O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 13, 2005

MÁIS LNB

Por desgraza , ningún dos palandores locais puido situarse na recta final que marcan as semifinais, foron Urbano da franquicia dos Caimaneros de Ribadeo totalmente resucitado despois da súa copilotaxe na Guagua da LNB quen se enfrontou a un concentradísimo Isamel, “O Zidane da Billarda” fóra do seu espacio natural quería demostrar que en cuestion de galácticos el, sen dúbida , é o número 1 , Servando despois das previas nas que fixo dous Varados meteuse nas semifinais para enfrontarse a un Aitor da franquicia Viguesa d@s Palán-Ganas que viña disposto a todo despois de rillar no churrasco e de repor forzas para un torneo con connotación moi especiais para el xa que era o primeiro que se disputaba en terras Pontevedresas. En ningún intre Aitor tivo medo dos latigazos cos que Servando trataba a billarda , niste último tramo do campionato o palanador dos Petapouco de Barreiros perdeu contundencia e deixoulle paso libre ó palanador Vigués para meterse na gran final de Xil.
O cansancio das horas na ruta foi unha das causas que motivou o baixo rendemento na semifinal dun Urbano que estaba en racha pero que ante o Zidane da Billarda hai que estar a un 200 % para poder deixalo K.O , o parecido físico do palanador dos Caimaneros con Anxo Quintana propiciou moitas incertidumes na pista central de Xil xa que un murmuio durante todo o campionato cuestionaba a posible ausencia dun mitin do candidato a presidente da xunta por achegarse á pista das Angustias a xogar á billarda-LNB.