O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 30, 2007

ISTE VENRES 30 A TRIBU-LNB ASALTA AS BUTACAS E O ESCENARIO DO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO!!


Coincidindo co fito histórico do 1º recoñecemento oficial do depote da billarda, a LNB inaugura OVARALMORSE , un espacio de última xeración que utilizando a tecnoloxía do Blogaliza vai permitir comunicar atraveso do móbil e en tempo real os resultados e incidencias nas máis importantes competicións nas que esteñamos inmersos. Xa non nesitamos os insoportábeis carruseis deportivos das radios , nin das televisións chega a loucura do VARALMORSE para coñecer os campións e as grandes novidades a pé de pista e en tempo real. Para celebralo xa está guindado a 1º mensaxe de proba , A LNB apúntase á revolución Twitter para ista noite despois de recoller o premio á mellor inciativa en deporte tadicional no Teatro Rosalía de Castro queimar a Crunha nunha explosiva quedada cos irmáns do NorOeste. E o domingo refesta en Remourelle!!

quinta-feira, novembro 29, 2007

A TPA EMITE HOXE O EXPLOSIVO VIDEO-DOCUMENTAL SOBRE A IMPARÁBEL EXPANSIÓN EN ASTURIES DO DEPORTE DO LIRIO!!


HOXE XOVES ENTRE AS 19 H. E ATE AS 20:30 CONECTA COA TPA , PARA SEGUIR O DE SEGURO EXPLOSIVO DOCUMENTAL GRAVADO EN TAPIA POLO EQUIPO DE CONEXIÓN ASTURIES DONDE AS GRANDES ESTRELAS DA SELECCIÓN ASTURIANA DO LIRIO CONTARON CO APOIO DOS MEMBROS DA COORDINADORA DA COPA CANTÁBRICA DE LIRIO#BILLARDA. UN NOVO FITO HISTÓRICO QUE ARRINCA OS CHANTOS DA PONTE DOS SANTOS PARA CONTAXIAR DA TAN PERGOSA SÍNDROME BILLARDEIRA A TODO O PAIS VECIÑO.

quarta-feira, novembro 28, 2007

DOS HISTÓRICOS PETAPOUCO ÓS GOLPEXOS DOS ELECTRÓNI@S, CHEGA O 1º RECOÑECEMENTO OFICIAL Ó DEPORTE DA BILLARDA!!

Comeza unha fin de semana de emocións intensas para toda a tribo billardeira que acadará a súa total plenitude no primeiro recoñecemno oficial dos deportistas diste deporte que racha moldes . Iste venres 30 unha delegación da A.C.D O Varal que é quen coordina todos os movimentos da LNB , desprazarase ate o teatro Rosalía da Castro da Coruña para recoller o Premio á mellor iniciatica do deporte tradicional 2006-07 da man da Conselleira de Deportes da Xunta da Galiza Marta Souto durante a gala dos Premios Nacionais do Deporte Galego. Un recoñecemeto máis que merecido para todos os palanadores e palanadoras que contra ventos e mareas sementaron cos seus golpexos herdados de anos de sufrimeto e esquecemento a conciencia necesaria para dinamizar un deporte que moitos crían xa enterrado e lapidado.
O Varal quere agradecer facendo partícipes diste premio a todas as asociacións de veciños , colectivos culturais e deportivos , medios informativos, socios , empresas e concellos que colaboran activamente con ista gran avalancha de vida, lume e de xogo chamada Liga Nacional de Billarda . É por iso que unha vez rematado o 4º asalto da Superliga en Remourelle , na sempre máxica Taberna de Lola vaise realizar unha explosiva gran festa de celebración por iste premio donde ó redor da estatuiña recollida na Coruña estarán todos palanadores e palandoras e os colaboradores da Superliga de Billarda que se queiran sumar a iste gran intre de explosividade máxima.

A LNB levanta os copos de licor e brinda tamén por todos os que desafiando as leis da gravidade os domingos se achegan ate as pistas de xogo , polos os que siguen a compeitición atraveso de TELE-VARAL e por todos aqueles que a pelo e sen bomba de oxíxeno se sumerxen nas profundidades do noso web O Varal . NORABOA Á TRIBU TODA!!

segunda-feira, novembro 26, 2007

A PISTA DE RIVUS MAURILLI ACOLLE A DESPUTA DO 1º TÍTULO OFICIOSO DA SUPERLIGA 2007-08!!


