
Ista find todos os puntos de mira están postos na cidade da Coruña, epicentro da poderosa
Conferencia NorOeste que iste domingo 29 vai akupar de novo o xa case noso frontón de Riazor. Se fai unha semana era nas terras do Barbanza donde os compañeiros do
C.S Aturuxo de Boiro os que sopraban velas para celebrar o seu primeiro aniversario de activa loita social e cultural, e o facían pondo en marcha un espectacualar Aberto de Billarda co presenza disa gran franquicia nómade da LNB chamada
OS FURABOLOS DO PINO . Ista find Toño , Iván , Xosé Antón e demáis tribo Furabola teñen unha nova cita pero ista vez no campionato regular para tentar evacuar ós polo de agora indomábeis
XARUTOS da cabeza da clasificación por equipos que a defenden a cara de can e non parecen estar dispostos a ceder o liderato para iste ano representar é súa conferencia Atlántica na area do
Play Off Nacional de Conxo . Pero antes coma en Boiro, os irmáns do
C.S A Treu que como sabedes son franquicia LNB, teñen motivos para rendir a medio gas na pista de xogo xa que dende o xoves ate a madrugada do sábado estarán inmersos apagando os fachos de lume da celebración dos 5,5 anos de actividade dando estela e dinamizando a vida na cidade da Coruña. De
pulpiño Vias ós
Labregos no tempo dos Sputniks con dous soldados do exercito de liberación nacional dirixido por Celso Emilio ,
O leo e
García de DKTC ambos solidarios a morte
"cos perseghidos da billarda" como eles mesmos nos calificaron e para guinda final o sábado estarán
Skarnio cos que a tribu LNB xa danzamos baixo as vengalas vermellas no pasado e
Billarda All Stars de Ourense. A soprar as velas , abanear o esquelete e tentar mater o equilibrio para o domingo golpexar o carabullo coa forza necesaria...
.felicidades e 1.000.000 invernos máis para A Treu e toda a súa xente!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home