O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, março 31, 2012

SÁBADO 7 DE ABRIL...RACHA AS CADEAS E OS RAMOS E ÚNENTE Ó COMANDO BIERZO-FALACEIBE DA LNB!!



















Atrévete a falar galego e xogar a billarda no Bierzo...   hai xente desexando coller un palán na man para ter a oportunidade de unirse á serper multicor da LNB , unha tribo irmán que ademáis fala coma nós e sinte coman nós que cando istes días vendo xa preto a intre de voltar a sentir bruar as billarda as bágoas brotan dos seus ollos como mostra de emoción e raiba contida por tantos anos de asolagamento billardeiro na cova do esquecemento.  Os irmáns de TodoBierzo dirixidos polo subcomandante Jose Luis deron o paso ó fronte para artellar sen complexos a primeira gran acción billardeira en Viladepaus, unha vila que leva inscrita e selada coma as bestas o ferro quente no seu pelexo un nome que o di todo e que fala por si mesmo para que iste vindeiro sábado 7 de Abril as portas do inferno se abran para acoller o explosivo TodoBierzo Billarda Experience , unha acción histórica que quedará no subconsciente colectivo e que transpasará o ambito do meramente deportivo , ti podes estar alí e viver ise histórica xornada formando parte do explosivo Comando Bierzo-FalaCeibe da LNB , dende as 12 h . no campo de futbol de Viladepaus presentación e adrestramentos oficiais , concurso de varados e posterior charla sobre a experiencia da LNB na recuperación do noso deporte + apresentación do disco República Billarda , xantar de irmandade e posterior Aberto TodoBierzo ...Revírate xa e únete ó Comando Bierzo-FalaCeibe da LNB >> ovaral@hotmail.com / 619.570976

sexta-feira, março 30, 2012

O FURACÁN LNB FIXO TREMER AS MURALLAS!!

Na sintética pista da Piringalla de Lugo , Pepe do Cadaval pechoulle as portas da gloria a Cascarillas de Tropa Lixeira. Con ista impactante frase apreséntase o espectacular video-estalo resumo do gran Aberto da Cidade das Murallas donde pese a perder a final e serlle arrebatado un día despois polo reconto de puntos o título por equipas á franquicia de Meira nada impedíu unha celebración por todo o alto ós palanadores e palanadoras disa gran equipa,  cando Cascarillas voltou á casa varios días despois do inico da festa na piringalla a ecatombe foi terríbel , toda a nosa solidaridade con el por istes durísimos días de perplexidade.....Cascarillas Sempre, Adiante co Varal!!

TREZE-CATORZE E A TOSTADORA DE RUAN ...FAI TAMÉN VISÍBEL NO TEU PEITO O GRAN ESTOURIDO BILLARDEIRO!!

Non é a nosa loita unha batalla que se xunga nun marco horario de 24 h , nen moito menos , o noso é un compromiso vital amplitude descomunal e con mutitude de ramificacións e extensións....precisamente foi ista ultima dende a que se lanzou a fantástica idea de en futuros conflicos sociais  intervir máis contundentemente con accións sonoras e abertinhos nas rotandas dos polígonos industriais. E agora que chega a find e coa primavera xa enriba , viste unha das espectaculares camisetas-billardeiras de RuAn ou manda o teu deseño ó xa mítico concurso dos irmáns da asociación e franquicia LNB dos treze-catorze de Salceda  , para que no espectacular concerto diste sábado na Capitol en Compostela ou en calquera outro que se celebre no país de agora endiate poidas tamén no teu peito visualizar o conflicto billardeiro , porque un palanador e palanadora non o é só cando colle o palán na pista de xogo...billarda e bilardeir@s sempre!! 

quinta-feira, março 29, 2012

Hoxe 29 de Marzo único dia no que a serpe multicor billardeira non viaxará pola nosa xeografia, Contra os recortes sociais e laborais FOLGA XERAL !!!!  -  non quita utilizar os paláns e prepararse mentalmente para outros fins e outros retos coma o vindeiro e explosivo TodoBierzo Billarda Experience!!

terça-feira, março 27, 2012

"TRANSMUTA" DE XABIER CORDAL PROTAGONIZA EN LUGO UNHA NOVA EDICIÓN DO BILLARDA BOOK-EXPERIENCE!!



















" [lugo] -  hai cidades / tan secretas  / tan vencidas / que pasa un tren polo seu interior "  iste é un dos estalos poéticos que o poeta  Xabier Cordal acurrala no seu espectacular TRANSMUTA ,  a súa recentísima e aínda quente obra, curiosamente publicada por xerais ,  invadíu a pista da Piringalla da cidade das Murallas para ó carón e en firme alianza coas billardas da LNB  alzar o berro xordo nunha nova edición do sempre intenso e impredecíbel... Billarda Book-Experience!!    


















"..un señor que traballa en tertulia radiofónica dunha radio financiada pola Conferencia Episcopal aconsella flexibilidade no emprego , " flexibilidade" , di , "iso permitirá que se axilice o mercado de traballo " di , cobra 200 euros cada día por dicilo , é pola tarde vai sol en Madrid , vai sol en Compostela , vai sol en Monforte..." extraordinario extracto do TRANSMUTA que o autor de Billarda Sempre adica ós compañeiros da CUT-transporte, en folga . Dende logo co 29 M á porta , non podía estar o forno máis listo para bolos e incluso vendo a actitude do xornal Público cos seus traballadores a distinción entre medios episcopais ou non dilúese cando un mesmo deus , o dos cartos fai acto de presenza riba da mesa.



















Un poema nocturno ( Ansemar, 00:30 ) - Baixo o plástico negro do silo / os rulos de herba brilan / coma canóns / coma planetas . Impresionate a lectura a pé de pista do gran palanador de Troitas Bravas Xosé Regueiro , que lle servíu para recordar unha espectacular saida de estrada fai uns anos , cando as vacas de leite aínda non necesitaban 200 litros de auga para funcionar cada día , montados nun coche atraidos polo sempre poderosos reflexos nos rulos do silo .

















