ABC , BEAT-BOX E ESTOURIDO DE FOGUETES NO CEO ABERTO DO ALL STARS!!
Bieito Rubido , o actual director do ABC , galego de nacemento e que en tempos fora directo de La Voz de Galicia , acaba de enviarnos o agradecemento inmenso por promocionar o seu xornal nun día tan intenso para isa redacción como foi o do pasado domingo e nun lugar tan importante e singular como é a gasolineira de Guitiriz , epicentro absoluto da actualidade galega e estatal pola acumulación de campións que alí se deron cita para intercambiar apretóns de mans e bolsas de plástico. Nun intre no que a LNB é un auténtico fervedoiro de activismo e intervención mediática exempliciado na volta do propio All Stars no que ó crónico da xornada no Galicia en Goles se sumou o estourido de Zenzar pertencente ó República Billarda no Radio Oceánica de Sak da RGM que exercen de previos de luxo ó espectacular especial Billarda All Stars que se publicará no Dioivo. Cada vez son màis os medios de entidade local e nacional que empurrados pola esixencia popular establecen espazos propios para iste noso desporto mais a LNB como demostramos nista viaxe ó campo de estrelas de Cerceda ten o seu ollo posto no ABC polo quaxilizaremos convencer a Bieito para que mais pronto que tarde déa a portada a ise monarca das marxes chamado "O rei do Cubata" que tan acolledoramente recibíu ós comandos LNB despois das mìticas intervencións no Luar da Galega.
De exemplar se pode calificar a organización do All Stars realizada polos irmáns de Lucerna que despois de facer saltar as alarmas cunha espectacular e xá mítica curta anunciando a chuvia de estornelas en Cerceda , unha xeira que continuou a pé de pista cunha espectacular sesión dj executada por Carlos-Gende dos Cochikeiros que amiaza con extender os seus tentáculos na explosiva primeira intervención de beatbox billardeira para xunguirse ó impactante puzzle sonoro do República Billarda.
Sen sangue non hai poder , cantaban fai uns anos moi acertadamente os Túzaros de Compostela... e sen foguetes non hai festa que se prece no territorio galaiko , é por elo que a irrupción da pirotecnia billardeira xestionada por Verdillo niste All Stars recolle a semente deixada en Conxo fai uns anos donde os foguetes explosionaron no ceo por priemria vez nun contexto billardeiro. No pasado Aberto da tarta de Mondoñedo , o palanador da EkipA-Bítiere "Mondoñedo" xa sorprendeu lanzando petardos de alta gradación polo que pomos ó ceo de Cerceda coma testigo para que ningunha gran celebración máis billardeira sen foguetes asubiándo e estourando no ar...foguetes sempre, adiante co varal!!
1 Comments:
At 9:44 AM, Anônimo said…
Esa foto vese claramente q ta amañada. Querella criminal!!aqui o campeon son eu.
Marcos
Postar um comentário
<< Home