terça-feira, março 31, 2009
domingo, março 29, 2009
IM-PRE-SI-O-NAN-TE!!!
Mentras o mundo refrega os ollos coa fazaña dos Brawn GP Button e Barrichello en Melbourne, nós pomos o ollada no Frontón de Riazor e refregamos os ollos ante a espectacular estética video-clip do video-estalo do acontencido en Salceda de Caselas, TELE-VARAL abraza as linguaxes visuais máis radicalmente contemporaneas baixo unha electrizante Banda Sonora que terás que ter os pés chantados no chan para non porte a bailar coma posuído polos espíritos dos Mentawai. E para continuar en trance pásate polo web oficial da Conf. Sur e deixate deslumbrar polo espectacular programa fin de tempada regular do vindeiro sábado 4 de Abril . Danzade , malditos danzade!!
sexta-feira, março 27, 2009
INMERSIÓN TOTAL CORUÑESA ISTA FIND CON FESTA ANIVERSARIO E ASALTO REGULAR NO FRONTÓN DE RIAZOR!!
quarta-feira, março 25, 2009
MENTAWAI E A LNB , AFIANDO OS DENTES E LENDO AS TRIPAS PARA COÑECER O FUTURO!!
domingo, março 22, 2009
ENTRA A PRIMAVERA BILLARDEIRA EN BOIRO E XOVE!!
Equilibrios na corda frouxa, así o representaba o maxistral palanador galego -cubano Miller da Irmandade San Caetano e así o vemos na clasificación da Conferencia NorOeste despois do espectacular penúltimo asalto regular celebrado no Pavillón do concello de Xove. Impresionante ademáis deposi de coñecer que a entrada na primavera nos traía novas extraordinarias dende Boiro , donde os compañeir@s do C.S Aturuxo podían por marcha un Aberto de Billarda para celebrar o seu aniversario grazas en parte , á chamada de movilización dende istes regos escritos ós activistas da LNB do Barbanza, billardas e paláns na casa sempre dispostos a entrar en loita!!
Chema , auténtico revulsivo para os Billardeiros Musicais que voltan a telo niste último treito de tempada a pleno rendemento , en Xove motivou totalmente ó seu equipo e o seu carisma voltou a impregnar toda a tribo do Noroeste que xa o botaba de menos.
Espectacular aspecto das bancadas que por intres recordaban os momento de emoción vividos pola afección irlandesa cando o sábado no estadio de Cardiff , vía a súa selección de rugby vencer por 15 a 17 a Gales proclamandose así vencedora do 6 nacións, Tonho.eu, o Brian O'Driscoll galego da xeración de ouro da billarda verde.
Os Outros , franquia revelación da tempada a única capaz de por en perigo o poder dos Billardeiros Musicais e os Remourelle Bull, atentos a como queda despois diste asalto de Xove a clasificación por equipos porque será sangue a regos a que se súe no último salto de Ferreira do Valadouro para lograr o pase do equipo para o Play Off Nacional de Compostela.
E como final de festa , concurso de triplas cara á Autoxestión>> 1 euro por minuto, aproveitando a boa tarde e o luminoso pavillón de Xove a LNB puxo en marcha despois do asalto regular iste espectacular competición de 12 billardas nun minuto que fixo que o gran palanador dos Remourelle Bulls Marcos se fixese coa espectacular botella de viño da LNB despois de facer 8 dianas.
sexta-feira, março 20, 2009
CAMIÑO DE XOVE....QUE TRIUNFE O AMOR EN CERVO!!
Mentras en Boiro iste sábado toman ar para apagar as velas do aniversario do C.S Aturuxo en pleno corazón da mariña occidental luguesa toda a Conferencia Norleste conta os minutos e segundos cara atrás para iste domingo verse as caras no Pavillón de Deportes do concello de Xove apartires das 16 h.