Como podedes imaxinar xerais ten nas librarías do país o libro ó voso dispor a un prezo pensamos desorvitado para a clase obreira , destinatario natural dista gran e intensa obra , membros da LNB arrincaron co libro debaixo do brazo para polo sobre a barra da Taberna do Pobo do Madia-Leva para que todos os palanadores e palanadoras que o desexaran mentras botaban un grolo leran un poema , o resultado final foi que a cervexa esgorouse e os poemas tamén ...queremos máis e querémolo agora , polo que animamos a que roubedes o libro e incluso se alguén o quere fotocopiado que se poña en contacto que llo pasaremos...

















TRANSMUTA arrinca con Ánxela ,  escultura brutal na que o poeta se enfronta á morte da nai , non somos os únicos impresionados , dende o Diario Cultural da RG tamén Cordal recibíu o unánime veredicto de estarmos ante un dos fitos da literatua galega do século 21 , o é iste poema e o é o libro enteiro que se pecha con "Amañece desde a ventá " o pánico do cotián e o combate , sempre presentes e en menos mediada a claustrofia e o hermetismo de obras coma Afásia , que Ismael , o gran palanador do Spartak de Muimenta , garda coma ouro en pano aínda que coma lle aconteceu a moitos outros arriscados leitores, sen conseguir entender nada. A vella peneirou a noite e de paso afiou a billarda, Transmuta Sempre , Adiante co Varal!!

TROPA-LIXEIRA REPONSE DO BRUTAL MAZAZO DO RECONTO DE PUNTOS DISPOSTOS A DEMOSTRAR QUE A BILLARDA-FRAUTA NON SOOU EN LUGO POR CASUALIDADE!!


















Durísimo mazazo para a gran franquicia meirega Tropa Lixeira , que dun xeito absolutamente desconcertante sufríu no seu pelexo a inexperada intoxicasión dos procesos electorais en territorios irmáns como son  Asturies e Al Andalus . Despois de saír co palán de gobeno por maioría absoluta da pista da Piringalla e celebrar por todo o alto e intensidade ate altas horas da madrugada o espectacular triunfo por equipas , o reconto e a chegada do voto emigrante catapultou ós Billardeiros Musicais por un só punto-voto por riba de Tropa coma campións  dun espectacular Aberto que converteu nun inferno a resaca d@s Meiregos que pese a todo , xa se preparan máis coincienciados ca nunca para o vindeiro estalo puntuábel na Norleste en Celeiro de Mariñaos demostrar  que a  Billarda-Frauta dos Tropa-Lixiera non soou por casualidade sen moito menos niste referencial Aberto da Cidade das Murallas...

ADIANTE!!!



Ise é  a verba que coa mesma forza que os Ruxe Ruxe nos sáe dos beizos para aforntar eles a inimnente presenración do seu novo disco na Capitol de Compostela iste vindeiro 31 de Marzo diante de seguro centos de palanadores e palanadoras e Adiante todo o resto da tribo billardeira que ve de xeito irrefrutábel cada vez máis poboada as súas pistas, donde incluso a cervexa se esgota como aconteceu na Taberna no Povo dos Madia-Leva , máxicas cervexas e brevaxes que impulsan a conversa e fan que surxan e se entrelacen centos de impulsos e iniciativas que como a nova acción de Semente Billardardeira nun centro de ensino da Pastoriza que terá lugar o vindeiro 4 de abril para que dúcias de nenos e nenas coñezan de preto o seu deporte nacional do que nen os libros de textos nen os mestres nas súas  aulas lles falan....billarda sempre , adiante co varal!! 

segunda-feira, março 26, 2012

DIOIVO >> O ABERTO DOS CRISTAIS ROTOS!!!


















" Non haberá pavillóns? Aquí o único que vades facer é romper cristais" , así comeza o espectacular crónico do Aberto de Lugo aparecido no Dioivo , un medio irmán que aposta firmemente pola incesante chuvia de estornelas  para xerar un vendaval capaz de levar ó seu paso cristais e lousas do esquecemento...Dioivo Sempre , adiante co varal!!

ZËNZAR ARMOUNA NA PRIMEIRA GRAN ACCIÓN DO VISIONADO POPULAR DA LNB!!


















Fin de semana tensa e intensa que se iniciaba o venres entre o lusco e fusco no Bar Nevada de Ribadeo , arrincaba a primeira acción de Visionado Popular que tiña ó DvD de Zënzar ao vivo  coma protagonista absoluto para unha noite máxica máis no incensante e embravecido universo billardeiro.


















Comezaba a sesión cunha fantástica selección de videos-estalos de Tele-Varal realizada polo equipo de Asterix-Visión que deixou atónitos e impresionados á numerosa clientela do Bar Nevada que agradeceu ista iniciativa chantando os ollos na pantalla o que confirmou o que previamos , que a conquista por parte da LNB de novos espazos coma bares e tascas pode ser unha realidade mediante a imaxinación e a utilización de medios alternativos como o audiovisual para chantar as nosas billardas no subconsciente colectivo .


















Implicación absoluta por parte da mítica banda de Cerceda que mentras ultima a saída do seu novo disco " vaise armar" e a súa presentación oficial o 5 de maio no Mesón do Bento de Ordes , aínda tivo tempo para no medio da boráxine e do mesmo puño e letra do seu cantante Bocixa, remitir unha nota de apoio á tribo que o venres acudíu ó Nevada a reviver o histórico concerto do 2009>> ".....Esperamos que disfrutedes nesta reunión de amigas, rokeiras e billardeiras e que moi pronto poidamos compartir con vos unha festa coa música ao vivo nun palco en calquera recuncho do PAÍS, ou en calquera pista zoupandolle ás estornelas!!!
Para nos é un agasallo enorme saber que en Ribadeo hai un grupo de repunantes e persoas "raras" que gustan de músicas sen máis pretensión que a de desafogar, divertir, relaxar e comunicar o noso pensamento, que sabemos que é tamén o voso. Unha forte aperta a todas e todos, e forza coa LNB!!!!!!! ZËNZAR"

















Comezaba o espectáculo...Zënzar saltaba ó esceario e as roldas de cervexas e viño comezaban invadir os corpos da tribo que incesante comezaba a súa particular danza da chuvia mentras o máxico liquido e son se misturaba caneando ruainas para a un tipo normal coma o palanador Italo-galego Franco conectalo coa súa terra mae cando os de Cerceda interpretaron o seu mítico tema O Padriño.


















