O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, junho 30, 2005

II TORNEO DA BILLARDA DE VERÁN

O domingo 3 de xullo celébrese na pista do San Bartolo de San Cosme de Barreiros, moi preto da praia das catedrais, o gran torneo peche de tempada. A partir das 18 h. da tarde iníciase o prazo de inscripción dos participantes niste gran torneo de verán. Xermán Viluba dos fungueiros de Lourenzá vai defender con uñas e dentes de lobo adoecido o título acadado na edición anterior da Billarda de Verán, será capaz iste salvaxe palanador do Castro ou calquer outro deportista das marxes de rematar co asoballador dominio dos Peta-pouco de Barreiros na competición da LNB?, de seguir nisa dinámica de triunfos sobre o despexado ceo de San Cosme vai sobrevoar a escura nuve da dopaxe , a organización da LNB está pensando en visitar nas vésperas do gran torneo ós palanadores e palanadoras sospeitosos nunha medida excepcional ó igual que se fai no deporte do ciclismo. Atentos á xogada porque todos os palanadores e palanadoras e incluso moitos dos afeccionados son posibles víctimas do botello do control anti-dopaxe . Únete á gran festa da billarda-LNB!! a nosa é a dopaxe máis natural: a da emoción, achégate á pista de San Cosme e emocionate con nós!!

Colle a carabana ardente do varal e pon rumbo a San Cosme de Barreiros, outro turismo é posíbel!! Posted by Hello

terça-feira, junho 28, 2005

Ó SOL QUE MÁIS QUENTA

Na LNB queremos agradecer a todos os palanadores e palanadoras que durante toda ista tempada estiveron competindo nos diferentes torneos que a LNB organizou por todo o país, a billarda sen vós non é nada, queremos agradecer tamén a todos os afeccionados que se achegaron ate as pistas de xogo para apoiar ós seus xogadores ou franquicias preferidas, todos somos necesarios para tratar de facer realidade da normalización diste nosos deporte chamado Billarda. Na LNB tomamos folgos istes meses de verán nos que agardamos que xurdan diferentes iniciativas para dinamizar a competición e extender a filosofía da LNB o máis lonxe posíbel. Agradecemos dende O Varal a todos os que se puxeron en contacto con nós, especialmente ós nosos amigos de Xil que tan boa acollida nos afreceron e á teima de Aitor da franquicia dos Palan-Ganas de Vigo por tentar con gran éxito espallar o deporte da billarda polas terras do Sur da Galiza. Agardámoste nas pistas de xogo co palán nas mans e a billarda nos dentes. Iste domingo 3 de xullo colle a toalla e o protector do sol e achégate a partir das 18 H . da tarde á pista do San Bartolo en San Cosme de Barreiros para a desputa do "II Torneo da Billarda de Varán", despois dun baño no mar non hai mellor cousa que uns golpexos para soltar o sal pegado ó corpo. bolei-praia, e por qué non billarda-praia? Outro deporte de praia é posíbel!!

A pista do San Bartolo en San Cosme de Barreiros é o esceario elixido pola LNB para voltar a desplegar a infraestructura da gran competición, elixe palán e billarda e achégate sen medo a participar da gran festa da billarda-LNB!!  Posted by Hello

sexta-feira, junho 24, 2005

ENTRE COMETAS E BILLARDAS

A pista do San Bartolo en San Cosme de Barreiros vai ser a sede do "II Torneo da billarda de Verán" que iste domingo 3 de xullo que a LNB prepara coma colofón de fin de tempada . Ista vez imos tratar de combinar a paixón de moitos deportistas do palán que practican tamén deportes de auga , polo tanto non esquezades as taboas , os traxes de neopreno e as cometas se queredes unirvos á serpe multicor que iste verán brila no ceo de San Cosme formado polas teas no ar dos practicantes de Kiteboard. Iste é motivo polo que o inicio do torneo se sitúa nas 18:30 da tarde e a hora da inscripción márcase para as 18 h. Praia e billarda en San Cosme de Barreiros, imperdible para os amantes das emoción fortes!!

Billardas e cometas sobreboando o ar de San Cosme o domingo 3 de xullo.
 Posted by Hello

ENTRA NO VARAL!!

