ANTI-FANS DE EX-TENSION AGRARIA DESAFÍAN A ALERTA SANITARIA EN LUGO E A TRIBO CACHIZA APUNTALA O VARAL EN BUEU!!
Arrinca o mes de xullo e faino cun Abertinho no espectacular emprazamento da Praza do Campo Castelo de Lugo como lanzadeira billardeira da gran serpe multicor da LNB. Alí iste venres apartires das 22 h. quentarán as bonecas e as gorxas os centos de Anti-Fans de Ex-Tension Agraria antes de mergullarse no inferno indíxena no que apartires das 23 h. se convertirá a Sala Monkey donde os de Bretonha acompañados dos Malas Herbas desafiarán unha cidade das murallas asulagada pola podredume da corrupcion política e a inmundicia en bolsas do lixo escorregando polas rúas ...
E ó día seguinte no extremo oposto e luminoso do país , apartires das 17 h en Bueu no campo das Estacada novo enganchada da gran xeira de verán diste noso inmenso mar de varados...Apaga o teléfone , acende a Billarda!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home