O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, novembro 23, 2014

PASAIA...TXIRIKILA JAI ALAI-2014!!












Espectaculares imaxes as que nos chegan directemente dende o micro-kosmos de resistencia txirikilari do fronton de Pasaia donde iste sábado pola mañá se desputou a sexta edicion do Aberto que inunda de  txirikilas e internacionalismo-LNB a bahía toda. Dende a zoa Cero Ana , a brava palanadora de Cospeito , despois de defender o orgullo billardeiro na pista de xogo envíanos istas apoteósicas instantáneas e apaixoado chio da acción coordinada polos irmáns do Fato Daniel Castelao co que arroxar gasofa ó lume txirikila nas terras de EuskalHerria.













Esta mañá tivo lugar o traidicional aberto de billarda en Pasai Donibane. Foi no frontón, como o  ano pasado. Estivemos 9 (galegos, bascos e un colombiano coa camisola de Falcao xD). 












Gañou Iñaki, autóctono, eu segunda, terceiro Filipe Dominguez e cuarto Pablo (galego). 
Rematamos ao son das gaitas tomando sidra e chourizos.














Este ano non se achegou ninguén da Galiza, a ver se o ano que vén o montamos mellor (ou a próxima, que espero que sexa antes)...