O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, junho 14, 2005

movémonos na Guagua

A pista das Angustias de Xil, no concello pontevedrés de Meaño acolleu un acontecemento histórico , a celebración do I Torneo do Varal marcou un antes e un despois para o mundo da billarda internacional . Palanaores e palanadoras da LNB convertiron a parroquia de Xil nun cocedeiro de paixón que desenvocou nun incríbel campionato con xogadores locais pelexando polo título contra palanadores e palanadoras das principais franquicias da mariña de Lugo , contra os Palan-Ganas de Vigo e contra os Auga-trubos de Mondariz. Os siadeiros de Xil xunto cos afeccionados desprazados na Guagua da LNB colapsaron as bancadas da pista das angustias nunha tarde inolvidable, o ambiente nos aledaños era dunha enorme intensidade , o olor do currasco misturábase coa tensión antes de iniciar a contenda, ás 4:30 entre os flashes da prensa local e internacional iniciouse o histórico partido.