O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, junho 28, 2005

Ó SOL QUE MÁIS QUENTA

Na LNB queremos agradecer a todos os palanadores e palanadoras que durante toda ista tempada estiveron competindo nos diferentes torneos que a LNB organizou por todo o país, a billarda sen vós non é nada, queremos agradecer tamén a todos os afeccionados que se achegaron ate as pistas de xogo para apoiar ós seus xogadores ou franquicias preferidas, todos somos necesarios para tratar de facer realidade da normalización diste nosos deporte chamado Billarda. Na LNB tomamos folgos istes meses de verán nos que agardamos que xurdan diferentes iniciativas para dinamizar a competición e extender a filosofía da LNB o máis lonxe posíbel. Agradecemos dende O Varal a todos os que se puxeron en contacto con nós, especialmente ós nosos amigos de Xil que tan boa acollida nos afreceron e á teima de Aitor da franquicia dos Palan-Ganas de Vigo por tentar con gran éxito espallar o deporte da billarda polas terras do Sur da Galiza. Agardámoste nas pistas de xogo co palán nas mans e a billarda nos dentes. Iste domingo 3 de xullo colle a toalla e o protector do sol e achégate a partir das 18 H . da tarde á pista do San Bartolo en San Cosme de Barreiros para a desputa do "II Torneo da Billarda de Varán", despois dun baño no mar non hai mellor cousa que uns golpexos para soltar o sal pegado ó corpo. bolei-praia, e por qué non billarda-praia? Outro deporte de praia é posíbel!!