O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, novembro 30, 2014

27-29 A AUTÉNTICA AFÉRRASE COMA UN POLBO AO CALCETÍN Á COPA CANTÁBRICA_2014!!


















Ca ollada posta nun punto fixo a Auténtica desembarcaba iste sábado 29N no polideportivo de Piedras Blancas ( Castrillón ) disposta a deixar o pelexo na pista de xogo para tentar reter a mítica Copa Cantábrica en territorio galego , fronte , a cada vez máis poderosa seleccion de Asturies que afrontaba ista oitava edición dista gran competición de nacions ibéricas aínda sen estado co lume nos ollos e a fervenza nas súas machooras para dislocar a supremacía galega das ultimas edicon e facer que a Copa Cantábrica ficase todo o ano en terra astur.



















Arrincaba a competicion co asedio brutal ós dous castrus que sinalaban as dúas pistas simultáneas nas que se desenvolveu a explosiva competicion na que por banda galega e asturiana debutaban xogadores que estraban internacionalidade , un exemplo disto foi o gran machetador ovetense Xurde , case dous metros de ser human que asturies utilizou ó caron dos castrus coma se de pivote se tratara para tratar de intimidar ós palanadores e palanadoras da Auténtica.



















Foi para moitos iste oitaba edicion da Copa Cantábrica a que máis intensamente se viveu por todos os xogadores na pista dunha e outra seleccion , os asturianos viñan toda a semán quentando o forno mais a lesion de lumbalxia do gran palanador de Auténtica Xosiño producida durante o adestramento que impedíu que puidera xogar nen un só segundo , encheu de raiba e coraxe cada golpexo dos activistas da Auténtica para tentar adicarlle ó triunfo ó inigualábel palanador da EkipA.




















O Castru transforámabase nun abismo cada vez máis inespugnábel segundo o partido avanzaba , nengunha selección lograba atopar o ritmo de pedaleo axeitado para facer cuallar a escapada no marcador.



















Chegado o spring final Asturies  acariñaba xa a Copa , Serxio alentaba ós palanadores astures e aferrábase ás coordenadas de acerto e empurre que Pepa deixaba en cada golpexo e ó Indixenismo Astur que o gran gurú ovetense Iyan dibuxaba preto ó Castru para amosar o camiño da victoria á tribo Liriu.




















Unha pila de carreiras para á postre decidirse todo en dous xa históricos enfrentamentos , Lili e Flores que quedou en táboas..


















E o que enfrontaba a dous Bulls cara a cara para derimir nunha loita a morte a contenda , por asturies Muriego e pola Galiza Lucía , poderíanse escribir libros enteiros da guerra fría que transcorria entre cada golpexo dun e outro palanador , o peso de cada nacion nos hombreiros distes dous xogadores , a gloria eterna ou o cruel desterro ...















E a sorte decantouse do lado galego , Lucía , coa sangue fría du escancer de Remourelle soubo reter o empurre do corzoboi tapiego que sufríu no seu pelexo a brutal pegada das feras palanadoras da LNB, foi , a bravura de Lucía e do resto de palanadores e palandoras que formaron ista Auténtica_2014 a que fixo posíbel iste gran triunfo , un triunfo sufrigo e traballado porque diante tivemos unha gran seleccion asturiana que nolo puxo duro de carallo.





















E despois do xantar de irmandade como é tradiconal na Copa Cantábrica cos corpos quentes pola sidra , as fabas e o licor de paixón , desputouse o mítico "Llacón Internacionalista" doado por embutidos Vallina . unha tarde na que os Castrus deixaron lugar ós Varais para deputar o prezado trofeo que foi atrapado polo gran palanador de Cadaval Pepe Outeiro , que despois de tocar o olimpo debutando pola mañña coa Auténtica, pola tardiña asaltou o ceo cun espectacular xogo levando para a casa o Llacón Internacionalista ....Liriu e Billarda Sempre, Adiante coa Auténtica!!

sexta-feira, novembro 28, 2014

ISTA SÁBADO A AUTÉNTICA ASALTA PIEDRAS BLANCAS NA DEFENSA DA COPA CANTÁBRICA 2014!!



