O caiuco multicor da LNB na conferencia NorLeste continúa atravesando silveiros para ista find arrivar no máxico territorio do Rivus Maurilli, o nome clásico que orixinou o actual Remourelle , parroquia referencial do concello de Ribadeo, alí escorrentando meigas e trasnos cos paláns afiados e dispostos para a loita, desputarase o primeiro título oficioso da tempada , o título de campión de inverno, Ismael O Zidane da billarda acadouno na pasada edición da Superliga pero ista vez as carabillas están tan apretadas por riba que non hai un pronóstico claro, entre os líderes de ámbolos grupos A e B desputarase unha gran final que será retransmitida en exclusiva mundial por TELE-VARAL para a xeito de gran carreira da xornada dilucidar o campión de inverno da tempada 2007-08. Para ollar a pista e realiazar apostas sumerxete no web oficial da Conferencia NorLeste. Comeza unha semana de emoción intensas , atentos á pantalla!!

sexta-feira, novembro 23, 2007

BILLARDAS ARDENDO RACHANDO TERRA , MAR E AR!!


Frenética actividade nas dúas conferencias da LNB, se na Conferencia NorLeste se prepara o terreo para a desputa o vindeiro domingo 3 de novembro do título de inverno e para elo xa se dispuso da primeira QUINIELA-LNB que ademais se pode descargar e cubrir xa dende o seu explosivo web, e para seguir degustanto o exquisito prato do inicio de tempada na Conferencia NorOeste con epicentro na Coruña, imperdíbel visita ó seu web para seguir alimentando a nosa tremenda fame billardeira cunha impresionante foto-repichoca documental que fai tremer o mollado asfalto da cidade de cristal.

Pero non todo queda ahí, como anuciabamos no Varal , a Coordinadora Copa Cantábrica da que forma parte a LNB xunto coa irmán LNL ( Liga Nacional do Lirio) acudirón a un acto de apoio á selección asturiana na localidade de Tapia donde un equipo da TPA se desprazou para gravar un de seguro espectacular video-documental coas grandes estrelas do deporte do Lirio que están a revolucionar ó igual que pasa na Galiza todas as oxidadas buxías do deporte tradicional dun e outro lado da Ponte do Santos

Dende o Varal anunciaremos cando se vaia emitir ise de seguro rachador documental para poder seguilo atraveso do web da TPA.

quarta-feira, novembro 21, 2007

DAS AUGAS DO ATLÁNTICO Ó CANTÁBRICO NO BATUXO MULTICOR DA LNB!!

Coa resaca aínda do acontecido ista find na Pista da Zapateira da Coruña donde se iniciou o a competición na Conferencia NorOeste da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA, o gran batuxo multicor da LNB avandoa momentánea augas do Atántico piscina para ista xoves 22 , apartir das 16 h , voltar a surcar de novo as salvaxes augas do cantábrico desembarcando na pista polideportiva de Tapia , no occidente Astur , para participar nun explosivo acto de promoción da Copa Cantábrica donde a TPA , a televisión nacioal do país Astur , vai desprazar un importante equipo técnico para gravar un video-documental coas grandes estrelas da súa selección e realizar un achegamento a iste deporte que está a rachar moldes tamén en todo o país veciño , porque se o río soa..... auga leva , avante deporte do Lirio avante Copa Cantábrica!!

terça-feira, novembro 20, 2007

EXPLOSIVO 1º VIDEO-ESTALO DE TELE-VARAL DENDE A CONF. NOROESTE!!

SOBRAN AS PALABRAS, BESBE A ROMPE O SILENCIO DE TELE-VARAL NA CONFERENCIA NOROESTE ENTREVISTANDO A UN DOS BRAVOS PALANDORES DOS XA QUE 60 , HISTÓRICO 1º VIDEO-ESTALO QUE ESNAQUIZA O XEO NA CIDADE DA CORUÑA!!

segunda-feira, novembro 19, 2007

APOCALIPSE BILLARDEIRA NO 1º ASALTO DA CONFERENCIA NOROESTE!!


Chuzos de punta recibiron ós palanadores e palandoras que iste domingo 18 se deron cita na pista da Zapateira da cidade da Coruña imantados polo tremendo impulso da madeira para arrincar coa forza dun boi da chega a competición na Conferencia NorOeste.

