copa e con incluso posíbeis impugnacións ó resutado. É por iso que abrimos o noso correo por se alguén quere facer algunha valoración do acontecido en Piyarnu será publicada para o seu coñecemento público.


Dende a Plataforma Copa Cantábrica queremos acordarnos de todos aqueles que por diversos motivos non puiderosn estar, Delmi , Marcos , O´Zidane , Markitos , Luisa, Chema.... pese a non poder estar físicamente sobre a pista estiveron igual con todos nós.

E dende a Platorma de xestión da Auténtica (PxA) queremos tamén agradecer o compromiso de todos seleccionados e o seu excepcional comportamento cos nosos irmáns da selección asturiana , se na 1º edición foi David dos Filloas de sangue foi quen se atreveu a rachar o xeo intergrandose na sempre perigosa expedición da Auténtica en terra astur , ista vez Xosé Miguel de Moaña acompañado por Iván e Arosa foron quen de dasafiar as raias continuas e o licor café dunha noite na muga para sentir en carne propia o poder e orgullo infinito de vestir a camisola da Auténtica.

Andrés dos Remourelle Bulls fíxose co xa famolo Lacón Cantábrico despois do espectacular xantar en Casa Orosia das Bárzanas , parada final das dúas selección no Bar Timo de Avilés e retorno na Guagua da LNB para afrontar xa unha apoixoante find con Abertos no horizonte. Moi atentos porque TELE-VARAL prapara o seu sempre maxistral audio-estalo co que tod@s voltaremos a arrebolarnos á máxica pista de Piyarnu. Puxa a imparábel revolución do Liriu , Adiante a imparábel revolución billardeira!!