Cando o gran palandor Cochikeiro Gende-Beat irrompeu no esceario , foi imposíbel non recordar a súa fantástica e aínda quente , coma as tapas de mini-san xacobes co que as responsábeis do Bar Nevada obsequiaron á tribo, actuación no pasado All Stars de Cerceda e reflexionar sobre as posibilidade brutais do Visionado Popular xa que abre infinidade de posibilidades para utilizar a fantástica infraestructura audiovisual que existe nos miles de bares e tascas para visionar o futbol e pola ó servicio do deporte da billarda, da música e cultura do país creando así de xeito natural, un ambito ceibe e totalmente alleo á podredume dos parámentros institucionais.



















E ó día seguinte no Aberto de Lugo , o DvD de Zénzar ao Vivo,  xa se puido adquirir no Top-Mantelo da LNB a pé de pista xunto co disco dóbel República Billarda e varias xoias máis do rock galego , Ismael do Spartak de Muimenta foi un dos valentes que deu o paso ó fronte para facerse con iste xa mítico video-estalo e non só iso , senón que sobre a herba sintética da Piringalla Ismael xunto con outros dous palanadores fixo o primeiro ensaio con fogo real do próximo e explosivo "Muimenta 3X3 BILLARDARDA"  ....vaise armar!!

domingo, março 25, 2012

COENTRAO ESTOURA... NUNHA MAN O XARUTO E NOUTRA O PALÁN!!!!
















Os asubíos no Bernabeu e a criminalización que o futbolista luso do real madrid está a ser sumetido pola caverna mediática evidencia ás claras que Coentrao , equivocuse non de clube , que tamén senón que a súa eiva foi moito máis grave, equivocouse de desporto. Fai uns días a súa foto aspirando un xaruto deu a volta ó mundo e indignou a toda a afección merengue , mais demostrou a moitos dos que gostamos dunha visión atravesada do desporto rei , que detrás de tanta infamia , pantalla e podredume no futbol hai tamán seres humanos con devilidades e vicios parellos e comúns ós palanadores e palanadoras da LNB.


















Foi en Lugo , iste sábado durante a desputa do xa mítico Aberto puntuábel da Cidade das Murallas , donde se evidención mediante a espectacular Taverna do Povo instalada polos irmáns Madia Leva a pé de pista no campo de herba artificial da Piringalla , que Coentrao estaría máis que satisfeito de dar o paso e trocar a camiseta da equipa de florentino por calquera das franquicias LNB donde o seu idioma e a súa cervexa , o galego e a Superbock , son cooficiais co fume dos xarutaos que cada palanador e palanadora inxire no propio campo de xogo , se así o desexa,  libremente antes , durante ou despois de cada carreira . Un exemplo de desportividade e vitalidade extrema donde cada escorzo na pista de Lugo veu acompañado da singular sinfonía da espectacular billarda-frauta , un instrumento artellado polos impredecíbeis inxeñeiros de Tropa-Lixeira , maxistrais campións por equipas nista Aberto , que valeu para que en solidaridade co grupo soriano Ardor de Estómago arrincar cunha fantástica interpretación coral o seu famosísimo e imprescindíbel tema "una historia real " .


















Moi atentos ó espectacular crónico no Dioivo sobre a xornada que deixou un pódium inédito en Lugo no que irrompeu a impactante figura da xa mítico fragasaurus-rex , con Pepe do Cadaval  de Castro no máis alto vestindo unha espectacular Monteira-Especial en homenaxe ós 10 anos na rúa do xornal Novas da Galiza , despois de dobregar nunha espectacular final ó grande Cascarillas de Tropa Lixeira. Daniel dos Billardeiros Musicais , estivo en Lugo mais foi ó día seguinte o domingo ó medio día na pista de Castro-laxe en Culleredo no Aberto puntuábel para a Conf. Noroeste donde se desquitou ista xornada facéndose cun fantástico triunfo seguido do campión de Varados do pasado All Stars Balea dos Batea . Alerta vermella , collede gafas de soldar para os vindeiros días achegarvos ás pantallas, Billarda Book-Experience e un feixado de accións máis achegaranse para alebrestar aínda máis a un axercito regular que debece por entrar en combate...billarda sempre , adiante co bruar!! 

sexta-feira, março 23, 2012

LUGO E CULLEREDO...O ESTARABOUZO DAS LOUSAS NO TEITO!!

















Se coma os cans o sábado pola tarde che dan torzóns no estómago ,moito ollo a pacer no campo de herba artificial da Piringalla donde apartires das 16 h. se desputará unha nova enganchada puntuábel para a Confencia Norleste , unha conferencia con actividade a eito que iste venres estará quentando motorores berrando e danzando no incomparábel marco do Bar Nevada de Ribadeo donde viño, rock , touciño , billarda e tortillas se misturarán na gran noite máxica do Visonado Popular do DvD de Zënzar ó vivo.  E ademáis a pista da Piringalla acollerá un novo estalo do Billarda Book-Experience co libro "TRANSMUTA" do irmán Xabier Cordal coma protagonista.

















