O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 26, 2012

ZËNZAR ARMOUNA NA PRIMEIRA GRAN ACCIÓN DO VISIONADO POPULAR DA LNB!!


















Fin de semana tensa e intensa que se iniciaba o venres entre o lusco e fusco no Bar Nevada de Ribadeo , arrincaba a primeira acción de Visionado Popular que tiña ó DvD de Zënzar ao vivo  coma protagonista absoluto para unha noite máxica máis no incensante e embravecido universo billardeiro.


















Comezaba a sesión cunha fantástica selección de videos-estalos de Tele-Varal realizada polo equipo de Asterix-Visión que deixou atónitos e impresionados á numerosa clientela do Bar Nevada que agradeceu ista iniciativa chantando os ollos na pantalla o que confirmou o que previamos , que a conquista por parte da LNB de novos espazos coma bares e tascas pode ser unha realidade mediante a imaxinación e a utilización de medios alternativos como o audiovisual para chantar as nosas billardas no subconsciente colectivo .


















Implicación absoluta por parte da mítica banda de Cerceda que mentras ultima a saída do seu novo disco " vaise armar" e a súa presentación oficial o 5 de maio no Mesón do Bento de Ordes , aínda tivo tempo para no medio da boráxine e do mesmo puño e letra do seu cantante Bocixa, remitir unha nota de apoio á tribo que o venres acudíu ó Nevada a reviver o histórico concerto do 2009>> ".....Esperamos que disfrutedes nesta reunión de amigas, rokeiras e billardeiras e que moi pronto poidamos compartir con vos unha festa coa música ao vivo nun palco en calquera recuncho do PAÍS, ou en calquera pista zoupandolle ás estornelas!!!
Para nos é un agasallo enorme saber que en Ribadeo hai un grupo de repunantes e persoas "raras" que gustan de músicas sen máis pretensión que a de desafogar, divertir, relaxar e comunicar o noso pensamento, que sabemos que é tamén o voso. Unha forte aperta a todas e todos, e forza coa LNB!!!!!!! ZËNZAR"

















Comezaba o espectáculo...Zënzar saltaba ó esceario e as roldas de cervexas e viño comezaban invadir os corpos da tribo que incesante comezaba a súa particular danza da chuvia mentras o máxico liquido e son se misturaba caneando ruainas para a un tipo normal coma o palanador Italo-galego Franco conectalo coa súa terra mae cando os de Cerceda interpretaron o seu mítico tema O Padriño.


















Cando o gran palandor Cochikeiro Gende-Beat irrompeu no esceario , foi imposíbel non recordar a súa fantástica e aínda quente , coma as tapas de mini-san xacobes co que as responsábeis do Bar Nevada obsequiaron á tribo, actuación no pasado All Stars de Cerceda e reflexionar sobre as posibilidade brutais do Visionado Popular xa que abre infinidade de posibilidades para utilizar a fantástica infraestructura audiovisual que existe nos miles de bares e tascas para visionar o futbol e pola ó servicio do deporte da billarda, da música e cultura do país creando así de xeito natural, un ambito ceibe e totalmente alleo á podredume dos parámentros institucionais.



















E ó día seguinte no Aberto de Lugo , o DvD de Zénzar ao Vivo,  xa se puido adquirir no Top-Mantelo da LNB a pé de pista xunto co disco dóbel República Billarda e varias xoias máis do rock galego , Ismael do Spartak de Muimenta foi un dos valentes que deu o paso ó fronte para facerse con iste xa mítico video-estalo e non só iso , senón que sobre a herba sintética da Piringalla Ismael xunto con outros dous palanadores fixo o primeiro ensaio con fogo real do próximo e explosivo "Muimenta 3X3 BILLARDARDA"  ....vaise armar!!