O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 28, 2014

ISTA SÁBADO A AUTÉNTICA ASALTA PIEDRAS BLANCAS NA DEFENSA DA COPA CANTÁBRICA 2014!!



















Ista nova edición da mítica Copa Cantábrica os irmáns asturianos decidiron dende o minuto cero saír a matar artellando un espectacular cartaz donde de xeito clarísimo os activistas do Liriu transmiten a idea no que as machorras paparan coma comecocos os nosos paláns e billardas na procura do Castro. Moi mal feito a Auténtica non quería sacar os dentes antes de tempo mais isto obriga ó exercito de Flores a estar en tension dende o mesmo intre da interpretacion dos himnos. A estacion de autobuses de Ribadeo será a punto de quedada para a caravana de carros de Auténtca que ás 10:30 h partrá cara Piedras Blancas disposta a PAPAR todos os lirius e as sidras que nos poñan diante...Liriu e Billarda Sempre, Adiante Copa Cantábrica 2014!!















E o domingo na beira Atlantica explosiva incursión nas indomábeis terras da Laracha donde o  Komandante Collazo repartirá xustiza billardeira apartires das 11 h. no polideportivo de Xarmaña - Caion a todos os que se atrevan a desafiuzar a carraxe vital agarrando un palán..