![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgOMspypCC8I0TX5yRcKVGPcz0RGkPSWW5jorFD3xoAR1-kQ3U5rfMLQ4AkUe0w2dPqeT0Un_sa_MKGeqs9wnp7CpeX59tIBnqKbzk42sab6W0mVQ39bfoCUcHI_Q1j3MZIexiKOg/s400/cartaz+boiro+aturuxo.jpg)
Como vedes no cartaz, iste sábado 21 xa está marcado tamén no calendario da LNB e sobre todo serve para facemos unha poderosa chamada ós palandores e palanadoras do Barbanza que o corpo lles pida guerra ista find , dende o propio
C. S Aturuxo coméntannos que non teñen nen material deportivo nen xente instruída no noso desporto e nós respostamos que iso non era impedimento nengún senón un espectacular reto polo que
recordamos que os que se animen a acudir á chamada da xungla virxe billardeira de Boiro vaian armados ate os dentes con paláns , billardas e cámara de fotos para achegarlle ó mundo o poder e bravura dos primeiros pasos da LNB no concello de Boiro, e se xa o tes claro antes do sábado que vas exercer da pasamosche o contacto de
Charo : 650877046 para que vaia pondo firmes ós activistas do Aturuxo ante a acción revolucionario-billardeira que se aveciña.
NEN UN PASO ATRÁS , NEN PARA COLLER IMPULSO!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home