De histórica podemos considerar o espectacular estalo producido ontes no Planeta Furancho , donde Lucía a palanadora dos Remouelle Bulls, apresentou con Vituco o Visionado Popular xunto coa axenda de find donde ademàis de Lugo saltou á palestra a nova enganchada na mítica Conferencia NorOeste que se celebrará o domingo ás 11:45 na pista de Castro-Laxe en Vilaboa - Culleredo - . Aquí podedes descargar a primeira intervención dunha palanadora dirixíndose ó país enteiro coma portavoz da revolución LNB , un feito imparábel o do paso das palanadoras á primeira liña de lume que cada vez colle máis forza e impuldo . E como inico de festa no Bar Nevada , a leitura das verbas de Bocixa , dirixíndose á xente alí reunida para ver o directo de Zënzar comunicarán as pista da Norleste coa da NorOeste donde os Cochikeiros estarán competindo a primeira hora da manña do domingo , supoñemos que moitos deles sen nen sequera deitarse....Mecago na Billarda de Cristo!!

quinta-feira, março 22, 2012

A LNB ORGANIZA O EXPLOSIVO VISIONADO POPULAR DO DIRECTO DE ZËNZAR NO BAR NEVADA DE RIBADEO!!


















Todo xa listo e preparado no Bar Nevada de Ribadeo para acoller a explosiva apresentación do DVD de Zënzar ao vivo , iste venres apartires das 20 h .e cun previo para quentar motores dunha selección de video-estalos de Tele-Varal a LNB dá un novo e firme paso ó fronte para apoiar e difundir os grupos da poderosa República Billarda . Ë normal que a xente se xunte diante do televexo para visualizar un partido de futbol , tomar unhas cervexas e desfrutar do intre en común cos amigos, e porque non facer o mesmo pero cun concerto dun grupo galego?  pois iso é que se vai por en práctica nista de seguro màxica noite no Bar Nevada de Ribadeo, só que na vez do ópio do povo , será a música dos míticos Zënzar e o viño e cervexa do pais a que altere gravemente tódolos nosos sentidos . Dende o Planeta Furancho da RGM xa se amosou todo o apoio a ista brutal acción billardeira que ten ós propios Zënzar completamente entusiasmados coa iniciativa que de seguro se espallará por moitos màis recunchos liberados do país , e atención porque o propio cantante de Zenzar , Bocixa , remitíu unha emocionda  nota de apoio que se lerá antes de iniciar o visionado popular do concerto. Tamén estará instalado alí o Top Mantelo donde poderás adquirir o DVD , o República Billarda e un feixe màis músicas que non atoparás nunca ningunha área comercial.....

MAGHUA , O VENRES NO MILLO CORVO DE BUEU!!















E non só Zenzar estará presente no bulideiro fronte billardeiro-musical  dista find, simultanea á acción do Visionado Popular no Bar Nevada de Ribadeo , iste venres en Bueu e durante as tres xonadas de espectacular festas degustación do Millo Corvo ( ise fantástico millo mouro orixinario das terras do sul galaico ) estarán armando gherra os pandereteiros de Maghua , un contexto o do Millo Corvo de absoluta referencia para toda a tribo LNB xa que ademàis das centos de receitas que se fan entono a el tamén identifica o explisovo concurse de microrrelatos billardeiros do Play Off Nacional que xa ultima , en colaboración cos irmáns do Latri.ca , xa ultima os parámentros da edición 2012 na que moi pronto poderás enfariñarte...Vaise armar, Milo Corvo Sempre!!

quarta-feira, março 21, 2012

ABERTINHO DA MADEIRA XUSTA , O PREVIO DE LUXO PARA O EXPLOSIVO ABERTO DA CIDADE DE LUGO!!

















Lugo prepara a madeira para iste vindeiro sábado celebrar unha nova edición do xa mítico Aberto da Cidade de Lugo coordiando polos irmans de Madia Leva . Mais o previo para o grande ArdeLucus Billardeiro xa arrinca hoxe mércores na praza maior da cidade das Murallas donde membros da equipa lugues máis palanadores e palanadoras de Tropa Lixeira de Meira estarán particiapando da acción levada a diante polos compañeiros da Cova da Terra donde ó carón dos obradoiros e xogos populares a billarda estará p`resente coa celebración dun Abertinho a prol da madeira xusta.....a loita do home contra o home e do home contra a madeira!!

NOVAS DA GALIZA , FESTA NO AVANTE E NO PAÍS ENTEIRO POLOS 10 ANOS DE RESISTENCIA E XORNALISMO POPULAR!!

















Calquera que se achegue ó perfil en facebook do Novas da Galiza , atopará ista espectacular foto de palanadores e palanadoras da LNB lendo o xornal a pé de pista nun Aberto da LNB coma portada de páxina. Un luxazo inmenso para toda a tribo billardeira e para todo o páis ter un referente coma o Novas bourando nas nosas mans que istes días delebra o décimo aniversario , una carreira de fondo na que a implicación da LNB para chegar ate aquí e para tirar outro millón de anos está máis que asegurada e selada a ferro quente.





















A festa terá lugar iste mércores no Avante de Compostela con música e boureo á esgalla , un xornal e unha taska no que a presenza de palanadores e palanadoras está máis que asegurada , no resto do país moitos brindaremos cunha cunca de viño para celebrar tamén a victoria inmensa que supón cada mes saír á rúa para agasallarnos co voso ar fresco no medio do irrespirábel vendabal de signos murchos...avante o Novas , avante o jornalismo popular e a festa!!

terça-feira, março 20, 2012

BAR NEVADA CINEMA CLUBE ACOLLERÁ A PRIMEIRA SESIÓN DO BILHARDA BLACK EXPLOITATION!!


















A irrupción billardeira en Cerceda para a celebración do All Stars 2012 , non foi un simple Aberto ou encontro máis , o brutal previo protagonizado pola espectacular curta dos irmáns de Lucerna no que Gende senior , nos lanzaba o desafío verbal a modo de regueifa billardeira " se queres xogar ben á billarda hai que facelo en tódolos campos" . É por elo que cargados coa razón e a sabiduría de Gende e de Luis Filloas coa que nos agasallaron en Cerceda a LNB prepara os foguetes para os próximos asaltos dista find na Coruña e en Lugo mais haberá un explosivo antes , será o venres en Ribadeo protagonizado por Zenzär no Bar Nevada Cinema Clube da LNB....Mecago na Billarda de Cristo!!

segunda-feira, março 19, 2012

BILLARDA , PARA QUÉ PRESIDENTE E DE QUE PAÍS??