Ista nova edición da mítica Copa Cantábrica os irmáns asturianos decidiron dende o minuto cero saír a matar artellando un espectacular cartaz donde de xeito clarísimo os activistas do Liriu transmiten a idea no que as machorras paparan coma comecocos os nosos paláns e billardas na procura do Castro. Moi mal feito a Auténtica non quería sacar os dentes antes de tempo mais isto obriga ó exercito de Flores a estar en tension dende o mesmo intre da interpretacion dos himnos. A estacion de autobuses de Ribadeo será a punto de quedada para a caravana de carros de Auténtca que ás 10:30 h partrá cara Piedras Blancas disposta a PAPAR todos os lirius e as sidras que nos poñan diante...Liriu e Billarda Sempre, Adiante Copa Cantábrica 2014!!















E o domingo na beira Atlantica explosiva incursión nas indomábeis terras da Laracha donde o  Komandante Collazo repartirá xustiza billardeira apartires das 11 h. no polideportivo de Xarmaña - Caion a todos os que se atrevan a desafiuzar a carraxe vital agarrando un palán..

terça-feira, novembro 25, 2014

TI A MACHORRA , EU O PALÁN...SE CHE FERVE O PEITO ÚNETE Á AUTÉNTICA NO GRAN DESAFÍO CANTÁBRICO_2014!!










Iste sábado chega unha nova edición da gran competicion de bilharda entre nacións ibéricas , a equivalente no noso desporto nacional ó seis nacions de rugbi tinxira de lume e paixón os nosos corazóns astures e galaicos na loita pola tan desexada Copa Cantábrica que cruzará a ponte dos Santos para presidir na pista de Pidras Blancas o gran partido internacional de Liriu-Bilharda.



Asturies agarda ansiosa e cega de vinganza coas machorras prestas e dispostas para asestarlle o golpe mortal á Auténtica coma se dun coello se tratara , mais @s de Flores , lonxe de relaxarse e deixarse esfolar pracidamente , contan as horas , minutos e segundos cara atrás para asaltar o castru da pista de Piedras Brancas e defender a Copa Cantábrica con dentes dun xabarín ferido e as uñas dun gato raxado panza arriba... Se che ferve o peito , únete á Auténtica no dasafío da Copa Cantábrica_2024!

segunda-feira, novembro 24, 2014

NON ERES DA LNB SE.... NUNCA BERRACHE VIVA FRANCO!!


















Porque ise foi o berro que resoou o pasado domingo en todo o pavillón do Piñeiro de Cerceda donde se celebraba o terceiro asalto puntuábel da Conf. NorOeste no que o gran e referencial palanador Italo-Galego , Franco , dos Billardeiros Musicais arrasou a toda a tribo atlantica incluida a súa compañeira de franquicia Geni na espectacular final diste gran Aberto Cochukeiro.














Vence Franco nun espectacular arrinque de tempada tanto na súa conferencia aborixe da Norleste donde acotio asalta o podium e nas diferentes conderencias nas que participa sendo iste a do NorOeste donde por fin deu o tan desexado campanazo . Un extraordinado estado de forma no que se atopa o italo-galego que ogallá sexa o reflexo de como se atopa a Auténtica da que el formará parte no vindeiro desafío da Copa Cantábrica que iste sábado 29 enfrontará a Galiza e Asturies na pista central de Piedras Blancas. Un compromiso internacionalista da LNB que despois da acción Txirikila en Pasaia , a converxencia cantábrica do Liriu-Billarda desexa ferventemente con Franco ó fronte xunto ó resto de palanadores italian@s da Polka algun día afrontar o tan agardado reto lippa  con noso irmáns do Tocati de Verona ..Billarda , Liriu , Txirikila e Lippa Sempre!!

domingo, novembro 23, 2014

PASAIA...TXIRIKILA JAI ALAI-2014!!












