O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, julho 23, 2014

A QUE SABE E ULE UNHA VICTORIA NUN ABERTO DA LNB??















A espectacular imaxe coa que Ismael de Outeiro actualizou o seu estado no facebook despois de arrasar no explosivo Aberto do Pol Kultura Aberta deixa un profundo arrecendo nos nosos ollos a tomates , pementos e exquisita mel autóctona e ecolóxica. Mis reflicto no subconsciente colectivo da LNB o conflicto Canelao-Vexetariano aflorado definitivamente en Conxo niste ultimo Play Off Nacional ó un vexetariano inscribir o seu nome na história do desporto da billarda ó converterse en Coroceiro Nacional 2013-14



E se en Pol o arrecendo era a horta no recente Aberto Liriu-Billarda celebrado en Andés ( Navia ) en colaborracion cos irmáns da CNL o cheiro foi a cortello puro e duro xa que un Parrulo e un Coello foron os espectaculares premios para os campions do Aberto do Coriu e do post- aberto. Podes tele-transporte á espectacular pista de Andés co estalo producido polos activistas audiovisuais Eo-Naviegos da OTR...Billarda Sempre, Adiante premios aos que meterlle o dente!!