Nun contexto coma o actual a billarda non recua e olla fronte a fronte ós grandes retos de futuro que pasan irremediábelente pola conquista de espazos , unha gaiola con herba áinda que ista sexa articifial non é en absoluto nada estrano para os palanadores e palanadoras da LNB. Iste pasado domingo en Salvados F.Gonzláze admitía que a súa afección polos bonsais , ó igual que a de Aznar polo deporte do pádel fora o que desatara a popularidade distas dúas activades ate aquela case descoñecidas. Pese a todo iste arsenal mediático a LNB , como demostrou no xa mítico estalo televisivo sobre o xeito de vida da Tribo de Remourelle no que o gran palanador dos Remourelle Bulls Suso Villarino , amosaba ó mundo as desacougantes referencias de lideres políticos que aparecen gravadas nas billardas de algúns palanadores, un xesto que amosa ás claras que quizais a explosición total do desporto da billarda vivía parella a que algún lider político internacional abrazara o noso deporte coma o seu xeito , non de deseconectar ,senón de conectar realmente co sufrimeto e coa voz do povo...


















Polo momento menos mal que nengún político nen mandatario galego se definíu coma practicante nen amante da billarda , un luxado inmenso para o noso deporte nacional dado a mediocridade e lamentábel dise disfuncional colectivo , desfrutamos sen embargo de xornadas coma a celebrada iste pasado domingo en Reinante ( Barreiros ) compartindo espazo coa xente do deporte base que si olla con respeto e en igualdade de condicións ós deportistas da billarda , fantásticas e para enmarcar as verbas do histórico palanador David Díaz fundador da primera franquicia LNB "Os Petapouco " que hoxe trocou o palán por outros instrumentos pero segue fiel á filosofía nos xeitos e nas formas ó afirmar " agradezo enormemente a presenza dun deporte xa consolidado totalmente na Galiza como é a billarda para apoiar a un deporte emerxente na mariña como é o pádel "

O domingo ademáis tamén arrincaba a competición no universo Liriu cun Aberto en Xixón marcado polo poderío das machetadoras . Pepa La Jevi deslumbrou e confirmou a gran pegada feminina a nivel intenacional, foi David tamén un pilar fundamental no arrinque do furancán liriu en Asturies naqueles primeiros desembarcos da Auténtica no que tanto el coma Hugo se enfundaron a camiseta azul actitudes valentes e firmes para axudar a consturír dende Piarnu un gran horreo chamado CNL. Daniel dos B.M vencedor do Polbo das Rías altas en Reinante , Luis Bateas en Pontevedra,  Xan Rodiño en Poio e Iván dos Furabolos en Tordoia foron os nomes propios dunha nova find a fume de carozo que se puido seguir en tempo real polo noso activo e burbulleante facebook oficial....que chova, billarda sempre, adiante co Varal!!

sábado, março 17, 2012

XAVIER , O ACTIVISTA DE CASUS BELIT COLLE O PALÁN EN PONTEVEDRA PARA FORTALECER AÍNDA MÁIS A TEMÍBEL ALIANZA DA BELIT-BILHARDA CONNECTION!!

Pontevedra por moitos motivos é xa unha cidade mítica para todo o  explosivo entramado billardeiro , no eido musical foi a nosa punta de lanza e iste sábado coa celebración no Pazo da Cultura da cidade do Aberto puntuábel para a Conferencia Sur voltará a ser punta de lanza da imparábel eclosión internacionalista . Aproveitando a súa estancia en Ourense , Xavier Monerrís , o mítico activista dos referenciais Casus Bélit , estará compartindo espazo e emocións na pista da LNB para continuar a fortalecer os férreos lazos de unión entre revolucións que ollan xuntas cara un horizonte común chamado Txampions Ligue. Mentras afiaba as billardas Xavier responde a ista pequena mais intensísima entrevista que serve para aproximar aínda máis istes dous universos irmáns do Bélit e da Billarda que dende fai tempo xa decidirón cabalgar e golpexar xuntos...Juntes som més fortes!! 

-Ola Xavier , despois de que no pasado Aberto da Patria en Compostela tiveras o teu primeiro contacto coa Billarda coma militante do Casus-Bélit voltas a sentir a chamada da xungla e aproveiando a túa estancia en Ourense estarás coma un palanador máis iste sábado no pavillón de Pontevedra desputando iste gran torneo da Conferencia Sur, tes as billarda e o palán xa preparado?

- Por suposto, eu tenho, fai moito tempo, ganhas de facer uso del, o tenho deste veran, que moi amablemente mo facilitou en Sak de blob fioas o de radio oceánica.  
















- Dende a Galiza seguimos intensamente a actualidade da revolución bélit, sabemos que as palas están en alto cara unha nova edición do Campionat del Món , Casus Bélit é un dos favoritos para facerse co título que Los Primos defenderán con uñas e dentes, con que ánimo afronta Casus Bélit a competición?

-A pesar dos nosos problemas de unha plantilla estable, despois de ganhar o campionato universal de bèlit de Sants i rodalia, contra os mellores equipas de bèlit (Can Barraca)Con todo, temos os nosos pés no channon somos favoritos. Ai moitos partidos na liga e ten moitos rivais moi difícilesO noso obxectivo éalcanzar a fase eliminatoriaSe logramos superalo e participar na fase final dos favoritos do torneo, xuntocon (Can BarracaLos Primos, Taronges ...) podemos dicir que a nosa participación superou as nosasexpectativas e foi un éxito. 