Espectaculares imaxes as que nos chegan directemente dende o micro-kosmos de resistencia txirikilari do fronton de Pasaia donde iste sábado pola mañá se desputou a sexta edicion do Aberto que inunda de  txirikilas e internacionalismo-LNB a bahía toda. Dende a zoa Cero Ana , a brava palanadora de Cospeito , despois de defender o orgullo billardeiro na pista de xogo envíanos istas apoteósicas instantáneas e apaixoado chio da acción coordinada polos irmáns do Fato Daniel Castelao co que arroxar gasofa ó lume txirikila nas terras de EuskalHerria.













Esta mañá tivo lugar o traidicional aberto de billarda en Pasai Donibane. Foi no frontón, como o  ano pasado. Estivemos 9 (galegos, bascos e un colombiano coa camisola de Falcao xD). 












Gañou Iñaki, autóctono, eu segunda, terceiro Filipe Dominguez e cuarto Pablo (galego). 
Rematamos ao son das gaitas tomando sidra e chourizos.














Este ano non se achegou ninguén da Galiza, a ver se o ano que vén o montamos mellor (ou a próxima, que espero que sexa antes)...

sábado, novembro 22, 2014

ISTA FIND. A SIDRA BASCA E LICOR CAFÉ CORRERÁ A REGOS DENDE PASAIA A CERCEDA!!






















Ista mañá de sábado no Fronton de Pasaia Donibane os pelotaris deixan sitio para que dende as 9:30 h, da mañá os txirikilaris euskalduns e galeg@s desputen a sexta edición do xa mítico Aberto de Txirikila , a sidra , o patxaran e o licor kafé correrá a regos dende Pasaia a Cerceda...



















xa que ó día seguinte , o domingo 23 de outubro , no pavillón do Piñeiro se celebrará unha nova engancha puntuábel na conferencia noroste , a cita como é norma niste hemisferio atlántico e bravú será apartires das 11:30 h...Txirikila e Billarda Sempre!!

quinta-feira, novembro 20, 2014

A TXIRIKILA E O LICOR KAFÉ INCENDIARÁN DE NOVO ISTE SÁBADO A BAHÍA DE PASAIA!!

















O mes de novembro históricamente é un mes internacionalista , celébrase a xa mítica Copa Cantábrica coa Autentica dirixida por Flores asaltando o Castru dos irmans asturianos do CNL , unha competcion que ten en eskalherria un previo de luxo coa desputa do incendiario VI Aberto de Txirikila que dende fai xa unha presada de anos encende co lume billardeiro as chama da LNB na praza da vila de Pasaia.

















Será pois iste sábado 22 dende as 11 h. cando a Bahía de Pasaia afronte a súa nova enganchada de Txirikila e licor kafé, alí estará a embaixadora LNB nas terras Bascas , Ana , a gran palanadora luguesa defenderá de novo con uñas e dentes a honra da galiza-bilhardeira no medio do asedo txirikilari facendo chimpar cara o Varal  as txirikilas coa forza das ras de Cospeito de donde ela é aborixe...Sen Tregua , Txirikila Sempre !!

domingo, novembro 16, 2014

LORENA DOS CRUZAD@S E O COROCEIRO NACIONAL....A CATARSE BILLARDEIRA EN CASTRELO E NO ABERTO DE FLORES!!

















Unha edición máis o mítico Aberto de Flores encheu a cubiteira de xeo do pavillón de San Miguel de Reinante para transformalo  nunha auténtica ola de caldo galego a presión na que coma sempre acontece na LNB coas rabizas , o touciño e os chourizos-billarda desafíar o imperialismo gastronómico e desportivo que azouta a cada segundo e en cada recuncho do noso país.


















Con cada golpexo unha nova alianza , a pé de pista o Círculo Indíxena tecendo estratexias con Carminha coma gran referente para tomar por asalto unha cervexa e con ela na man o poder municipal en cada unha das reservas do noso país ... e xusto ó caron do Círculo a seleccion Itatiana de Lippa-Billarda artellando estratexias para explosiva irrupción da futura Copa Corleone que enfrontará a Italia e Galiza nun mesmo campo de xogo..    



















