O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 28, 2014

A CADEIRA...O COLECTIVO CULTURAL TRES PES DE TRABADA OFICIALIZA O PRIMEIRO GRAN COTO DE CAZA LNB!!


















Despois do exitazos billardeiros no Aberto do día da Patria no campo de hockei do Campus Sul de Compostela e o posterior Aberto do día despois en Bueu a gran serpe multicor da LNB ergue a ollada por riba da névoa de Abadin e divisa a figura no horizonte duns espectaculares exemplares de perdices salvaxes galegas agardando polas billardas no impresionante paraxe do monte raso da Cadeira no Concello de Trabada.















Será iste sábado cando despois dun feixado de anos as billardas da LNB volten á Cadeira para diante da mítica capela do San Marcos e nun contexto tan brutal coma iste desputar a primeira edicion do de seguro explosivo Aberto das Perdices coordiando polos irmáns do Colectivo Cultural Tres Pes de Trabada e a LNB... Iste pasado sábado realizouse o primeiro adestramento oficial dos tres pes na Cadeira e atencion porque a cousa apunta moi alto...  Vai afiando as billardas e pondo a pota ó lume coa auga fervendo!!

quarta-feira, julho 23, 2014

ABERTO DO DÍA PATRIA - COMPOSTELA 2014!!



















No maremagnum que unha vez máis se vai converter Compostela iste día da Patria 2014 unha ensadeira de actidades que reflicten cada vez con mais forza que o nacionalñismo galego no lugar de arrincar chantos  pon máis para delimitar a cada vez máis minuscula leira . Será apartires das 17,30 niste contexto de confusión e contaminacion acustica no campo de hoquei herba do campus sur donde se celebrará por primeira vez na história o Aberto do Día da Patria . Enmarcado nos actos paralelos do festigal só queda aledarnos que sexa niste terreo de xogo de compostela e non en Luxemburgo donde as billardas desafíen  un ano máis a hipocresía , o imperiamlismo e as sycav . Desexar asimesmo que non sexa Nogueira nen o seu xenro quen realice o saque de honra , e si algun representante de QueVoltem á Casa .... Billarda , Patria e Loita!!




















E se aínda respiras o sábado despois do día da patria e continúas con gañas de zouparlle a algo ou alguén , no CampoLongo de Pontevedra tes unha cita inexcusábel no Aberto-Safari coordinado polo Rinocerontes ....Billarda Wild Experience!!

A QUE SABE E ULE UNHA VICTORIA NUN ABERTO DA LNB??















A espectacular imaxe coa que Ismael de Outeiro actualizou o seu estado no facebook despois de arrasar no explosivo Aberto do Pol Kultura Aberta deixa un profundo arrecendo nos nosos ollos a tomates , pementos e exquisita mel autóctona e ecolóxica. Mis reflicto no subconsciente colectivo da LNB o conflicto Canelao-Vexetariano aflorado definitivamente en Conxo niste ultimo Play Off Nacional ó un vexetariano inscribir o seu nome na história do desporto da billarda ó converterse en Coroceiro Nacional 2013-14



E se en Pol o arrecendo era a horta no recente Aberto Liriu-Billarda celebrado en Andés ( Navia ) en colaborracion cos irmáns da CNL o cheiro foi a cortello puro e duro xa que un Parrulo e un Coello foron os espectaculares premios para os campions do Aberto do Coriu e do post- aberto. Podes tele-transporte á espectacular pista de Andés co estalo producido polos activistas audiovisuais Eo-Naviegos da OTR...Billarda Sempre, Adiante premios aos que meterlle o dente!! 

sexta-feira, julho 18, 2014

MENOS SAMBA E MÁIS POLKA..ISTE SÁBADO RACHA AS CADEAS E ACODE A POL KULTURA ABERTA!!



















A LNB máis unha vez conquista unha nova terra fertel e faino despois da semana pasada irromper coa forza dun Parrulo desvocado nas terras do EoNavia co primeiro Aberto de Liriu-Billarda de Andés , será iste sábao cando a sepre multicor aferrúe o seu veleno billardeiro para abrir unha nova fronte de accion nas poderosas terras da terra chá . Da man dos irmáns de Polka ( Pol Kultura Aberta ) no marco do primeiro festival que iste sábado 19 tinxirá de cor e loita o espectacular campo da festa polas 17 h. . é decir recen rematada  sesion vermuth , celebrarase o gran Aberto de Billarda destinado a arrincar os chantos e invadir as leiras para sempre no concello de POL.


















