O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 04, 2014

LINGUAKIT ..RECURSOS BILLARDEIROS PARA O ANÁLISE TEXTUAL E MUSICAL!!

















As redes anti-sociais da LNB ferveron ista find. para anuciar dende Chantada e os Pasales en Meaño as incendiarias incidencias de cadanseu Aberto de Billarda mais ista find. veu marcada tamén pola presentacion pública do lanzamento do primeiro portal de análise textual da empresa Cilenis ubicada na USC e pilotada polo histórico palanador do filloas de Sangue Sak. Linguakit é un portal que ofrece recursos lingüisticos en galego , castelan , portugués e ingles nun intre no que a palabra está mais desvirtuada ca nunca polo que coma un varado no deserto , os irmáns de Ciclenis rachan unha vez máis o silencia nista longa noite de pedra física e dixital...


















E outro gran activista LNB que está disposto a rachar o silencio unha vez máis é o que fora gran palanador dos Outros Eric porque o colectivo musical que forma xunto co dj. ribadense Granha estan decididos a dar forma a un primeiro disco e atencion semella segundo os ultimos confidenciais do underground electro-latino integro cantado en galego. A espectacular mutacion de lingua e linguaxe musical de Granha&Eric igual non foi directamente propiciada polo Linguakit mais o asidio achegamento dos músicos de vangarda ós pratos do polbo de seguro que si tiveron que ver nista transcendental decision para eles e para o futuo da música de baile do noso páis .Discográficas interesada en editar iste espectacular traballo que se poñan en contacto!!