O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, junho 21, 2005

CLÍNIC DE VERÁN

A LNB organiza para o 3 de xullo a segunda edición do xa prestixoso torneo de verán, unha derradeira oportunidade na tempada para que os palanadores e palanadoras poidan amosar as súas cualidades para un traspaso de última hora ou para recuperar credibilidade ante unha tempada mediocre. Será no concello de Barreiros en Lugo pero nunha pista aínda por determinar, a LNB busca unha pista ó carón da praia para poder combinar os tres elementos de moda diste verán 2005, sol, mar e billarda. Gostaríanos tamén que os surfers, os pilotos de quads e de motos de peto e todos os bañistas en xeral sexan clásicos ou naturistas se sumasen á gran festa da LNB , pon a pel ó ar e desfruta do espectacular deporte da billarda!!

1 Comments:

  • At 12:46 PM, Blogger Turzi said…

    Alá haberá algún representante dos PALANGANAS. Temos que prepararnos para a vindeira temporada.
    En fin, vémonos na pista!
    Saúde e billarda.

     

Postar um comentário

<< Home