O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 10, 2008

FEIJOO SINALA NO PARLAMENTO GALEGO Á BILLARDA COMA ARTÍFICE DA CRISE ECONÓMICA!!

A fractura de dircurso do PP estatal é máis que palpábel xa que ista semana vimos de sentir as verbas de Feijoo no parlamento galego rexeitando enerxicamete o "Plan estratéxico dos xogos tradicionais de Galicia" citando expresamente ó deporte da billarda para argumentar que estamos en crise e hai cousas máis importantes. Comentabamos no anterior post a ledicia das iniciativas do PP Basco en referencia á súa defensa do recoñecemto olímpico da pelota basca e agora temos que ouvir ornear ós seus compeñeiros de PPdeG acuasándonos ós palanadores e palandoras de ser un dos principais motivos da crise económica que azouta o país. Pois váiase preparando a súa señoría que se pola acción empobrecedora da LNB vai ser , Galiza moi pronto será coma Niger, oficialmente o país máis pobre do mundo!!