MENOS SAMBA E MÁIS POLKA..ISTE SÁBADO RACHA AS CADEAS E ACODE A POL KULTURA ABERTA!!
A LNB máis unha vez conquista unha nova terra fertel e faino despois da semana pasada irromper coa forza dun Parrulo desvocado nas terras do EoNavia co primeiro Aberto de Liriu-Billarda de Andés , será iste sábao cando a sepre multicor aferrúe o seu veleno billardeiro para abrir unha nova fronte de accion nas poderosas terras da terra chá . Da man dos irmáns de Polka ( Pol Kultura Aberta ) no marco do primeiro festival que iste sábado 19 tinxirá de cor e loita o espectacular campo da festa polas 17 h. . é decir recen rematada sesion vermuth , celebrarase o gran Aberto de Billarda destinado a arrincar os chantos e invadir as leiras para sempre no concello de POL.
Antes foron concellos con denominacion mínima de tres letras coma Mos, Foz ....pero ó igual ca Pol con paixón máxima donde a revolucion LNB asentou a súa proposta , máis vendo o espectacular colectico de activistas que forman o núcleo duro de Polka , é seguro que en POL a billarda vai entrar pola porta e saltar polo fiestra ... Son os Pogues celebrando o 30 aniversario? , non son os Polka preparando a festival e o Aberto de Billarda!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home