Un soño feito realidade que obriga a todos os membros diste gran tribu da LNB peliscarse para darse conta que o que ven os ollos non é unha ilusión froito da masiva inxesta de ribeiro turbo e obriga tamén ós expertos a esfolar as teorías para explicar cal é a estrana forza que impulsa ista tremendo furacán de raiba e carraxe que fai que as billardas corten o ar nas leiras dos territorias sen abonar.

Os referenciais all stars da LNB foron o sempre necesario zurro e purín que abonaron o asfalto para que ista fin de semana brotara o tan desexado froito.

Ás catro foi a hora marcada , apelotonados fronte á porta da Zapeira un exercito de palanadores e palanadoras recibían o tremendo bautismo da chuvia liberadora , fertilidade e longa vida á Conferencia NorOeste que iste domingo 18 botou a andar con 5 franquicias ensinado os dentes : Electrónic@s , Filloas de Sangue [na foto], Centolos Rabudos, Xa que 60 e Os Xarutos formarán o gran pelotón da ilusión que desafíe os centos de anos de represión deportiva na cidade da Coruña.

Toda a información de cómo quedaron as táboas e un espectacular crónico de todo o acontecido niste 1º asalto da Conferencia NorOeste no seu referencial web , e moi atentos porque TELE-VARAL inicia emisión na frecuencia NorOeste cunha enviada especial que ó igual ca Juan Pico amiaza con destrozar ás máis elementais leis da gravidade xornalística, Besbe , despois de colleritar un tremendo éxito coa publicación da súa primeira obra literaria titulada 28 , únese á tribu billardeira por medio da inmersión coma enviada especial de TELE-VARAL en zona de guerra , minada polos tremendos estalos da emoción e da carraxe. Todo disposto para que o maravilloso purín da LNB invada as túas pantallas...





quinta-feira, novembro 15, 2007

ARRINCA A COMPETICIÓN NA CONFERENCIA NOROESTE CON EPICENTRO NA CORUÑA!!

Iste domingo 18 na pista de Zapateira da Coruña cita histórica para o deporte Galego, xunto cos golpes do stick do Liceo os paláns da Conferencia NorOeste da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA van resoar en toda a cidade . Comeza a competición con catro franquicias sobre a pista para a partires das 16:00 h arrincar coa loita que desembocará no mes de maio en Compostela no fraticida play-off final polo título entre os mellores de cada Conferencia. Todo está preparado para iste domindo coller os paláns e coma xogadores de hockey sobre pés descalzos rachar coas cadeas de centos de anos de opresión deportiva, únete á tribu NorOeste dos aborixes do Varal!!

quarta-feira, novembro 14, 2007

TELE-VARAL >> O GOLPE NO CONTRACÚMIO IBERO-CARIBEÑO DE MONDOÑEDO!!


Mondoñedo acolleu unha nova edición do GOLPE , o late-show TELE-VARAL dirixido e presentado por Juan Pico realizou un espectacular contra cumio Ibero-caribeño coa presencia en plató de palanadores lusos e cubanos. Se Chavez foi unha impresionante metralleta verbal nista ocasión Juán Pico tivo que arrincarlle materialmete ás verbas a puñados a uns convidados que enmudeceron ante o tremendo impacto que sopón a presencia do Golpe.

terça-feira, novembro 13, 2007

EXTRA, EXTRA, O NOVAS DA GALIZA XA SE DISTRIBÚE NAS PISTA DE XOGO DA LNB!!


A LNB dá un paso máis á fronte e comeza a distrubuír nas pistas de xogo o xornal Novas da Galiza, se tes problemas para atopalo no teu kioske habitual achégate ate as pistas de xogo da LNB alí terás o teu exemplar para por só 1 euro desintoxicarte do pensamento único que invade os medios escritos.

E moi atentos porque Novas da Galiza e a LNB asinarán un histórico acordo polo que iste xornal galego de opinión crítica destribuirá a partir do 1 de xaneiro de 2008 material deportivo da LNB xunto cos espectaculares complemtos que en exclusiva ides coñecer na TENDA-LNB. Gardade as galiñas porque CHEGA O GOLPE!!

segunda-feira, novembro 12, 2007

CARMIÑA Vs GINÉS protagonizaron a agónica 3º CARREIRA DA XORNANA que TELE-VARAL ofrece en exclusiva mundial dende a pista polideportiva de Mondoñedo donde Juan Pico contou cos comentarios do mítico Servando , pese a ter un ollo revolto en sangue froito dun estalo de soldadura o bravo palanador dos bíteres donde pon o ollo pon o comentario polo que incluso desconcertando ós propios protagonista da carriera , realizou un espectacular varado verbal que case fai que lle os afeccionados lle pincharan o outro ollo a ver se calaba. Xenial Servando nunha nova e atrabiliaria edición da Carreira da Xornada!!