 

- A irrupción de Casus Bélit dinamizou totalmente o universo belit nos Paisos Catalans , cunha actitude moi similar á da LNB e con moitos xogadores e xogadoras galegas , Casus , é sen dubida xa un referente absoluto a nivel internacional , como ves ista evolución?

- Dende Casus Bèlito noso papel está a alastrar o bèlit en Barcelona e arredores, xa que en Girona durante anos que habían se recuperado. En menos dun ano, lanzamos o xogo na nosa rexión e nós viñemos aquírivais (Panarra, Bèlit Nord Porca BelitaireCaneshnikov ...)Cremos que a nosa avaliación, polo tanto,como as persoas que de Gironafoi positiva. Girona recuperouse eo xogo e deu unha estrutura competitiva.Nós engadimos un punto do espectáculosumidoiros entre barrios, derbiesdeclaracións e hooligansmesmo cruceNoso (Casus Parabellum) son temidos por todas partes.














- aproveitando a túa presenza en Pontevedra poderemos intercambiar pareceres e experiencias , cal é a vision a grandes rasgos que se ten no universo bélit da revolución billardeira que se está a dar na Galiza?

- Nós seguimos moi de preto o desenvolvemento da LNBTemos unha envexa sana da dimensión nacional, que adquiriu participación en Galiza. Aínda temos que traballarxa que o bèlit aínda ten unha escala moilocal. Tamén mirar para o camiño iniciado con moita esperanza para persoas da bilharda de reuniónsinternacionais (como a Copa do Cantábrico ou comercio co Txirikila). Esperemos que desta forma,permitirá unha rica intercambio de experiencias e da futura Txampions Ligue.

-Xavier, moitas grazas e para rematar dirixirte a toda a tribo LNB antes que iste sábado saltes á pista de Pontevedra..

- Obrigado por a invitación. Bèlit i Bilharda sempre, endavant amb el Varal!


sexta-feira, março 16, 2012

PONTEVEDRA ,TORDOIA, REINANTE E POIO... EPICENTROS EXPANSIVOS DUNHA NOVA FIND A FUME DE CAROZO!!

Todo listo e preparado para iste sábado comece a brotar a poderosoa sementes billardeira plantada durante a presentación do República Billarda no marco do Culturgal a finais do ano pasado na cidade do Lerez. Pontevedra acollerá pois o primeiro Aberto puntuábel da Conferencia Sur e faceráo no marco da feira do libro infantil e xuvenil que ista find invadirá a cidade , apartires das 16 h. no Pazo da Cultura as indomábeis pinchas da Conf. Sur abrián lume na procura do Varal infindo. Mais non será o único suceso que teña intervención de palanadores e palanadoras xa que a Festa Furancheira de Salceda de Caselas fai que moitos teñan o corazón , a cunca e o palán "partío", impresionate festa a que que vai ter lugar durante toda a find na Picoña e porque non no medio do concurso de espallos un Abertinho de Bilharda para espantar aínda máis lonxe ós corvos e pegas inimigos da cultura e deporte do país. Da man do Pollito Manu que anuncia cun espectacular cartaz o Aberto de Pontevedra  collemnos e trocamos a vase do licor café do sábado por unha pinta de cervexa como van facer os irmáns asturianos do Conceyu Nacional de Liriu , que elixen o día de San Patrick para arrincar andaina regular no 2012 cun Abiertu en Xixón que terá os condimentos do Concurso de Encastraus e de tiros a distancia,. E atención porque ate o Pazo da Cultura de Pontevedra chegará tamén un Komando bélit con Xavier á fronte que aproveitando a súa estancia en Ourense achegarase fortalecer os lazos de unión entre dúas imparábeis revolucións en marcha.

CONFERENCIA CENTRO>> 4º ABERTO DA XERRA!!


















Un sábado no que a tribo estornela se despraza de novo cara as terras de Tordoia para desputar apartires das 16 h. un novo aberto puntuábel na poderosa Conferencia Centro, alí estarán Sheila e o resto de palanadoras e palanadores que deslumbraron no pasado All Stars de Cerceda , e propiciado polo descanso dista find . na Conferencia NorOeste de seguro que no campo da Escola da Pontraga se atoparán activistas dista e doutras conferencias da LNB.


DOMINGO>> ABERTO DE APOIO Á SD. RIBADEO!!























E levados unha vez màis polo espíritu constructivo e solidario que en tódolos frontes identifica á LNB , iste domingo polo serán apartires das 16: 30 no Campo da Festa de San Miguel de Reinante en Barreiros , no mesmo espazo donde se celebra o mítico Aberto de Flores , palanadores e palanadoras míticos,  fixos , eventuais e casuais da LNB collerán os paláns e as billardas para desputar un Aberto en axuda dos cativos da SD Ribadeo , que en vista que o concello ten outras prioridades , deixa ós nenos e nenas da vila a ceo aberto polo que unha vez màis a LNB ten que ser un dos flotadores da xuventude alegre e combativa ribadense e do país enteiro. Inscripicón 2 euros para loitar por un espectacular Polbo das Rías Altas de màis de tres Kg. no marco dun marathon de Padel , a LNB con iste aberto desafía unha vez as leis da física, mesturando  touciño e velocidade por unha causa xusta...a da autoxestión deportiva e de pensamento de todas as Crianças Galegas!!


DOMINGO>> ABERTO DE POIO NA CONF. SALNÉS!!















E o domingo de novo no seu horario habitual de mañá retorna á acción a Conferencia Salnés e faino nun emprazamento de auténtico luxo en colaboración cos irmáns da Escola de Música tradicional de Poio . Con presentación oficial para medios no propio concello de Poio , a LNB colle impulso para apartires das 11 h. armar unha boa no Campo da  Seca chantando unha billarda no mesmísimo corazón diste poderoso  concello Pontevedrés. Billarda Sempre , adiante co Varal!!

quarta-feira, março 14, 2012

CONFERENCIA SUR...OS LIBROS ARDEN BEN!!
