E coa pega internacionalista da inminente Copa Cantábrica sobrevoando o teito do pavillón de San Miguel xa que iste 29 de novembro a Auténtica voltará a Piedras Blancas para defender a gloria que emerxe do "Castru" dos irmáns do Conceyu Nacional del Liriu


















E tan só a unha presada de km. do pavillón de San Miguel no campo da festa de Castrelo desputábase en Cambados un novo Aberto puntuábel na Conf. RíasBaixas que encorozou aínda máis ó actual coroceiro nacional Xan Rodiño que á continúa enchendo de forza a súa particular lúa de éxito billardeiro



















Un podium que se ben en Cambados se puido axustar ás posíbeis apostas da Quinibillarda en San Miguel todas os condicionantes previos estouraron polos aires cando Lorena dos Cruzad@s fixo estourar a casa de apostas co seu poderoso barreno na pista de xogo co que reivindicou o Palanadora Power no mítico Aberto de Flores acadando o triunfo absoluto cun espectacular único pleno nas cinco carreiras . Noraboa a Xan ,  Lorena e a todas as indomábeis palanadoras da LNB!! 

sexta-feira, novembro 14, 2014

SAN MIGUEL E CAMBADOS...DOUS FACHOS DE LUME NA GRAN LONGA NOITE DE PEDRA!!



















Iste sábado apartires das 15 h. da tarde a tribo da Conf. Mae acudirá tan ansiosa coma os corvos ó ollos ó pavillón de San Miguel de Reinante para celebrar un dos seu puntos de inflexion nista súa maxestuosa xeira máxica e revolucionaria ..a desputa da nova edicion do gran Aberto de Flores co seleccionador nacional coma gran mestre de cerimonisas ultimando a posta a punto do temíbel combinado galego para defensa da Copa Cantábrica de Liriu#billarda


















E tan só unha hora despois no campo da festa de Castrelo  ,  a tribo da Conf. RiasBaixas ceibará as súas billardas contra o varal nun novo aberto puntuábel que apartires das 16 h. cegará a vila de Cambados coa intensa e perigosa luz  do indixenismo billardeiro...porque se non eres da LNB , faite!!



quinta-feira, novembro 13, 2014

COLARES DE BUXO BUSCAN PESCOZOS!!



















Non hai ouro no mundo que poida competir cos espectaculares colares de buxo cos que os activistas da Conf. NorOeste agasallan ós palanadores e palanadoras que parcipan por primeira vez nun Aberto , dende logo a febre amiaza extenderse polo que ide preparando os pescozos en todos os frontes LNB...



















E uns pescozos que buscan buxo son o dos activistas da por agora equipa pantasma Xiber, os activistas de Barreiros levan tempo escudriñando a súa entrada na zoa de combate , ista semana , vimos no seu campo base situado no Bar Moderno , unha espectacular municion billardeira preparada para saltar á pista ...atentos porque igual deciden realizar o seu incendiario debú no Aberto de Flores diste sábado en San Miguel de Reinante- Pon o colar de buxo e #faitedaLNB!!

segunda-feira, novembro 10, 2014

BELIT SI , BILLARDA ...TAMÉN!!!

















Escomezando iate domingo polo fervedoiro de furnas nos colexios habilitados en Catalunya , nunha xornada histórica a do 9N na que os irmáns de Va de Bélit , ao igual ca o resto de milleiros  de betistas, trocaron a paleta pola papeleta para facerse ouvir realizando sobre a caixa de cartón un poderoso varado doblemente afirmativo ...Bélit Si, Billarda Tamén!!















e mentras en Catalunya os votantes acudian ó chamado das furnas , en Cerceda a tribo da Noroeste a iso das 11 da mañá diste 9N invadía o pavillón do Piñeiro de Cerceda para reivindicarnos coma pobo cos paláns ó igual que os cataláns o facían co voto...















E vaia se se reivindeiraon coma povo e coma conferencia porque despois dunha longa xeira de vistorias de palanadores de outras conferencias no Aberto do 9N foi un aborixe , Diego ,  o que se levou a botella do máxico licor que o acredita coma gran campión diste gran Aberto puntuábel...



