SE O VELLO SIMBAB VOLVESE ÁS ILLAS ESTARÍA NO 3º ASALTO DA SUPERLIGA!!

Espectacular afluencia de público no 3º salto da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA na súa Conferencia NorLeste celebrado na pista polideportiva dos colexios se Mondoñedo. Os palanadores e palanadoras da LNB chegaban quentes ás terras de Simbad despois de ollar na noite anterior o espectacular video-documental da LNB emitido na galega . Un sol de xustiza como as xostras nas costas dos expertos golpexou duro para animar unha xornada que deixou unhas táboas clasificatorias que xa podedes consultar no web oficial da Conf.Norleste .
Na serie-A os rookies dos Piratas da Billarda Cristian e Lía comandan a clasificación con 16 puntos seguidos de preto por daniel e David, na Serie-B Hugo e o italo-galego Difranco son tete de course mentras que Gines invadido polo poder do proscuitto conseguido en asturies remonta ate a 3º posición seguido por un espectacular Marcos do Billadeiros Musicais que se cola tamén na clasificación de varados repleta de palanadores disa sonora franquicia. Pero se os cóbados sáen a relucir na clasificación buscando escalar postos na xeral na clasificación por equipos a cousa está que arde, comadan Billadeiros musicais con 57 puntos seguidos polos Remourelle bulls con 47 e polos Piratas da Billarda con 38 , pero a gran loita líbrase polo fondo da táboa , espectacular ascensión das Fanecas Bravas que empatan cunha irregular Ekipa a 25 puntos deixando ós Bíteres coma pechacancelas da táboa de franquicias , un equipo doente que necesitan urxentemente unha das vacinas do seu expalanador Xosé Manuel para recuperar o seu gran poder billardeiro e voltar á élite nite deporte que racha dentes!! ATENTOS Á PANTALLA PORQUE CHEGA A CARREIRA DA XORNADA!!

sábado, novembro 10, 2007

EXTRA , EXTRA >> A SALVAXE TRIBU LNB NO REC.CÁMARA DA GALEGA!!


ISTE SÁBADO A PARTIR DAS 21:00 NO PROGRAMA REC.CÁMARA DA GALEGA EXTREMECEDOR VIDEO DOCUMENTAL SOBRE A VIDA SALVAXE DENTRO DA LNB , NEN AS MÁIS RECÓNDITAS TRIBUS DA DO NATIONAL GEOGRAFIC PODEN COMPETIR COA ESPECTACULARIDADE DOS ABORIXES DO VARAL . ISTA NOITE INTERFERENCIAS NO SINAL TELE-VARAL EMITE POLA CANLE NACIONAL !!

quinta-feira, novembro 08, 2007

O GOLPE INVADE TERRITORIO ASTUR!! , espectacular entrada no plató-comedor do reporteiro estrela de TELE-VARAL, Juan Pico para entrevistar ós convidados do Golpe que se agolpaban na cabeza da mesa , Delfranco o gran palanador Italo-galego resposta ás preguntas realizadas polo Golpe nunha estrana lingua cercana ó italiano con retrousos evidentes mesmo do latín clásico dos poemas de Catulo, Albarín , foi outro combidado diste latexante e extremo late-show pero ante semellante trallazo mediático do golpe enmudeceu polos estalos da emoción e tivo que ser o ser compañeiro de selección Chema o que minimizara os danos colaterais recordando que iste domingo 11 en Mondoñedo desembarca a Superliga no seu 3º asalto e algúns alí buscarán vingarse do acontecido en Piyarnu. A cita iste domingo 11 apartires das 15:30 na pista polideportiva dos colexios de Mondoñedo.

terça-feira, novembro 06, 2007

DESCARGA A HISTÓRICA FOTO-REPICHOCA DOCUMENTAL DA I COPA CANTÁBRICA!!