Antes foron concellos con denominacion mínima de tres letras coma Mos, Foz ....pero ó igual ca Pol con paixón máxima donde a revolucion LNB asentou a súa proposta ,  máis vendo o espectacular colectico de activistas que forman o núcleo duro de Polka , é seguro que en POL a billarda vai entrar pola porta e saltar polo fiestra ... Son os Pogues celebrando o 30 aniversario? , non son os Polka preparando a festival e o Aberto de Billarda!!

terça-feira, julho 15, 2014

APOIA Á LNB....CRIA XABARÍNS , PARRULOS OU COELLOS!!


















Un estalo que iste do chimpo salvaxe do XabaParrulo Baltar-Andes que sobre todas as cousas quere homenaxear ós criadores dises trofeso polos que todos os palanadores e palanadoras deixamos a pelexo nas pistas de xogo .  Na LNB cando un sae pola porta o conxelador soña cun hospede de luxo e todo iso grazas a activistas coma Hevia de Piarnu que xunto con el troixo un espectacular coello de california que se xogou no post-aberto do Coríu  de Andés ( Navia ) , un espectacular exemplar de parrulo mudo criado con mimo e paixón por Arsenio no seu galiñeiro do EoNaviego.


















Arrincaba a accion no máxico e espectacular marco da praia fluvial de Baltar donde se celebraba a nevena edicon do festival da Chaira e a 5ª edicon do Aberto do Xabarin

















Unha edicion na que a climatoloxía se aliou cos palanadores e palanadores para afrecernos unha tarde de sol e quentura que contrastaba coa chuvia de anteriores edición , de seguro que Mario , o indomábel palanador de Castro Ribeiras de Lea utilizou a súa influencia froito do seu estudo dos cruceiro para esixirle ós deuses unha tarde tan perfecta como a que desfrutamos ise sábado na Pastoriza


















Un Aberto do do Xabarín que foi semente de vistoria para asentar a billarda na Chaira e que volta ser trampolin para estercar nun futuro próximo de lirius e billardasas terras da cuenca mineira asturiana , dende El Entregu chegou unha parella que perfectame instruida por activistas dos Cruzados e que crazas á arañeira da LNB xa están en contacto coa xente do CNL para moi pronto estourar cun Abiertu o seu primeiro barreno billardeiro en El Entregu!!


















E simultaneando as probas de son no esceario do festival da chaira Carliños e a súa dj da Conf. NorOeste mergullábanse no multitudinario Aberto mentras comentaba cos activista a pé de pista o exitazo billardeiroa no pasado Aberto da República Galega en Ordes no que o gran refente nacional do noso deporto e da nosa loita Xosé Collazo saíu vencedor por segunda vez consecutiva.



















Naturalmente os activistas da LNB non hai maneira de acabicornalos e segundo a segunda sucedíanse as xestions paralelas á loita polo xabarin no campo de xogo , se Carliños xa metinaba nas probas de son ise tema billardeiro para un posíbel novo República Billarda en fase embrionaria , Tonho Randeeira xa pisaba o acelerador para a posible contratacion do equipo de son de Sarria para unha nova edicon do festival LNB pero ista vez ao ar ceive.


















Caía a tarde e 4 conxeladores do pais pertencentes a cadanseu finalista do Aberto agardaban isa noite recibir boas novas , sería o de Marin , Ribadeo, Adina ou Castro Ribeiras de Lea


















E a sorte caeu do palanador aborixe de Marin , Luis Camiña , que no mesmo podium intercambiou os telefones con Rafa do Festival da Chaira para cando esteña listo recoller o xabarin co alimentar o seu conxelador.


















E tan só unhas horas despois e unhas cuantas dúcias de km. máis alo da Ponte dos Santos , agardaba polos esforzados da ruta e do palán o espectacular exemplar de Parrulo Mudo co punto de mira posto na pista de xogo na que se ís desputar o agardadísimo primeiro Abiertu do Coríu de Andés.


















A tension palpábase na ollada e nos golpexos dos activitas da LNB e do CNL chegados a Andés dispostos a loitar polo Parrulo mais tamén coas ansias compatidas de deixar no Varal e no Castru sementes de victoria para sentar un novo punto de referencia do universo Liriu.


















Tiñamos un parrulo mais a presenza do referencial Comandante do Liriu directamente chegado dende Piaru troixo consigo a gran sorpresa da sorpresa sobre a pista dun espectacular exemplar de coello californiano que vaixou xunto a el dende o seu criadeiro particular.


















Experimentouse en Andés un sistema mixto Liru-Billarda de competicion , o Coríu xogouse desputando en grupos tres carreiras ó Varal e depois tres carreiras ó castru...


















E o coello desputouse un todos contra todos a dúas carreiras saíase ó Varal e dende o final da pista voltábase ó punto de partida  tentando meter a billarda no castru.




