Temos contactos temos poderes, a fisofía LNB empeza a espallarse polo mundo, despois da gran experiencia vivida cos nosos amogos e amigas de Xil, no Varal constamos que a billada-LNB está a acadar un recoñecemento internacionl, Italia foi o primeiro en dar sinais e agora o Brasil, Jarley é un palanador de Río de Janeiro que están tentando introducir o deporte da billarda-LNB no país carioca , dende o Varal imos dar todo o noso apoio para que ista iniciativa vaia para diante, se ti queres unirte ou crear unha delegación da LNB no teu país , na túa parroquia vila ou cidade non dubides en contactar coa dimensión LNB / ovaral@hotmail.com.

vivas donde vivas, entra no Varal Posted by Hello

DOSSIER DA PAIXÓN

A redacción do Varal está traballando a reo para a eleboración dos “Diarios da Guagua” un dossier imprescindíbel para todo aquel que está interesado no deporte da billarda-LNB. O antes o durante o a espectacular acollida que a delegación da LNB recibiu en Xil ( Pontevedra ) son dignos dun especial e de moito maís. Agardamos moi pronto poder voltar a xuntarnos todos os palanadores e palanadoras que vivimos isa histórica xornada. Mentras recordaremos ises intres de paixón co fenomenal documeto extraido dos arquivos fotográficos dos palandaores alí presentes. Non movades o dial!!

Chofer e co-piloto da Guagua charlan despois de deixar a expedición da LNB no pairao do Grove para probar os deliciosos caldos da zona , outro turismo é posible!!;Posted by Hello

terça-feira, junho 21, 2005

CLÍNIC DE VERÁN

A LNB organiza para o 3 de xullo a segunda edición do xa prestixoso torneo de verán, unha derradeira oportunidade na tempada para que os palanadores e palanadoras poidan amosar as súas cualidades para un traspaso de última hora ou para recuperar credibilidade ante unha tempada mediocre. Será no concello de Barreiros en Lugo pero nunha pista aínda por determinar, a LNB busca unha pista ó carón da praia para poder combinar os tres elementos de moda diste verán 2005, sol, mar e billarda. Gostaríanos tamén que os surfers, os pilotos de quads e de motos de peto e todos os bañistas en xeral sexan clásicos ou naturistas se sumasen á gran festa da LNB , pon a pel ó ar e desfruta do espectacular deporte da billarda!!

Xosé Mendez , o xove palanador de Xil é xa xunto con Cristian dos Marinos de Celeiro e Marta dos Caimaner@s de Ribadeo unha das grandes estrelas da LNB- xuvenil. / outro deporte é posible , achégate á LNB!! Posted by Hello

segunda-feira, junho 20, 2005

O DESXEO DA LNB

Igual que a neve dos cumios das montañas se derrete coa chegada dos quentes da primavera , os palanadores e palanadoras da LNB tamén necesitamos un periodo de relaxación despois da enorme tensión que impón o frenético ritmo da competición LNB. A partir de agora iníciase o proceso probas para a nova tempada, fichaxes e búsqueda de novos escenarios para os torneos, os despachos das principais franquicias da LNB son un ir e vir de representantes dos palanadores e palanadoras que buscan novo equipo ou que tentan blindar os contratos das súas super-estrelas contra calquer posible inxerencia externa. O varal continuará as súas emisións tratando de informar adecuadamente das evolucións e dos posibles trocos que se produzan dentro do organigrama da LNB. Collede os paláns e a adestrar para a próxima compaña e atentos ós posibles torneos de verán e xiras asiáticas que as franquicias poidan organizar. Unha aperta dende a redacción do varal!!

A LNB xa iniciou a busqueda de novos escenarios para a celebración dos Torneos da vindeira campaña. A cidade Río de Janeiro no Brasil xa é unha das posibles candidatas a acoller un campionato LNB . Rachando coas barreiras por terra mar ou ar!! / ovaral@hotmail.com Posted by Hello

quarta-feira, junho 15, 2005

HAI QUE METELOS!!

O Varal entra de cheo en campaña electoral , saboreade intensamente istes pequenos quesitos electorais nos que se divide o crónico do histórico Torneo celebrado na pista da Angustias da parroquia pontevedresa de Xil o domingo 12-6-05, comunicámosvos que xa estamos a traballar no suplemeto especial “ Diarios da Guagua” no que se contará polo miudo e con fotos exclusivas o acontecido nista marabillosa viaxe. Á mesa do churrasco , nos asentos da guagua e nos golpexos da pista conviven e se respetan as diferentes sensibilidades e tendencias que se apresentan nistas eleccións do 19 de xuño, sen nervios atopamos un espacio común de entendemento que é o deporte da billarda, oxalá que o próximo 19 todos e todas poidamos exercer en libertade e sen manipulacións de ningún tipo o noso dereito ó voto , dende o varal pedímoslle a todos os palanadores e palanadoras que saian á rúa e desfruten do que de seguro será un gran día para o futuro do noso país.

