O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, março 25, 2012

COENTRAO ESTOURA... NUNHA MAN O XARUTO E NOUTRA O PALÁN!!!!
















Os asubíos no Bernabeu e a criminalización que o futbolista luso do real madrid está a ser sumetido pola caverna mediática evidencia ás claras que Coentrao , equivocuse non de clube , que tamén senón que a súa eiva foi moito máis grave, equivocouse de desporto. Fai uns días a súa foto aspirando un xaruto deu a volta ó mundo e indignou a toda a afección merengue , mais demostrou a moitos dos que gostamos dunha visión atravesada do desporto rei , que detrás de tanta infamia , pantalla e podredume no futbol hai tamán seres humanos con devilidades e vicios parellos e comúns ós palanadores e palanadoras da LNB.


















Foi en Lugo , iste sábado durante a desputa do xa mítico Aberto puntuábel da Cidade das Murallas , donde se evidención mediante a espectacular Taverna do Povo instalada polos irmáns Madia Leva a pé de pista no campo de herba artificial da Piringalla , que Coentrao estaría máis que satisfeito de dar o paso e trocar a camiseta da equipa de florentino por calquera das franquicias LNB donde o seu idioma e a súa cervexa , o galego e a Superbock , son cooficiais co fume dos xarutaos que cada palanador e palanadora inxire no propio campo de xogo , se así o desexa,  libremente antes , durante ou despois de cada carreira . Un exemplo de desportividade e vitalidade extrema donde cada escorzo na pista de Lugo veu acompañado da singular sinfonía da espectacular billarda-frauta , un instrumento artellado polos impredecíbeis inxeñeiros de Tropa-Lixeira , maxistrais campións por equipas nista Aberto , que valeu para que en solidaridade co grupo soriano Ardor de Estómago arrincar cunha fantástica interpretación coral o seu famosísimo e imprescindíbel tema "una historia real " .


















Moi atentos ó espectacular crónico no Dioivo sobre a xornada que deixou un pódium inédito en Lugo no que irrompeu a impactante figura da xa mítico fragasaurus-rex , con Pepe do Cadaval  de Castro no máis alto vestindo unha espectacular Monteira-Especial en homenaxe ós 10 anos na rúa do xornal Novas da Galiza , despois de dobregar nunha espectacular final ó grande Cascarillas de Tropa Lixeira. Daniel dos Billardeiros Musicais , estivo en Lugo mais foi ó día seguinte o domingo ó medio día na pista de Castro-laxe en Culleredo no Aberto puntuábel para a Conf. Noroeste donde se desquitou ista xornada facéndose cun fantástico triunfo seguido do campión de Varados do pasado All Stars Balea dos Batea . Alerta vermella , collede gafas de soldar para os vindeiros días achegarvos ás pantallas, Billarda Book-Experience e un feixado de accións máis achegaranse para alebrestar aínda máis a un axercito regular que debece por entrar en combate...billarda sempre , adiante co bruar!! 

4 Comments:

  • At 8:19 PM, Anonymous Anônimo said…

    Sin quitarlles mérito os Tropa lixeira, que quede claro que por equipos os que gañaron foron os Billardeiros Musicais con 33 puntos. Os de Meira fixeron 32 puntos. A cada quén o seu.

     
  • At 8:38 PM, Anonymous Anônimo said…

    Sin quitarlles mérito a Dioivo e colaboradores, por que só se fala de determinados eventos ou xornadas no seu portal?

     
  • At 11:47 PM, Anonymous Anônimo said…

    Luis Camiña di:
    Non importa que sexa Liga BBVA, Liga ADELANTE, Liga ENDESA, Liga NBA, Liga MLB, Liga NFL, ou Liga LNB,o problema sempre son os ARBITROS. En Lugo non deron un varado antolóxico.

     
  • At 12:03 AM, Anonymous Anônimo said…

    en cada conferencia se pode facer unha cronica pra enviarlle ao Dioivo. eu persoalmente fago a da conferencia norleste xq e na q xogo e a q podo facer.
    Marcos

     

Postar um comentário

<< Home