A impredecíbel Conferencia Sur , anuNcia movimento para ista fin de semana , nunha man o Sempre en Galiza e noutra o palán ...a tribo pincha invadirá iste sábado 17 o Pavillón do Pazo e Cultura de Pontevedra para armar festa e porque non...aproveitar para facer lume para churrasco con algún dos libros que se exiban no XVIII Salón do Libro infantil e xuvenil , marco no que se desenrolará iste Aberto puntuábel na cidade do Lerez - Homes da miña terra, qué levades para vender? ovos de galiña choca para vos dar de beber... espectacular cartaz!!

TELE-VARAL >> PRETO DAS ESTRELAS!!


Ó gran Dioivo de Estorneleas e foguetes que invadiron o ceo de Cerceda durante a celebración do Billarda All Stars 2012 únese xa o espectacular video estalo creado por Asterix-Produccións, a dinámica productora asociada a Tele-Varal constrúe un espectacualr video-crónico no que mates e varados unha vez mài faran que referegues os ollos ante istes petiscos de atrevento de palanadores e palanadoras . E atención porque a LNB xa está en conversas con locais para o estreo de estalos audiovisuais coma iste que tendes diante , sitios de encontro alternativos para que as billardas invadan tamén a vida social e cultural das vilas , aldeas e cidades do País.

RADIO MÚSICA EN GALEGO DE NOVO NO AR ))

E coma as billas a música e a filosofía de acción dos irmáns de Radio Música en Galego que despois duns problemiñas xa teñen de novo a máquina de mallar a todo meter nun emprazamento polo que todos os web-blogs que o tiñan ou o queiran ter asociado a emisora oficial da LNB que metan as novas coordenadas para que o bruar dun país en loita poida atronar dente o teu espazo na rede, e atención porque en Redondela terra virxe billardeira , xa se está a mover ficha por parte dos responsábeis diste emisora para realizar o primeiro Aberto na Vila da Coca  ....Radio Música en Galego Sempre, Adiante co Varal!!

terça-feira, março 13, 2012

DIOIVO>> TOD@S VÓS SODES CAMPIÓNS!!



















David Fontán , o gran palanador dos Filloas de Sangue , realiza e dirixe o impactante DIOIVO BILLARDEIRO sobre o aínda fumeante Billarda All Stars de Cerceda  , parello ó análise dos feitos David realiza un maxistral análise histórico do xa mítico encontro , unha declaración de intencións clara e concisa que amosa ó mundo porqué dende fai un tempo para ista parte foguetes e estornelas amiazan con invadir o ceo todo. Con parada técnica nise maxistral mausoleo galaiko á corrupción política con epicentro absoluto na Gasolineira de Guitiriz , un comando LNB realiza unha espectacular coreografía -fotográfica para deixar constancia da súa condena do sistema capitalista e democrático que ampara e protexe todo iste tipo de prácticas....si Pepiño,  todos vós sodes campións!!

ABC , BEAT-BOX E ESTOURIDO DE FOGUETES NO CEO ABERTO DO ALL STARS!!

Bieito Rubido , o actual director do ABC , galego de nacemento e que en tempos fora directo de La Voz de Galicia , acaba de enviarnos o agradecemento inmenso por promocionar o seu xornal nun día tan intenso para isa redacción como foi o do pasado domingo e nun lugar tan importante e singular como é a gasolineira de Guitiriz , epicentro absoluto da actualidade galega e estatal pola acumulación de campións que alí se deron cita para intercambiar apretóns de mans e bolsas de plástico. Nun intre no que a LNB é un auténtico fervedoiro de activismo e intervención mediática exempliciado na volta do propio All Stars no que ó crónico da xornada no Galicia en Goles se sumou o estourido de Zenzar pertencente ó República Billarda no Radio Oceánica de Sak da RGM que exercen de previos de luxo ó espectacular especial Billarda All Stars que se publicará no Dioivo. Cada vez son màis os medios de entidade local e nacional que empurrados pola esixencia popular establecen espazos propios para iste noso desporto mais a LNB como demostramos nista viaxe ó campo de estrelas de Cerceda ten o seu ollo posto no ABC polo quaxilizaremos convencer a Bieito para que mais pronto que tarde déa a portada a ise monarca das marxes chamado "O rei do Cubata" que tan acolledoramente recibíu ós comandos LNB despois das mìticas intervencións no Luar da Galega. 


















De exemplar se pode calificar a organización do All Stars realizada polos irmáns de Lucerna que despois de facer saltar as alarmas cunha espectacular e xá mítica curta anunciando a chuvia de estornelas en Cerceda , unha xeira que continuou a pé de pista cunha espectacular sesión dj executada por Carlos-Gende dos Cochikeiros que amiaza con extender os seus tentáculos na explosiva primeira intervención  de beatbox billardeira para xunguirse ó impactante puzzle sonoro do República Billarda.


















Sen sangue non hai poder , cantaban fai uns anos moi acertadamente os Túzaros de Compostela... e sen foguetes non hai festa que se prece no territorio galaiko , é por elo que a irrupción da pirotecnia billardeira xestionada por Verdillo niste All Stars recolle a semente deixada en Conxo fai uns anos donde os foguetes explosionaron no ceo por priemria vez nun contexto billardeiro. No pasado Aberto da tarta de Mondoñedo , o palanador da EkipA-Bítiere "Mondoñedo" xa sorprendeu lanzando petardos de alta gradación polo que pomos ó ceo de Cerceda coma testigo para que ningunha gran celebración máis billardeira sen foguetes asubiándo e estourando no ar...foguetes sempre, adiante co varal!!

segunda-feira, março 12, 2012

SHEILA D@S TROULEIR@S FAISE COA CACHUCHA DO ALL STARS DE CERCEDA E APUNTALA A CANDIDATURA FEMININA PARA A COROZA NACIONAL!!

