As pistas de xogo da LNB ademais dun espacio de suores compartidos son un lugar de respeto e de cordura entre os diferentes palanadores e palanadoras, outro deporte é posible!! sen nervios.
 Posted by Hello

terça-feira, junho 14, 2005

movémonos na Guagua

A pista das Angustias de Xil, no concello pontevedrés de Meaño acolleu un acontecemento histórico , a celebración do I Torneo do Varal marcou un antes e un despois para o mundo da billarda internacional . Palanaores e palanadoras da LNB convertiron a parroquia de Xil nun cocedeiro de paixón que desenvocou nun incríbel campionato con xogadores locais pelexando polo título contra palanadores e palanadoras das principais franquicias da mariña de Lugo , contra os Palan-Ganas de Vigo e contra os Auga-trubos de Mondariz. Os siadeiros de Xil xunto cos afeccionados desprazados na Guagua da LNB colapsaron as bancadas da pista das angustias nunha tarde inolvidable, o ambiente nos aledaños era dunha enorme intensidade , o olor do currasco misturábase coa tensión antes de iniciar a contenda, ás 4:30 entre os flashes da prensa local e internacional iniciouse o histórico partido.

un soño feito realidade, a guagua da LNB púñase en marcha levando no deu intrerior ós palanadores e palanadoras da mariña de lugo cargados de ilusión por coñecer ós amigos e amigas que agardaban en Xil.  Posted by Hello

UN PAIS NOVO / UN DEPORTE NOVO

A mesa de anotacións era un ir e vir de novos palanadores e palanadoras que se achegaban tentando apuntarse na competición e informarse de como ía a ser o descurrir do campionato. Despois dun intenso traballo dos membros da organización da LNB conformáronse os catro grupos de competición con catro xogadores cada un , para chegar a isto fixo falta unha rolda previa na que temos que destacar o bo facer disa diva da billarda local chamada Flora, cada golpexo dela era un clamor de aplausos e berros dos siadeiros locias que abarrotaban a pista da Angustias nunha histórica tarde na parroquia de Xil.

Xoan, o palanador de San Xusto chegaba ó torneo de Xil mentalizado para realizar un gran papel mais a mala sorte aliouse con el e non foi quen de pasar o previo de entrada nos grupos.
 Posted by Hello

GRUPO MIXTO I

Os emparellamentos situaron no grupo A a Ismael competindo con Gines palanador dos Marinos de Celeiro , con Verónica debutante palanadora na LNB pertencente os Auga-turbos de Mondariz e a un vello coñecido da afección , voltou o Gonzalo , o Cantona da billarda retornaba co seu particular xeito de competir pedíndolle vinganza a Xermán o palanador dos fungueiros que realizou só unha carreira en substitución dun Gines auente momentáneo , e que a perdeu ante un Gonzalo eufórico por resarcirse das feridas abertas na mítica final do torneo 2004 celebrado en Vilamar.

Antonio Calvete foi unha das grandes estrelas do campionato , cun xogo totalmente agresivo meteuse no peto ós siadeiros da pista central de Xil que aplaudían cada golpexo do veterano palanador de Barreiros.
 Posted by Hello

GRUPO MIXTO II

O grupo B veu marcado pola presencia de palanadores locais que participaban por primeira vez nun torneo LNB, Xosé Pintos e Xosé Manuel Camiñas foron as grandes estrelas do torneo que recibían a cada golpexo do palán sobre a billarda o apoio incondicinal dos afeccionados de Xil que desexaban ver un dos seus desputando a gran final do campionato. Urbano dos Caimaneros de Ribadeo completaba grupo xunto con Fran Cousillas chegado directamente de San Xenxo para a disputa do torneo internacional de billarda na pista central da parroquia de Xil.

Camiñas , impresionante palanador local que no seu primeiro encontro coa LNB quedou a un paso de colarse entre os elexidos para a loita polo campionato na pista central da parroquia de Xil.
 Posted by Hello

GRUPO MIXTO III

O grupo C contaba cun novo competidor LNB, Suso Taller deixaba por un intre a chave inglesa e agarraba o palán para tentar facerse un oco entre os galácticos da billarda, completaban grupo, Vicente , o Beckham da ponte da pedra , Servando e Ana da franquicia de Lourenzá. O grupo D contou con dous debutantes , Serxio dos Auga-turbos de Mondariz e Antonio Calvete que utilizou demostrou moi bos xeitos froito da súa veterana coma palanador das marxes, Aitor dos Palán-Ganas de Vigo e Ana dos Petapouco de Barreiros completaban iste complicadísimo grupo.

