O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, julho 11, 2014

O XABA-PARRULO DE BALTAR E ANDÉS ....O GRAN RETO MENTAL , PSICOLÓXICO E VITAL PARA ISTA GRAN FIND. NA LNB!!






















Todo listo e disposta para iste sábado acariñar a de seguro explosiva décima edicion do festival da chaira , será iste o noveno asalto e como é norma dende fai xa unha presada de edicións a billarda estará presente na media tarde para conxugar ise pliuscuamplerfecto que se produce nas sempre sorprendentes probas de son . Apartires das 16:30 h, o xabarín e as billardas da LNB invadirán Baltar para arrincar coa 5º edicon dun Aberto que dende a primeira edicon deixou fonda pegada na gran serpe multicor.  






















Alguén dixo que o parrulo á laranxa non se pide por istes lares pois para contradecir isa maléfica afirmacion os activistas do CNL de Asturies e da LNB iste domingo despois do gran sucesso do Pitu Caleya vanse voltar a atopar  na pista de Andés en Navia para desputa iste domingo do I Abiertu do Coríu , a denominacion natural asturial para un espectacular exemplar de pato autóctono astur que vai levar o campión ou campioa do primeiro gran Aberto no Eo-Navia. A cita apartires das 16:30 h nun Aberto que terá un espectacular terceiro tempo con espicha a pé de pista organizado pola asocioan cultural dos veciños de San Pedro de Andés . Parrulos , Xabaríns , billarda , sidra , lirius e licor café,...a loita continúa!!