E como non podía ser douto xeito a serpe multicor da LNB quere SOLIDARIZARSE totalmente cos veciños da veciña localidade de Cervo que piden a berros que as autoridades competentes limpen xa o famoso PASEO DOS NAMORADOS que está aínda invadido polas árbores caídas polo pasado ciclón Klaus que azoutou completamente a mariña de lugo donde ten o seu epicentro a furiosa Conferenica Norleste. Avisamos , se caeron as árbores co anterior furacán qué caerá iste domingo cando os ventos furacanados dos palanadores e palanadoras da LNB comecen a soprar no pavillón de Xove a partires das 16 h . Afronta o Norleste o seu penúntimo asalto regular con cobadazos nos fuciños por entrar no play off nacional pero pese ás pólas no camiño dos namorados e os empurrons e as xostradas en tódalas clasificación na LNB sabemos que acabará triunfando o amor por riba das árbores caídas e todo o exercito de namorados poderá voltar ceibe de canas ó paseo dos namorados de Cervo. LNB golpes de amor e odio!!
quarta-feira, março 18, 2009
O GRAN RETO DA FIND , QUE AS BILLARDAS VOEN EN BOIRO, ATRÉVESTE?
terça-feira, março 17, 2009
ABRE AS ÁS E OS OLLOS E VAI ELEXINDO XA O TEU PUNTO DE ATERRAXE!!
Coma Jeb Corliss, o estadounidense que subíu a un helicóptero e lanzouse ó vacío a unha velocidade de 190 kms. por hora para aterrizar con éxito sin paracaídas. A LNB ve moitas similitudes coa acción que Jeb denominou The Wingsuit Landing Project, un chimpo sen paracaídas a toda velocidade donde a única alternativa é aprendermos a volar se non queremos dar cos fuciños no chan . Montados no helicóptero do All Stars a centos de pés de altura botámonos ó vacio para afrontar no NorLeste "o penúltimo" asalto regular no concello de Xove antes do Play Off Local que transporte ós clasificados para o Nacional e pola parte do Barbanza acenden os fachos do aniversario do Local Social Aturuxo de Boiro donde haberá tamén billardas polo ar nista explosiva festa de cumpreamos . Atento pois donde decides aterrar e recorda que tamén polo sur se prepara a espectacular mutación xíbara en forma de competición entre franquicias.
sábado, março 14, 2009
CONCURSO DE MATES, SABOREA A MARABILLOSA GUINDA DO ALL STARS_09!!
Unha semana tan intensa coma ista na que revivimos case minuto a minuto os estalos diste Billarda All Stars que fixo que as billardas da LNB penetraran por primeira vez na historia Ourense só podía por a guinda final co tan agardado reportaxe do concurso de mates, malabarismos, afumados, nerviosismo, carraxe, atrevemento , ousadía...son só algúns dos calificativos que utiliza Daniel para calificar iste auténtica xoia....
e moi atentos ó tramo final diste espectacular video-estalo no que o subtituto dun extenuado Juan Pico entrevista na mesma praza maior , diante do Concello de Ourense , ó motivadísimo finalista do concurso de triplas Toño Randeeira que analiza o que fixo para non acadar as tan desaxadas Uñas do ALL Stars e Xosiño , o palandor da Ekipa que analiza as similitudes entre a Galiza e a súa segunda patria Tailandia na que o Tuc-tuc , as motos de tres prazas son o tranaporte nacional polo que nun futuro próximo e dependendo de como dé o vento pode que teñemos que trocar as visións da Guagua pola visións dos tuc tucs.
quinta-feira, março 12, 2009
MATES E CRIPTONITA TAMÉN NO BILLARDA ALL STARS OURENSE_09!!
quarta-feira, março 11, 2009
CHUPI E KURTINAITIS ... AS AUTÉNTICAS LENDAS DOS CONCURSOS DE TRIPLAS!!
O baloncestista Rimas Kurtinaitis, campión olímpico coa URSS, en Seúl 88, aceptou no 89 a invitación para tomar parte no concurso de triplas da NBA que se desputaba ise ano en Houston. A presencia de Kurtinaitis supuxo a primera vez que na gran festa da NBA participaba un xogador que non actuaba en Estados Unidos. Para él, unha das figuras do Zalgiris Kaunas da época supuxo o gran reto de ser o primeiro europeo en participar niste espectacular concuro que na LNB tomanos dende fai anos coma propio pero que nista edición do All Stars Ourente_09 adquriu dimensión estratosférica. Non despeguedes os ollos da pantalla porque no espectacular video-estalo de TELE-VARAL podedes sentirse o alento e as estelas das grandes estrelas da LNB afinando punteiría, se Rudi fernández homenaxeou a Fernando Matin , no concurso de tripas un dos finalistas Toño Randeeira tamén homenaxeou ó seu gran ídolo revolucionario crucificado mentras que o seu tocaio dos Furabolos amosou e pegada máis sexual lucindo orgulloso o número 69 da súa xa cotizada camiseta....Chupi do Sur só ante o perigo de tres finalistas do Norleste , Victor , Toño e Calvete , pero ista vez Chupi non se deixou sorprender como cando se enfrontou ós zombis da noite ribadense antes do loita polo año mouro do pasado interparroquial , ista vez chantou a tempo a billarda no enorme corazon dos inimigos!!