Serxio dos Auga-turbos de Mondariz facía o seu debut xunto coa súa compañeira de franquicia Verónica en competición LNB
 Posted by Hello

LNB EXTRAPARLAMENTAR

Os cuartos de final sempre son uns enfrontametos a cara de can, deixan fóra da loita polo título a palanadores e palanadoras coa mel nos beizos, polo que se supón a eliminación quizais máis amarga, Gonzalo, o Cantona da Tilleira e o palanador de San Xenxo Fran Cousillas sufriron iste amargo trago nos seus enfrontamentos con Urbano e con Ismael, por outra banda Ana que acadaría o premio á mellor muller clasificada quedaría eliminada fronte a un potentísino Servando e Vicente de Lourenzá caía ante o poderoso golpexo de Aitor, que dende a súa espectacular chegada a Xil no seu carro vermello deixou claro que viña a polo título que en Celeiro de Mariñaos se lle resistira.

Gonzalo, o Cantona da Tilleira quedou fóra da loita polo título pero puido vingarse dunha anterior derrota sufrida nunha final LNB contra xermán dos fungueiros de Lourenzá
 Posted by Hello

segunda-feira, junho 13, 2005

MÁIS LNB

Por desgraza , ningún dos palandores locais puido situarse na recta final que marcan as semifinais, foron Urbano da franquicia dos Caimaneros de Ribadeo totalmente resucitado despois da súa copilotaxe na Guagua da LNB quen se enfrontou a un concentradísimo Isamel, “O Zidane da Billarda” fóra do seu espacio natural quería demostrar que en cuestion de galácticos el, sen dúbida , é o número 1 , Servando despois das previas nas que fixo dous Varados meteuse nas semifinais para enfrontarse a un Aitor da franquicia Viguesa d@s Palán-Ganas que viña disposto a todo despois de rillar no churrasco e de repor forzas para un torneo con connotación moi especiais para el xa que era o primeiro que se disputaba en terras Pontevedresas. En ningún intre Aitor tivo medo dos latigazos cos que Servando trataba a billarda , niste último tramo do campionato o palanador dos Petapouco de Barreiros perdeu contundencia e deixoulle paso libre ó palanador Vigués para meterse na gran final de Xil.
O cansancio das horas na ruta foi unha das causas que motivou o baixo rendemento na semifinal dun Urbano que estaba en racha pero que ante o Zidane da Billarda hai que estar a un 200 % para poder deixalo K.O , o parecido físico do palanador dos Caimaneros con Anxo Quintana propiciou moitas incertidumes na pista central de Xil xa que un murmuio durante todo o campionato cuestionaba a posible ausencia dun mitin do candidato a presidente da xunta por achegarse á pista das Angustias a xogar á billarda-LNB.

Enorme expectación nas bancadas ardentes da pista central das Angustias de Xil para seguir o desenrolo das semifinais donde nen Pintos nen Camiñas. ambos palanadores locais, pudieron colarse , mais entre as charamenas da emoción non perderon ollo dos golpexos dos seus contrincantes.
 Posted by Hello

REPÚBLICA BILLARDA

A cuestión é que a final a tres asaltos enfrontaba a Ismael “O Zidane da Billarda” e a Aitor, candidato a deputado no parlamento galego pola FPG que como se dun cara a cara se tratara preparábase concienzudamente despois do bo papel realizado no anterior Torneo de Celeiro de Mariñaos para acadar definitivamente o título nun grand slam LNB. Ante a tenta mirada duns siadeiros entregados á causa Aitor iniciou carreira competindo con palán LNB e deixando aparcado o seu material de golpexo aínda que mantivo ate o final a billarda de propia construcción coa que estivera adestrando antes de achegarse á pista de asfalto de Xil.
Mais, qué se pode facer ante un Zidane da Billarda en racha? Coma se dun furacán de xogo se tratase Ismael bateu a Aitor en só dous asaltos, dúas carreiras foron suficientes nunha final disputada ó mellor de tres para demostrar que a día de hoxe Ismael , o Zidane da Billarda é o lider indiscutible da competición , con iste van tres títulos LNB acadados de xeito consecutivo, un Amstrong da billarda que vai camiño dos 5 torneos consecutivos sen despeitearse, a guagua da LNB vai ter que seguir buscando contrincantes para iste autentico palanador prodixio, queres ser ti o seguinte en pasar pola pedra? / ovaral@hotmail.com