E donde tamén houbo emocion e billarda a eito foi no poderoso Aberto puntuábel diste domingo no ToxoVerde de Cádiz ,  a Conf. Andaluza reivindícase en cada asalto e faino ao berro de exito e exitazo que retumba nas redes anti-sociais da LNB ...Billarda , Orxata , Manzanilla e Licor Café Sempre!!

sábado, novembro 08, 2014

9N ...LIPI-LAPE , FURNAS , A COCHIKEIRA E O TOXO VERDE!!



















Arrinca a find. cun explosivo 8N Castañeiro-Billardeiro en Marin no marco do Magosto Popular que apartires das 16 h. invadirá a praza do reloxo co bruar do LipiLape e o estalido das castañas na tixola , coordiando polos referenciais Gharabotos o Abertinho do Magosta promete emocions e intensidade a eito.


















E cando chegue o domingo os irmáns do Bélit poderán desfrutar dunha xornada histórica para o devir do seu desporto nacional e do seu futuro coma novo país europeo , as furnas e bélit xuntos para desfrutar dun 9N que deixa no horizonte as pegadas polos que máis pronto que tarde as nosas billardas tamén terán que surfear..



















Un domingo do 9N que se ben os espazos habilitados en Catalunya para os referendo abriran polas 8 da mañá , tan só unhas horas despois , ás 11 da mañá se abrirán tamén as portas no pavillón do Piñeiro en Cerceda para unha nova enganchada puntuábel na conf. Noroeste e ás 12 h será cando o ToxoVerde de Cádiz , o espazo mítico no que a referencial Conf. Andaluza desputa os seus partidos , se abra tamén en canal para a desputa dun novo Aberto puntuábel...Billarda e xur a decidir Sempre, Adiande co Varal!!

terça-feira, novembro 04, 2014

LINGUAKIT ..RECURSOS BILLARDEIROS PARA O ANÁLISE TEXTUAL E MUSICAL!!

















As redes anti-sociais da LNB ferveron ista find. para anuciar dende Chantada e os Pasales en Meaño as incendiarias incidencias de cadanseu Aberto de Billarda mais ista find. veu marcada tamén pola presentacion pública do lanzamento do primeiro portal de análise textual da empresa Cilenis ubicada na USC e pilotada polo histórico palanador do filloas de Sangue Sak. Linguakit é un portal que ofrece recursos lingüisticos en galego , castelan , portugués e ingles nun intre no que a palabra está mais desvirtuada ca nunca polo que coma un varado no deserto , os irmáns de Ciclenis rachan unha vez máis o silencia nista longa noite de pedra física e dixital...


















E outro gran activista LNB que está disposto a rachar o silencio unha vez máis é o que fora gran palanador dos Outros Eric porque o colectivo musical que forma xunto co dj. ribadense Granha estan decididos a dar forma a un primeiro disco e atencion semella segundo os ultimos confidenciais do underground electro-latino integro cantado en galego. A espectacular mutacion de lingua e linguaxe musical de Granha&Eric igual non foi directamente propiciada polo Linguakit mais o asidio achegamento dos músicos de vangarda ós pratos do polbo de seguro que si tiveron que ver nista transcendental decision para eles e para o futuo da música de baile do noso páis .Discográficas interesada en editar iste espectacular traballo que se poñan en contacto!!

sábado, novembro 01, 2014

ISTE SÁBADO NO CASTAÑAZO2014... SEREMOS COMO LA POLLA PERO EN GALEGO!!!




















Nas incendiarias promos do Aberto do Castañazo 2014 afirmase que hai que ir a Chantada iste sábado porque saíu unha colleita espectacular de viño ....o caso é que saira como saira o importante é que coma as billardas no varal o viño vai entrar no corpo de cada un dos palanadores e palanadoras coma mesma forza que Evaristo vai saír ó esceraio do mercado gandeiro - A cita para desputa do Aberto apartires das 16 h. no Campo da Feira vello -

Evaristo - Rapaces,  sodes como La Polla pero en Galego...
LNB - entonces somos o PIXO!!