O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, julho 15, 2014

APOIA Á LNB....CRIA XABARÍNS , PARRULOS OU COELLOS!!


















Un estalo que iste do chimpo salvaxe do XabaParrulo Baltar-Andes que sobre todas as cousas quere homenaxear ós criadores dises trofeso polos que todos os palanadores e palanadoras deixamos a pelexo nas pistas de xogo .  Na LNB cando un sae pola porta o conxelador soña cun hospede de luxo e todo iso grazas a activistas coma Hevia de Piarnu que xunto con el troixo un espectacular coello de california que se xogou no post-aberto do Coríu  de Andés ( Navia ) , un espectacular exemplar de parrulo mudo criado con mimo e paixón por Arsenio no seu galiñeiro do EoNaviego.


















Arrincaba a accion no máxico e espectacular marco da praia fluvial de Baltar donde se celebraba a nevena edicon do festival da Chaira e a 5ª edicon do Aberto do Xabarin

















Unha edicion na que a climatoloxía se aliou cos palanadores e palanadores para afrecernos unha tarde de sol e quentura que contrastaba coa chuvia de anteriores edición , de seguro que Mario , o indomábel palanador de Castro Ribeiras de Lea utilizou a súa influencia froito do seu estudo dos cruceiro para esixirle ós deuses unha tarde tan perfecta como a que desfrutamos ise sábado na Pastoriza


















Un Aberto do do Xabarín que foi semente de vistoria para asentar a billarda na Chaira e que volta ser trampolin para estercar nun futuro próximo de lirius e billardasas terras da cuenca mineira asturiana , dende El Entregu chegou unha parella que perfectame instruida por activistas dos Cruzados e que crazas á arañeira da LNB xa están en contacto coa xente do CNL para moi pronto estourar cun Abiertu o seu primeiro barreno billardeiro en El Entregu!!


















E simultaneando as probas de son no esceario do festival da chaira Carliños e a súa dj da Conf. NorOeste mergullábanse no multitudinario Aberto mentras comentaba cos activista a pé de pista o exitazo billardeiroa no pasado Aberto da República Galega en Ordes no que o gran refente nacional do noso deporto e da nosa loita Xosé Collazo saíu vencedor por segunda vez consecutiva.



















Naturalmente os activistas da LNB non hai maneira de acabicornalos e segundo a segunda sucedíanse as xestions paralelas á loita polo xabarin no campo de xogo , se Carliños xa metinaba nas probas de son ise tema billardeiro para un posíbel novo República Billarda en fase embrionaria , Tonho Randeeira xa pisaba o acelerador para a posible contratacion do equipo de son de Sarria para unha nova edicon do festival LNB pero ista vez ao ar ceive.


















Caía a tarde e 4 conxeladores do pais pertencentes a cadanseu finalista do Aberto agardaban isa noite recibir boas novas , sería o de Marin , Ribadeo, Adina ou Castro Ribeiras de Lea


















E a sorte caeu do palanador aborixe de Marin , Luis Camiña , que no mesmo podium intercambiou os telefones con Rafa do Festival da Chaira para cando esteña listo recoller o xabarin co alimentar o seu conxelador.


















E tan só unhas horas despois e unhas cuantas dúcias de km. máis alo da Ponte dos Santos , agardaba polos esforzados da ruta e do palán o espectacular exemplar de Parrulo Mudo co punto de mira posto na pista de xogo na que se ís desputar o agardadísimo primeiro Abiertu do Coríu de Andés.


















A tension palpábase na ollada e nos golpexos dos activitas da LNB e do CNL chegados a Andés dispostos a loitar polo Parrulo mais tamén coas ansias compatidas de deixar no Varal e no Castru sementes de victoria para sentar un novo punto de referencia do universo Liriu.


















Tiñamos un parrulo mais a presenza do referencial Comandante do Liriu directamente chegado dende Piaru troixo consigo a gran sorpresa da sorpresa sobre a pista dun espectacular exemplar de coello californiano que vaixou xunto a el dende o seu criadeiro particular.


















Experimentouse en Andés un sistema mixto Liru-Billarda de competicion , o Coríu xogouse desputando en grupos tres carreiras ó Varal e depois tres carreiras ó castru...


















E o coello desputouse un todos contra todos a dúas carreiras saíase ó Varal e dende o final da pista voltábase ó punto de partida  tentando meter a billarda no castru.




















Unha xonrada histórica de irmandade LiruBillarda cun punto de encontro máis O Coríu de Andés que ten asegurado a súa continuidade . No Podium Geni recollendo coma gran campioa o Coríu de Andés do seu propio cuidado Arsenio e Luis Pirucha posando xunto de Hevia e acariñando o Coello de California que o acredita coma campion do post-Abiertu de Andés.



















Moitísimas grazas á asociacion de veciños de Andés que foi quen coordinou coa LNB e o CNL iste novo paso ó fronte que coma gran guinda final ofreceu unha pinchada no seu local social que servíu para afianzar e asentar aínda máis en Andés a firme semente do Liriu e da Billarda.