ISTE VENRES 30 A TRIBU-LNB ASALTA AS BUTACAS E O ESCENARIO DO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO!!

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

Comeza unha fin de semana de emocións intensas para toda a tribo billardeira que acadará a súa total plenitude no primeiro recoñecemno oficial dos deportistas diste deporte que racha moldes . Iste venres 30 unha delegación da A.C.D O Varal que é quen coordina todos os movimentos da LNB , desprazarase ate o teatro Rosalía da Castro da Coruña para recoller o Premio á mellor iniciatica do deporte tradicional 2006-07 da man da Conselleira de Deportes da Xunta da Galiza Marta Souto durante a gala dos Premios Nacionais do Deporte Galego. Un recoñecemeto máis que merecido para todos os palanadores e palanadoras que contra ventos e mareas sementaron cos seus golpexos herdados de anos de sufrimeto e esquecemento a conciencia necesaria para dinamizar un deporte que moitos crían xa enterrado e lapidado.
Coa resaca aínda do acontecido ista find na Pista da Zapateira da Coruña donde se iniciou o a competición na Conferencia NorOeste da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA, o gran batuxo multicor da LNB avandoa momentánea augas do Atántico piscina para ista xoves 22 , apartir das 16 h , voltar a surcar de novo as salvaxes augas do cantábrico desembarcando na pista polideportiva de Tapia , no occidente Astur , para participar nun explosivo acto de promoción da Copa Cantábrica donde a TPA , a televisión nacioal do país Astur , vai desprazar un importante equipo técnico para gravar un video-documental coas grandes estrelas da súa selección e realizar un achegamento a iste deporte que está a rachar moldes tamén en todo o país veciño , porque se o río soa..... auga leva , avante deporte do Lirio avante Copa Cantábrica!!SOBRAN AS PALABRAS, BESBE A ROMPE O SILENCIO DE TELE-VARAL NA CONFERENCIA NOROESTE ENTREVISTANDO A UN DOS BRAVOS PALANDORES DOS XA QUE 60 , HISTÓRICO 1º VIDEO-ESTALO QUE ESNAQUIZA O XEO NA CIDADE DA CORUÑA!!
Iste domingo 18 na pista de Zapateira da Coruña cita histórica para o deporte Galego, xunto cos golpes do stick do Liceo os paláns da Conferencia NorOeste da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA van resoar en toda a cidade . Comeza a competición con catro franquicias sobre a pista para a partires das 16:00 h arrincar coa loita que desembocará no mes de maio en Compostela no fraticida play-off final polo título entre os mellores de cada Conferencia. Todo está preparado para iste domindo coller os paláns e coma xogadores de hockey sobre pés descalzos rachar coas cadeas de centos de anos de opresión deportiva, únete á tribu NorOeste dos aborixes do Varal!!
Mondoñedo acolleu unha nova edición do GOLPE , o late-show TELE-VARAL dirixido e presentado por Juan Pico realizou un espectacular contra cumio Ibero-caribeño coa presencia en plató de palanadores lusos e cubanos. Se Chavez foi unha impresionante metralleta verbal nista ocasión Juán Pico tivo que arrincarlle materialmete ás verbas a puñados a uns convidados que enmudeceron ante o tremendo impacto que sopón a presencia do Golpe.
CARMIÑA Vs GINÉS protagonizaron a agónica 3º CARREIRA DA XORNANA que TELE-VARAL ofrece en exclusiva mundial dende a pista polideportiva de Mondoñedo donde Juan Pico contou cos comentarios do mítico Servando , pese a ter un ollo revolto en sangue froito dun estalo de soldadura o bravo palanador dos bíteres donde pon o ollo pon o comentario polo que incluso desconcertando ós propios protagonista da carriera , realizou un espectacular varado verbal que case fai que lle os afeccionados lle pincharan o outro ollo a ver se calaba. Xenial Servando nunha nova e atrabiliaria edición da Carreira da Xornada!!

O GOLPE INVADE TERRITORIO ASTUR!! , espectacular entrada no plató-comedor do reporteiro estrela de TELE-VARAL, Juan Pico para entrevistar ós convidados do Golpe que se agolpaban na cabeza da mesa , Delfranco o gran palanador Italo-galego resposta ás preguntas realizadas polo Golpe nunha estrana lingua cercana ó italiano con retrousos evidentes mesmo do latín clásico dos poemas de Catulo, Albarín , foi outro combidado diste latexante e extremo late-show pero ante semellante trallazo mediático do golpe enmudeceu polos estalos da emoción e tivo que ser o ser compañeiro de selección Chema o que minimizara os danos colaterais recordando que iste domingo 11 en Mondoñedo desembarca a Superliga no seu 3º asalto e algúns alí buscarán vingarse do acontecido en Piyarnu. A cita iste domingo 11 apartires das 15:30 na pista polideportiva dos colexios de Mondoñedo.

TELE-VARAL amosa en exclusiva mundial o histórico MATCH POINT BILLARDEIRO que desnivelou a balanza nun ate ise instante axustadísimo partido entre as selecións de Asturies e da Galiza na pista polideportiva de Piyarnu. O marcador amosaba un empate a 1 setos e os dous seleccionadores tirveron que elexir os 5 xogadores que desputarían o sempre temíbel seto da morte ou do desempate. Facemos caso ó dito e aforramos as mil palabras deixando que sexan as exclusivas imaxes de TELE-VARAL as que narren que selección foi a que levou a tan desexada I COPA CANTÁBRICA. E cos nervios aínda a flor de pel, improvisada rolda de prensa a pé de pista dos dous seleccionadores nacionais , Xosé Pravia por Asturies e Ismael, O Zidane da Billarda , pola Galiza analizan estre os estalos iste gran choque internacional entre dúas nacións aínda sen estado que rachou coa furia das olas do cantábrico cando baten contra as rochas. E moi atentos á explosiva Repichoca Fotográfico-Documental que o Varal vai ofrecer xunto coas increíbles aventuras do Golpe en terras astures.