Na fronte unha estrela,  no bico un cantar...nun universo de confusións e tira e agrouza entre insignificantes signos + e menos , un proxecto firme e rexo consolida a súa proposta nunha edición màis do Billarda All Stars no que o espíritu de Calvete estivo presente no paivillón de deportes de Cerceda-



Atención á espectaular crónica que sairá no medio irmàn de Dioivo anailizando as diferentes disciplinas que se puxeron en xogo no All Stars , no concurso de Varados final a cara de can entre Valea dos Batea e Marcos dos Remourelle Bulls que despois dunha longa intensa quenda de desempate o triunfo foi para o gran palanador do salnés.



Celebrado tamén na sesión da mañá desputouse o sempre espectacular e impredecíbel concurso de mates para o que remitimos ó docu-estalo que en breves editará Tele-Varal , impactante o "Martinhadas" realizados por dous palandores "pai e fillo" dos Furabolos que desputaron a final na que o triunfo final foi para un triumbirato formado por Toño-Xan e Iván.   

E como non podía ser doutro xeito nunha xornada de festa e loita como son sempre os All Stars da LNB , despois do lanzamento dos foguetes para anunciar o inico do agardadísimo partido das estrelas , arrincaba a competición que deixou moi ás claras e espectacular forma dos palanadores e palanadoras do Centro , unha área estornela que afronta o tramo final cunha forza impresionante e con todos os seus efectivos no pico de forma , mais unha cousa quedou ben clara nun intre no que volta a xurdir o eterno debate sobre a cuestión entorno á necesidade ou non dunha final nacional feminia , a realidade imponse nas pistas de xogo e Sheila , a xovencísima palanadora do Pino despexa calquer atisvo de dúbida ó respeito facéndose nunha maxistral e histórica xornada polo que representa o seu triunfo nunha final All Stars facéndose coa impresionante Cachucha dos irmáns de Lucerna que exerceron unha xestión impecábel para un ano máis tomar impulso e afrontar con garantías e forza necesaria os grandes retos que nos agardan no futuro, Sheilla .... Coroceira Nacional xa!! 

sábado, março 10, 2012

VAISE ARMAR....


































O choro dos séculos esmagados na loita coa forza do noso pasado , dende a primeira estreleira billardeira celebrada na Zapateira na que ate a bandeira española do Orzán tivo que facer referencia e agachar a  cabeza ó paso dos palanadores e palanadoras da LNB ate iste domingo 11 de Marzo en Cerceda donde todo o orgulloso e desacomplexado espírito daquelas pioneiras e pioneiros segue totalemente intacto e increchendo. Cerceda será unha pota fervendo dende a mañá a ate o lusco e fusco , un enxordecedor Ensaio sobre o Silencio donde unha vez màis tod@s seremos estrelas, tod@s seramos protagonistas , cun  previo de auténtico luxo o sábado na sala Rif Rock de Cambados,  segue en tempo real todas as incidencias do Billarda All Stars dende os bruídos noso explosivo e chollima facebook oficial ....Mecago na billarda de Cristo!! / Contacto: 679.908773-

quinta-feira, março 08, 2012

"BILLARDA ALL STARS_2012"....MECAGO NA BILLARDA DE CRISTO!!




Na auga , entre os toxos , no medio da horta dos repolos, no asfalto....mecago na billarda de cristo, chega o Billarda All Stars a Cerceda e os irmáns da ACD Lucerna estercan o camiño con iste brutal bombazo audiovisual que mete as billardas na pota co caldo nas cociñas de todo o país para darnos enerxía a eito e impulsar a toda a tribo cara ó inferno de mates e varados no que se vai converter ista poderosa vila Cochikeira da Conferencia NorOeste. Para xogar á billarda tes que saber xogar en tódolos campos...Lucerna Sempre , Adiante co Varal!!

quarta-feira, março 07, 2012

FORZA , CORAZÓN E PALÁN....PLÁNTALLE CARA A INDITEX MERCANDO NA PRIMEIRA TENDA ON-LINE DE CAMISETAS BILLARDEIRAS!!



















A dende o incio dos tempos a filosofía de acción da LNB foi a de non agardadar por naide nen nada se quereiamos conseguir algo, exercérmolo á hora de artellar o noso entramado de xestión deportiva, mediático e sonoro e voltamos a dar un atronador puñetezo na mesa co noso apoio incondicial á primeira tenda on-line de Merchandising Billardeiro posta en marcha polo irmán Antón Romero , o sempre sorprendente ilustrador de Vilagarcía que actúa baizo as siglas do colectivo RuAn , exerce de creativo e xestor dista brutal boutique á que obrigatoriamente tes que acudir para cubrir o teu pelexo e moi bo prezo con texturas e deseños baseados no explosivo universo billardeiro.


CAMISETAS E SUDADEIRAS BILLARDEIRAS NA BOUTIQUE RuAn-LNB 


















Unha espectacular liña de cores e tallas variadas con posibilidade mercar camisetas de encaixe feminino ou masculino son a punta de lanza dunha ampla gama de posibilidades que inclúe tamén unha gama de Sudadeiras coas que poderás escorrentar a briaxe de outono e inverno. En Boutique RuAn-LNB podes vestirte todo o ano cos espectaculares deseños billardeiros que farán que o xente chante a ollada en ti por ser unha palanadora ou palanador que ademais e desafiar os convencionalismos desportivos desafías tamén a podredume do inditex star system-



















Ó impactante deseño do República Billarda para todas as prendas súmase o histórico " Forza , Corazón e Palán" baseado no estalo vencedor de primeiro concuso de microrrelatos billardeiros celebrardo entorno ó Play Off Naciona de Conxo cincelado por Sak >> Afíame ben a billarda , e vai preparando o varal, que imos xogar un aberto afastadiños no xestal . ( Copla ) - Iste domindo en Cerceda no inferno de mates e varados do Billarda All Stars ....serán protagonsitas tamén Ensaio sobre o Silencio e Tenda on line Billardeira!!