E para triplas contra o colesterol as que puidemos ver ontes no programa Ruta66 da Galega donde Serxio , Leti , Jano e demáis trupe Xaruta e da Treu da Conferencia NorOeste puxeron a disparar billardas ós xubidaos que percorren o país en busca de emocións fortes, polo vos convidamos esteñas xubilado, parado, de baixa ou en activo a seguir na sintonía de TELE-VARAL para ver o espectacular concurso de Mates que pode deixarte sen alento...
terça-feira, março 10, 2009
TELE-VARAL OFRECE EN EXCLUSIVA MUNDIAL AS IMAXES DO BILLARDA ALL STARS_09!!
Nun intre no que a LNB estuda introducir o deporte da billarda nos centros penitenciarios do país é o momento de ofrecerlle ós milleiros de reclusos e ó resto de mulleres e homes libres que non puideron estar na explanada do Couto a tan agardada ración do gran potaxe do All Stars, Daniel cociñeiro oficial nista nosa cárcere de barrotes de ilusión chamada TELE-VARAL sírvenos iste manxar en forma de expléndido video-estalo para que saboreemos toda o acontecido na súa total plenitude. Ginés dos Corneria Team levou a tan desexada Cachucha do All Stars Ourense_09 e todos os demáis levamos unha orgullosa victoria ós meteoritos das adversidades. Naraboa a to@s e non troquedes de canal para ver o explosivo concurso de mates e triplas!!
segunda-feira, março 09, 2009
……E A APOCALIPSE INVADÍU OURENSE CO BILLARDA ALL STARS!!
Olladas de incredulidade desprendían os ollos dos centos de transeuntes que durante a mañá do domingo 8 de marzo pasaban e se quedaban a ollar a que había montada na explanada frente ó Couto. A LNB apostou firmemente por un modelo de visibidade social polo que o barullo , a combulsión e explosividade dun evento distas características é un risco totalmente asumible para lograr, o que entre tod@s , ista mañá de marzo conseguimos , que por primeira vez na historia as billardas da LNB invadisen as rúas da cidade de Ourense, primeiro no All Stars e depois do xantar de irmandade , a fonte das burgas, a praza maior e os parques da cidade ourensé fosen un fervedeiro coma nunca antes de billardas polo ar. Album Foto-varal*
Siareiros galegos convidaron á LNB e a LNB aceptou o reto, tres guaguas dende cadansúa conferencia chegaron á explanada do Couto dispostos a berrar presentes!!
Arrincou a festa co concurso de tripas unha modalidade billardeira que ademáis da forza e precisión esixe un poderoso fondo físico, unha conta atrás contra o tempo e o espacio , 1 minuto , 12 billardas e un Varal ise é o gran reto , espectacularidade a raudales que situou coma finalistas ó especialista do Combinado do Oeste Chupi e a tres mestres do Combinado Leste, Victor , o motivadísimo Toño para loitar polos rabos e un rexuvenecido Calvete que acadaron ambos catro 7 dianas.
Final na que as estrelas do Leste pagaron a falla de experiancia nista esixente competición na que Chupi máis curtido na materia materializou 5 dianas , só unha máis ca os seus rivais do Leste.
E comezou o Aberto All Stars no medio das probas de son de Skarnio e o pre-quencemento dos Siareiros na barra e a pé de pista con litronas , calimotxos e bengalas , fervía o ambiante no medio das billardas ardendo e os cánticos dos houligans galegos.
