27-29 A AUTÉNTICA AFÉRRASE COMA UN POLBO AO CALCETÍN Á COPA CANTÁBRICA_2014!!
Ca ollada posta nun punto fixo a Auténtica desembarcaba iste sábado 29N no polideportivo de Piedras Blancas ( Castrillón ) disposta a deixar o pelexo na pista de xogo para tentar reter a mítica Copa Cantábrica en territorio galego , fronte , a cada vez máis poderosa seleccion de Asturies que afrontaba ista oitava edición dista gran competición de nacions ibéricas aínda sen estado co lume nos ollos e a fervenza nas súas machooras para dislocar a supremacía galega das ultimas edicon e facer que a Copa Cantábrica ficase todo o ano en terra astur.
Arrincaba a competicion co asedio brutal ós dous castrus que sinalaban as dúas pistas simultáneas nas que se desenvolveu a explosiva competicion na que por banda galega e asturiana debutaban xogadores que estraban internacionalidade , un exemplo disto foi o gran machetador ovetense Xurde , case dous metros de ser human que asturies utilizou ó caron dos castrus coma se de pivote se tratara para tratar de intimidar ós palanadores e palanadoras da Auténtica.
Foi para moitos iste oitaba edicion da Copa Cantábrica a que máis intensamente se viveu por todos os xogadores na pista dunha e outra seleccion , os asturianos viñan toda a semán quentando o forno mais a lesion de lumbalxia do gran palanador de Auténtica Xosiño producida durante o adestramento que impedíu que puidera xogar nen un só segundo , encheu de raiba e coraxe cada golpexo dos activistas da Auténtica para tentar adicarlle ó triunfo ó inigualábel palanador da EkipA.
O Castru transforámabase nun abismo cada vez máis inespugnábel segundo o partido avanzaba , nengunha selección lograba atopar o ritmo de pedaleo axeitado para facer cuallar a escapada no marcador.
Chegado o spring final Asturies acariñaba xa a Copa , Serxio alentaba ós palanadores astures e aferrábase ás coordenadas de acerto e empurre que Pepa deixaba en cada golpexo e ó Indixenismo Astur que o gran gurú ovetense Iyan dibuxaba preto ó Castru para amosar o camiño da victoria á tribo Liriu.
Unha pila de carreiras para á postre decidirse todo en dous xa históricos enfrentamentos , Lili e Flores que quedou en táboas..
E o que enfrontaba a dous Bulls cara a cara para derimir nunha loita a morte a contenda , por asturies Muriego e pola Galiza Lucía , poderíanse escribir libros enteiros da guerra fría que transcorria entre cada golpexo dun e outro palanador , o peso de cada nacion nos hombreiros distes dous xogadores , a gloria eterna ou o cruel desterro ...
E a sorte decantouse do lado galego , Lucía , coa sangue fría du escancer de Remourelle soubo reter o empurre do corzoboi tapiego que sufríu no seu pelexo a brutal pegada das feras palanadoras da LNB, foi , a bravura de Lucía e do resto de palanadores e palandoras que formaron ista Auténtica_2014 a que fixo posíbel iste gran triunfo , un triunfo sufrigo e traballado porque diante tivemos unha gran seleccion asturiana que nolo puxo duro de carallo.
E despois do xantar de irmandade como é tradiconal na Copa Cantábrica cos corpos quentes pola sidra , as fabas e o licor de paixón , desputouse o mítico "Llacón Internacionalista" doado por embutidos Vallina . unha tarde na que os Castrus deixaron lugar ós Varais para deputar o prezado trofeo que foi atrapado polo gran palanador de Cadaval Pepe Outeiro , que despois de tocar o olimpo debutando pola mañña coa Auténtica, pola tardiña asaltou o ceo cun espectacular xogo levando para a casa o Llacón Internacionalista ....Liriu e Billarda Sempre, Adiante coa Auténtica!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home