Ismael "O Zidane da Billarda" desputou a lume de biqueira fronte a Aitor dos Palan-Ganas de Vigo a histórica final na pista das Angustias de Xil.
 Posted by Hello

sexta-feira, junho 10, 2005

CITA NAS ANGUSTIAS

A pistas das Angustias na parroquia de Xil vai acoller o Super-Torneo internacional de billarda que a LNB organiza no concello pontevedrés de Meaño. A saída do bus que transportará a palanadores e afeccionados ten hora de partida das 8 da mañá dende a praza do concello de Barreiros do domingo día 12 de xuño para chegar á taberna da Cancela que vai recibir á expedidición polas 12 da mañá. O campionato dará comezo a partir das 16 horas na pista das Angustias, vémonos entre as charamenas da emoción!!

outros galácticos son posibles!! Posted by Hello

quarta-feira, junho 08, 2005

CAZADORES LNB

A libreta do seleccionador galego de billarda Fernando de Recemil e dos olladores das principais franquicias da LNB van botar fume o domingo día 12 na pista das Angustias de Meaño para tomar nota das evolucións dos palanadores e palanadoras que a partir das 16 h. se den cita no Super - Torneo Internacional de billarda , achégate e coñece iste espectacular deporte e entra de cheo na danza das fichaches para a seguinte tempada , tipodes ser o traspaso máis caro da historia da LNB ou ise reforzo estrela que unha franquicia necesita.
Outros galácticos son posibles!!

Fernando , o seleccionador LNB , non perderá ollo das evolucións dos palanadores e palanadoras na multiusos de Meaño. Posted by Hello

quarta-feira, junho 01, 2005

IMOS ALÓ!!

O domingo 12 de xuño a A.C.D O Varal en colaboración co concello de Barreiros organiza a viaxe de palanadores e palandoras da mariña de Lugo ás terras do concello pontevedrés de Meaño donde a LNB vai organizar un Super Torneo ó que non pode faltar ningún palanador nen afeccionado que se precie. A pista da Angustias vai ser o marco no que se despute iste histórico campionato de billarda, ademáis os membros da expedición imos poder desfrutar do vermú na romaría do San Cibrán e dos caldos e tapas dos difrentes furanchos asentados no campo da festa e arredores. Se queres unirte ós aventureiros da LNB non tes máis que porte en contacto con nós ovaral@hotmail.com / 619.570976 e reservar o teu asento na guagua da LNB, se estás na liña de ruta entre Barreiros e Meaño tamén te recollemos e te deixamos de volta, referímonos a posibles palanadores ou palanadoras de Abadín , Vilalba, Guitiriz, Compostela, Padrón ,Caldas de Reis ou calquer otro sitio que nos quede de camiño, podedes darnos o toque para unirvos á gran expedición LNB. O trofeo para o gañador do Super-Torneo de Meaño vai ser unha cesta especial composta `por productos galegos da costa norte e sur do país, dende as fabas de Lourenzá ate o viño Albariño pasando como non , por unhas cereixas cortresía do cereixeiro do varal, únete á gran festa da billarda – LNB!!

A guagua da LNB quenta motores para o domingo 12 de xuño áss 8 da mañá partir da praza do concello de Barreiros transportando as grandes estrelas da billarda mundial, únete á constelación LNB!!
 Posted by Hello

O CEREIXEIRO DO VARAL

Comenza a tempada das cereixas e as beiras das estradas de todo o país son tomadas por vendedores imposibles que ofrecen os seus productos ós incrédulos conductores . No Varal temos por norma non facer apoloxía comercial pero iste é un caso especial, situado no aparcamento do restaurante O Asador no concello de Barreiros, xusto ó carón da rotonda que divide a estrada para Foz , Ridadeo e Mondoñedo , atopamos enfundado en chupa de coiro negro e co seu deportivo de asentos de pel de leopardo a un auténtico galáctico entre os vendedores de cereixas , na súa mesa desmontábel da praia ofrece o en pequenas caixiñas de madeira as mellores cereixas que se poden atopar no mercado tanto negro coma blanco, xa sabedes , freade o coche e mercade unhas cereixas tres estrelas, coidado con tirar as caguñas polo ventano do carro!!

Proba as cereixas do cereixeiro do varal!!
 Posted by Hello