E pese a tormenta de watios, as carreias das estrelas da pista do Aberto á pista de tripas donde se desputaba o concurso simultáneamente o partido das estrelas foi sortenado todos e cada un dos meteoritos para saír adiante situando na final a dous palanadores do Combinado Leste , atención á gran estrela local Bulli , o primeiro palanador que reconstrúe billarda que se converteu niste all stars no referente absoluto da emerxente sección ourensá da LNB atopouse na final do Aberto das Estrelas coa máquina dos Cornería Team Ginés de Celeiro de Mariñaos....poderían a nova billarda de Bulli vencer ó xeito tradicional de Ginés de entender o noso tan querido deporte, neutróxeno líquido ou caldo galego??
Centos de ollos chantados no gran ule da pista para saborear o xogo servido nos dous pratos finalistas. Nista ocasión dous golpes mestres foron necesarios para que Ginés vencese á nova e impredecible billarda de Bulli á que lle lle faltaron as especaias necesarias para botarlle a man á Cachuca do All Stars que quedeu en poder do poderoso palanador de Celeiro de Mariñaos.
Comazaba Skarnio a sesión vermute cando se inciaba a última e máis agardada modalidade do All Stars , chegaban os mates no medio do fume vermello das bengalas que caéron á pista, espectacularidade ó máximo nas coreografías grupais do Furabolos, nos debuxos de Juan Pico e o Zidane , Rubén e Chupi , Paloma e Markito , a perfomance creada por Toño e incluso o tento de mate a cegas dun palandor ouresá que pechou o concurso atando unha bufanda polos ollos que poderiamos intitular coma “Matarse Matando” .
Cocido de Irmandade no Mesón Manolo, único reconstituínte posíbel para os deportistas da LNB que chegaban case extenuados sentarse diante do prato , carne fresca , touciño , chourizos reventóns para establecer un empate técnico entre o Leste e o Oeste e por así punto e seguido no gran reto da dignificiación e expansión por todo o país do noso deporte da billarda....preparádevos porque xa sabedes que a billarda OU ENTRA OU REVENTA!!
sexta-feira, março 06, 2009
CHEGA A APOCALIPSE BILLARDEIRA CO ALL STARS OURENSE_09!! [preme]
O meigo do Varal anunciou xa unha melloría do tempo que comezará na tarde do sábado polo sur do país polo que de seguro que en Salceda de Caselas se desputará o Aberto puntuábel ó ar livre e para domingo todas as prediccións do miego son óptimas de sol e fervedura para todo o día nas terras de Ourense. Pese a todo os compañeir@s de sirareiros xa teñen disposto unha gran carpa para en caso extremo poder desputar baixo cuberto o All Stars.
A XERACIÓN´PATEIRA
Na universidade de Liverpool acaban de aprobar a cátedra Beatles e cultura pop , dende istes regos escrito facemos una chamamento á USC para que inclúa entre as súas carreiras a de LUAR e adaptibilidade ós rexímenes , impresionate o diste tinglado que incluso chegou a acoller un intre histórico para o deporte da Billarda.
Foron millóns os espectadores que unha noite de venres asistiron ó poderoso parto do Xeración´Pateira , durante a acción billardeira dun comando da LNB para a presenteción dun dos primeiros All Stars un estrano lapsus lingue da nosa estrela mediática cegado seguramente polos focos da carraxe dixo a promonitoria verba que quedaría marcada para a história convertindo a Zapateira na nosa auténtica Pateira na que fuxir da miseria social , económica de deportiva na que os estamentos deportivos da época nos tiñan sumidos.
Iste domingo en Ourense haberá unha gran e poderosa representación da Xeración´Pateira e inclusive un dos seus membros Ghanito do referencial web Apocalipse do Porco que acaba de confirmar a súa asistencia para defender as cores do Combinado Oeste tentaremos que sexa el , que diariamente oficia de matachín dixital , que sexa quen realizace a apocalíptica entrega de premios da Cachuca , as uñas e os rabos ós campións ou campionas do All Stars Ourense_09.
E para facer boca quedades co espectacular video-estalo do concurso de mates da edicón do ano pasado do All Stars realizado na Pateira...Preparádevos para facerlle ver as estrelas ó imperialismo iste domingo a paritres das 12 h. en Ourense!!
quinta-feira, março 05, 2009
A OURENSE POLA CACHUCHA , O RABO E AS UÑAS DO ALL STARS!!