Unha xonrada histórica de irmandade LiruBillarda cun punto de encontro máis O Coríu de Andés que ten asegurado a súa continuidade . No Podium Geni recollendo coma gran campioa o Coríu de Andés do seu propio cuidado Arsenio e Luis Pirucha posando xunto de Hevia e acariñando o Coello de California que o acredita coma campion do post-Abiertu de Andés.



















Moitísimas grazas á asociacion de veciños de Andés que foi quen coordinou coa LNB e o CNL iste novo paso ó fronte que coma gran guinda final ofreceu unha pinchada no seu local social que servíu para afianzar e asentar aínda máis en Andés a firme semente do Liriu e da Billarda.

sexta-feira, julho 11, 2014

O XABA-PARRULO DE BALTAR E ANDÉS ....O GRAN RETO MENTAL , PSICOLÓXICO E VITAL PARA ISTA GRAN FIND. NA LNB!!






















Todo listo e disposta para iste sábado acariñar a de seguro explosiva décima edicion do festival da chaira , será iste o noveno asalto e como é norma dende fai xa unha presada de edicións a billarda estará presente na media tarde para conxugar ise pliuscuamplerfecto que se produce nas sempre sorprendentes probas de son . Apartires das 16:30 h, o xabarín e as billardas da LNB invadirán Baltar para arrincar coa 5º edicon dun Aberto que dende a primeira edicon deixou fonda pegada na gran serpe multicor.  






















Alguén dixo que o parrulo á laranxa non se pide por istes lares pois para contradecir isa maléfica afirmacion os activistas do CNL de Asturies e da LNB iste domingo despois do gran sucesso do Pitu Caleya vanse voltar a atopar  na pista de Andés en Navia para desputa iste domingo do I Abiertu do Coríu , a denominacion natural asturial para un espectacular exemplar de pato autóctono astur que vai levar o campión ou campioa do primeiro gran Aberto no Eo-Navia. A cita apartires das 16:30 h nun Aberto que terá un espectacular terceiro tempo con espicha a pé de pista organizado pola asocioan cultural dos veciños de San Pedro de Andés . Parrulos , Xabaríns , billarda , sidra , lirius e licor café,...a loita continúa!!   

terça-feira, julho 08, 2014

ANIMALARIO LNB... O XABARÍN DE BALTAR E O CURIU DE NAVIA!!






















Coa chegada dos primeiros quentes do verán arriva tamén en nós ise poderosa chamada con cheirume a cebrío, iste find. é a perfecta para que respondas a isa mensaxe que fai uns intres espetou no teu mobil anunciándoche que iste sábado no festival da Chaira en Baltar ( A Pastoriza ) se celebrará a iso das 17 H. unha nova edicion do mítico Aberto do Xabarin..



















E o domingo ó outro lado da Ponte dos Santos na pista de San Pedro de Andés en Navia , celebrarae a primeira no EoNavia froito da colaboracion do CNL e a LNB coa posta en marcha do explosivo primeira edicion do Abiertu Curiu Caleya , cun parrulo autoctono astur en xogo machetadores e palanadores sairán á pista dispostos a mollarse pola recuperacion do deporte do liriu tamén no extremo acciodental do continente asturiano...Liriu, Billarda e Sidra Sempre!!

sexta-feira, julho 04, 2014

ANTI-FANS DE EX-TENSION AGRARIA DESAFÍAN A ALERTA SANITARIA EN LUGO E A TRIBO CACHIZA APUNTALA O VARAL EN BUEU!!














Arrinca o mes de xullo e faino cun Abertinho no espectacular emprazamento da Praza do Campo Castelo de Lugo como lanzadeira billardeira da gran serpe multicor da LNB. Alí iste venres apartires das 22 h. quentarán as bonecas e as gorxas os centos de Anti-Fans de Ex-Tension Agraria antes de mergullarse no inferno indíxena no que apartires das 23 h. se convertirá a Sala Monkey donde os de Bretonha acompañados dos Malas Herbas desafiarán unha cidade das murallas asulagada pola podredume da corrupcion política e a inmundicia en bolsas do lixo escorregando polas rúas ...

















E ó día seguinte no extremo oposto e luminoso do país , apartires das 17 h en Bueu no campo das Estacada novo enganchada da gran xeira de verán diste noso inmenso mar de varados...Apaga o teléfone , acende a Billarda!!

quarta-feira, julho 02, 2014

ENTRE ABERTO E ABERTO...






















Como se puido comprobar iste pasado find. en Piarnu , Columbrianos, Marin ou na Pontraga ....a vida é simplemente iso que pasa entre Aberto e Aberto. Vaite preparando porque moi pronto chega o seguinte!!