O domingo 4 de novembro, pese a quen lle pese quedará marcado coma un día histórico no deporte galego coma o ferro quente na pel das bestas bravas . Dende semanas antes a tensión foise acumulando na expedición galega que a tan só tres semanas do primeiro embite oficial na primeira Copa Cantábrica vía como se destituía ó ate entón seleccionador galego Fernando Veiga, o nerviosismo era máximo e ante o desconcerto e de xeito case inmediato sorprensdendo a propios e extranos apareceu a excéntrica PxA ( Plataforma de xestión da Auténtica) que decidíu coller as rendas e embestir coa forza dun boi da chega emitindo a sempre polémica lista de convocados para defender á Galiza que serían dirixidos a pé de pista polo único que podería sacar iste gran proxecto a diante, Ismael, O Zidane da Billarda , era nomeado novo selccionador enfrontándose ó gran reto de gañar a I Copa Cantábrica da história. Todo estaba preparado , só Rafa , o palanador dos Tronos do Masma causou baixa na expedición da Galiza, todos, os 16 convocados estaban dispostos a deixar o pelexo en Piyarnu para tentar traer de volta a Copa Cantábrica, incluso David Fontán, o debutante palanador da Conferencia Noroeste que chegara dende a Coruña a noite do sábado para pasar noite en Ribadeo e poder subir á máxica Guagua da LNB descansado e en perfecta condición física.

O ambiete na Guagua indescriptible, co golpe , os paláns e as bandeiras viaxando na maleta e a ilusión sentada nos asentos , Luis , o xa mítico conductor dirixíu á tribu cara terras astures e realizou a tamén mítica parada Na Lupa , donde a espedición tomou a parva e donde se uniron máis expedicionarios que viaxaron en coche, todo estaba listo, primeiro o bandullo e despois o orgullo resoaban chegados de Chatada ista mítica frase dun tema dos Diplomáticos de Monte Auténtica sigue a raxatabla. De novo Luis ós mandos da Guagua , faltaban escasos km para aterrar en Piyarnu e Luis o noso chofer-dj como se nise instante fora posuído polo demo decidíu arrincar a guagua mentras estouran nos bafles tolleitos do bus as guitarras do recén estreado disco de Arredemo, o Rock invadíu á expedición e tensou os músculos para tentar en piyarnu alumerar a longa noite de pedra na que vive o deporte galego . Asturies agradaba sen medo ás tropas galegas, Xosé Pravia , o seleccionador Astur , sabía que as incorporacións de Rubén , o gran palanador de Teberga, de Urbano , o Gasol da Veiga e de Chema o temido xenio de Lluarca , podían ser decisivos xunto co xa coñecido potencial de Pablo, María ou David para derrotar á selección galega que a priori partía coma favorita .

E comezou o partido e todos os temores se fixeron realidade, , dos telefonos móbiles disparaban á mensaxes gz vence pr ast resite, e vaia se resistíu..... a mecánica do partido era desputar dous setos simultaneos e se ben, Galiza vencía nun , no outro Asturies vapuleaba polo que era inevitable o temible seto da morte ou do desempate, Ismael , o seleccionador Galego deu a lista cos 5 elexidos e Xosé Pravia tamén elexíu os seus palanadores para o treito final .

Arrincou a seto da morte e galiza púñase cun 0-2 sobre 5 , posible match point , que Hugo para a selección asturiana desfixo doblegando ó palanador galego , 1-2 e a pista de piyarno convertido nun auténtico fervedoiro con berros e apoio das afeccións e dos banquiños ós seus palanadores que ían desputar o tramo final , Chema contra Fram , outra vez Chema despois de desputar a xa mítica 1º carreira da xornada de história víase envolto nun acto histórico, decidir para donde ía a tan desexada polos dous países Copa Cantábrica de Lirio#billarda , e aquí surxíu a lenda do gran Match Point de Fram Folgueira , indiscutíbelmete o xoven palanador e debutante na auténtica foi o gran protagonista dista espectacular I Copa Cantábrica xa que decidíu co seu xá mitico semi-varado o destino final da Copa que se desoutaba desputada na pista polideportiva de Piyarnu entre asturies e Galiza.

Especial mención á gran aportación dos debutantes na Selección coma Delfranco, o italo-galego amosouse implacábel e xunto con Daniel , Calvete , Juán Pico e o campión galego de Varados , o Coruñés David Fontán dirixidos explendidamente dende a banda polo tamén debutante coma seleccionador nacional Ismael , O Zidane da Billarda, fixeron xunto con toda a expedición que Galiza acadara a tan desexada I Copa Cantábrica.