..e atención porque iste Sábado en Salceda de Caselas retornará a loita por subir ó ascensor do Play Off Nacional, alí , no campo datrás do pavillón ou nise mesmo se chove se decidirán estratexias para o All Stars ó que poderán asistir todos os palanadores e palanadores na primeira GUAGUA DO SUR , consultade os horarios akí
Pase o que pase ó día seguinte os palanadores e palanadoras do Sur avandoaran temporalmente as súas loitas na clasificación para estrear a Guagua do Sur que os leva ate Ourese desputar o All Stars. Alí na pista da Chave ó carón do Couto atoparémonos todos , incluidos estalos do antigo goberno que elixen como non podía ser doutro xeito, os paláns e as billardas coma a única e mellor arma posíbel para comezar a facer oposición....se estades fart@s da oposición parlamentar, achégate iste domingo ó Couto loitar pola Cachucha de Aberte e pola bandexa de uñas de Baltar!!
quarta-feira, março 04, 2009
SIAREIR@S GALEG@S E A LNB.... DÚAS EQUIPAS , UMHA NAÇOM NO ALL STARS!!
Comezou a conta atrás cara ó BILLARDA ALL STARS_09 e xa se sinten os motores das Guaguas rumbar, Ourense agarda á gran serper multicor da LNB que se organiza de xeito maxistral , dende O NorOeste confirmase a poderosa alianza Siareir@s - LNB que lograron por en marcha conxuntamente todos os fachos dista histórica xornada do 8 M polo que na parada en Compostela da Guagua que arrinca ás 8:30 h da Coruña vai haber un importantísimo continxente de siareiros que se unirán ós Furabolos do Pino , isa franquicia que amiaza cunha espectacular serie de mates na que unhas das súas grandes estrelas, Xosé Antón, xa sufríu unha leve escordadura durante a preparación do mate que agardamos non merme en absoluto o seu importantísimo concurso na serie de Mates , Varados e no propio partido das estrelas. No Norleste xa toman impulso recordando o doce sabor do RIBEIRO co que posiblemente celebrar unha nova victoria do combianado do Leste mentras que na Conf. Sur preparan xa o seu Super-find Billareiro, sábado en Salceda para aínda coa sangue quente rematar coa maldición proclamando campión no partido das estrals ó Combinado do Oeste ó que pertencen.
SKARNIO NA SESIÓN VERMUTE DO BILLARDA ALL STARS OURENSE_09!!
terça-feira, março 03, 2009
A CACHUCHA DO BILLARDA ALL STARS OURENSE_09 XA ESTÁ A DESALAR!!
E coma o campión ou campiona do Aberto do All Stars non pode ir coas mans nen o bandullo valeiro , apresentamos A Cachuca do All Stars Ourense_09 , un espectacular e inaudito premio polo que loitarán coma cans famentos todos os palandores e palanadoras que iste domingo acudan a desputar o Aberto das Estrelas , atención porque baralláronse varios nomes para identificar a poderosa cachucha , Anxo , Emilio....pero por aclamación popular en incluso por riba do poder local que implicaba José Luis , a Cachuca do All Stars chamarase Alberte. E non queda a cousa ahí , o campión de Mates levará unha bandexiña de uñas de porco e o campión de triplas unha bandexiña de rabos , porque como sabedes do porco aproveitanse todo , ate os andares....
segunda-feira, março 02, 2009
CHEG0U 0 M0MENT0 ....... DA RESISTENCIA E AUT0XESTIÓN T0TAL!!
Fai case un ano o novo presidente galego arrincaba a súa precampaña electoral no parlamento galego botando pestes contra a práctica da billarda e sobre as supostas axudas a ista e outras prácticas da xa antiga xunta. A nova xunta de feijoó supomos terá outras prioridades antes que botarlle unha man (ó pescozo) á billarda do cal nos aledamos..... porque pode incluso quedar manco no intento. Sobran reflexións e demáis comedias, voltamos á autoxestión pura e dura na que sempre tivemos e moi atentos porque.... hai que abrir ben o ollo que asan carne!!