FORZA , CORAZÓN E PALÁN....PLÁNTALLE CARA A INDITEX MERCANDO NA PRIMEIRA TENDA ON-LINE DE CAMISETAS BILLARDEIRAS!!
A dende o incio dos tempos a filosofía de acción da LNB foi a de non agardadar por naide nen nada se quereiamos conseguir algo, exercérmolo á hora de artellar o noso entramado de xestión deportiva, mediático e sonoro e voltamos a dar un atronador puñetezo na mesa co noso apoio incondicial á primeira tenda on-line de Merchandising Billardeiro posta en marcha polo irmán Antón Romero , o sempre sorprendente ilustrador de Vilagarcía que actúa baizo as siglas do colectivo RuAn , exerce de creativo e xestor dista brutal boutique á que obrigatoriamente tes que acudir para cubrir o teu pelexo e moi bo prezo con texturas e deseños baseados no explosivo universo billardeiro.
CAMISETAS E SUDADEIRAS BILLARDEIRAS NA BOUTIQUE RuAn-LNB
Unha espectacular liña de cores e tallas variadas con posibilidade mercar camisetas de encaixe feminino ou masculino son a punta de lanza dunha ampla gama de posibilidades que inclúe tamén unha gama de Sudadeiras coas que poderás escorrentar a briaxe de outono e inverno. En Boutique RuAn-LNB podes vestirte todo o ano cos espectaculares deseños billardeiros que farán que o xente chante a ollada en ti por ser unha palanadora ou palanador que ademais e desafiar os convencionalismos desportivos desafías tamén a podredume do inditex star system-
Ó impactante deseño do República Billarda para todas as prendas súmase o histórico " Forza , Corazón e Palán" baseado no estalo vencedor de primeiro concuso de microrrelatos billardeiros celebrardo entorno ó Play Off Naciona de Conxo cincelado por Sak >> Afíame ben a billarda , e vai preparando o varal, que imos xogar un aberto afastadiños no xestal . ( Copla ) - Iste domindo en Cerceda no inferno de mates e varados do Billarda All Stars ....serán protagonsitas tamén Ensaio sobre o Silencio e Tenda on line Billardeira!!
1 Comments:
At 8:25 PM, Anônimo said…
hai talla X.M.blecua?
Postar um comentário
<< Home