Asturies consolídase definitivamente coma un páis cun potencial billardeiro espectacular e crecente, a LNB consolida xunto coa Liga Nacional del Lirio un importantísimo epicentro en Piyarnu , incluso co explícito apoio e interese do concello de Castrillón por establecer iste coche como algo duradeiro e tentar de realizar máis torneos tanto individuais coma entre de clubes billardeiros entre ámbolos dous países .


En Piyarnu a LNB tamén estableceu contacto co outros colectivos do país veciño para relaizar actos conxuntos. A Copa Cantábrica coa forza das olas do cantábrico rompendo nas rochas consolídase coma únha espectacular competición con un futuro másu que sólido e incluso con posibilidades de incluír como pasa co 3 nacións de rugby no hemisferio sul incluír outa nación máis cantábrica en vindeiras edicións.

Pero non todo quedou ahí , a sidra a pé de pista calmou as tensión e fixo que ambas seleccións e afeccións voltaran á irmandade para disporse a compatir mantel e prato no xa mítico, Restaurante Casa Adolfo de San Miguel en Piedras Blancas , donde degustar o seu tradicional prato “ Tella de la Viella” xunto cunha descomunal fabada para coller forzas e desputar o gran desquite do interncional , chegaba despois do postre e do Golpe , o gran XAMÓN CANTÁBRICO , que se desputaba na pista anexa ó restaurante.

Un todos contra todos donde a dopaxe de emoción e licor ademáis de legal é case obrigatoria. Billardas ebrias cortando ar buscando ás presas o varal , resoaban os berros e a incertidume para decidir quen lle metería o dente ó deexado xamón cantábrico, e foron o avilesino Pablo , o killer do Quirinal quen se bateu na final contra o palanador de Celeiro de mariñaos Ginés, entre o lusco e o fusco desputouse a finalísima na que Ginés foi quen de doblega ó grande palanador astur.

Na dialéctica bravú ós máis grandes se lles chama gaiteiros en contraposición ó torueiro español, no deporte mais bravo que é a billarda-LNB no canto do orellas os máis grandes levan xamóns, xamóns para toda a orgullosa selección asturiana e toda a súa afección que recibíu a paus e con ansias de vencer a toda a expedición galega. Última parada no Bar Timo de Avilés a sede oficial da irmá Liga Nacional do Lirio , todo un luxo para as bravos e bravas que componen a Auténtica ter enfronte e ó lado á selección asturiana.

segunda-feira, novembro 05, 2007

HISTÓRICO MATCH POINT NA I COPA CANTÁBRICA DE LIRIO#BILLARDA!!

TELE-VARAL amosa en exclusiva mundial o histórico MATCH POINT BILLARDEIRO que desnivelou a balanza nun ate ise instante axustadísimo partido entre as selecións de Asturies e da Galiza na pista polideportiva de Piyarnu. O marcador amosaba un empate a 1 setos e os dous seleccionadores tirveron que elexir os 5 xogadores que desputarían o sempre temíbel seto da morte ou do desempate. Facemos caso ó dito e aforramos as mil palabras deixando que sexan as exclusivas imaxes de TELE-VARAL as que narren que selección foi a que levou a tan desexada I COPA CANTÁBRICA. E cos nervios aínda a flor de pel, improvisada rolda de prensa a pé de pista dos dous seleccionadores nacionais , Xosé Pravia por Asturies e Ismael, O Zidane da Billarda , pola Galiza analizan estre os estalos iste gran choque internacional entre dúas nacións aínda sen estado que rachou coa furia das olas do cantábrico cando baten contra as rochas. E moi atentos á explosiva Repichoca Fotográfico-Documental que o Varal vai ofrecer xunto coas increíbles aventuras do Golpe en terras astures.

domingo, novembro 04, 2007

EN BREVE NISTA SALA ....ASTURIES Vs. GALIZA MACH POINT!!

Espectacular entrega de TELE-VARAL, o único medio que acompañou á Galiza niste seu gran desafío internacional da Copa Cantábrica , vai servir en bandexa de prata , coma o gran prato do restaurante casa Adolfo la teya la viella e os cubatas na sede da irmá da Liga Nacional do Lirio no Bar Timo de Avilés, as imaxes para dicernir cal foi a selección do país aínda sen estado que se fixo coa desexada Copa Cantábrica de Lirio#Billarda, atentos á pantalla porque istas imaxes serán pese a quen pese, parte do arquivo histórico deportivo da Asturies e da Galiza.