O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 09, 2009

……E A APOCALIPSE INVADÍU OURENSE CO BILLARDA ALL STARS!!


Olladas de incredulidade desprendían os ollos dos centos de transeuntes que durante a mañá do domingo 8 de marzo pasaban e se quedaban a ollar a que había montada na explanada frente ó Couto. A LNB apostou firmemente por un modelo de visibidade social polo que o barullo , a combulsión e explosividade dun evento distas características é un risco totalmente asumible para lograr, o que entre tod@s , ista mañá de marzo conseguimos , que por primeira vez na historia as billardas da LNB invadisen as rúas da cidade de Ourense, primeiro no All Stars e depois do xantar de irmandade , a fonte das burgas, a praza maior e os parques da cidade ourensé fosen un fervedeiro coma nunca antes de billardas polo ar. Album Foto-varal*

Siareiros galegos convidaron á LNB e a LNB aceptou o reto, tres guaguas dende cadansúa conferencia chegaron á explanada do Couto dispostos a berrar presentes!!


Arrincou a festa co concurso de tripas unha modalidade billardeira que ademáis da forza e precisión esixe un poderoso fondo físico, unha conta atrás contra o tempo e o espacio , 1 minuto , 12 billardas e un Varal ise é o gran reto , espectacularidade a raudales que situou coma finalistas ó especialista do Combinado do Oeste Chupi e a tres mestres do Combinado Leste, Victor , o motivadísimo Toño para loitar polos rabos e un rexuvenecido Calvete que acadaron ambos catro 7 dianas.


Final na que as estrelas do Leste pagaron a falla de experiancia nista esixente competición na que Chupi máis curtido na materia materializou 5 dianas , só unha máis ca os seus rivais do Leste.

E comezou o Aberto All Stars no medio das probas de son de Skarnio e o pre-quencemento dos Siareiros na barra e a pé de pista con litronas , calimotxos e bengalas , fervía o ambiante no medio das billardas ardendo e os cánticos dos houligans galegos.

E pese a tormenta de watios, as carreias das estrelas da pista do Aberto á pista de tripas donde se desputaba o concurso simultáneamente o partido das estrelas foi sortenado todos e cada un dos meteoritos para saír adiante situando na final a dous palanadores do Combinado Leste , atención á gran estrela local Bulli , o primeiro palanador que reconstrúe billarda que se converteu niste all stars no referente absoluto da emerxente sección ourensá da LNB atopouse na final do Aberto das Estrelas coa máquina dos Cornería Team Ginés de Celeiro de Mariñaos....poderían a nova billarda de Bulli vencer ó xeito tradicional de Ginés de entender o noso tan querido deporte, neutróxeno líquido ou caldo galego??

Centos de ollos chantados no gran ule da pista para saborear o xogo servido nos dous pratos finalistas. Nista ocasión dous golpes mestres foron necesarios para que Ginés vencese á nova e impredecible billarda de Bulli á que lle lle faltaron as especaias necesarias para botarlle a man á Cachuca do All Stars que quedeu en poder do poderoso palanador de Celeiro de Mariñaos.



Comazaba Skarnio a sesión vermute cando se inciaba a última e máis agardada modalidade do All Stars , chegaban os mates no medio do fume vermello das bengalas que caéron á pista, espectacularidade ó máximo nas coreografías grupais do Furabolos, nos debuxos de Juan Pico e o Zidane , Rubén e Chupi , Paloma e Markito , a perfomance creada por Toño e incluso o tento de mate a cegas dun palandor ouresá que pechou o concurso atando unha bufanda polos ollos que poderiamos intitular coma “Matarse Matando” .

Pero foi Chupi de novo o que cun mate de utilizando tres billardas se faría coas uñas que o acreditan coma vencedor dun concurso de mates que cando menos non deixou indiferente a nadie, remitimos ós video-estalos de TELE-VARAL donde poderedes ver en plenitude toda a espectacularidade diste concuso no que os tres xuices representantes de cadansúa conferencia da LNB o tiveron realmente difícil para elexir campión entre a auténtico derroche de creatividade.

Cocido de Irmandade no Mesón Manolo, único reconstituínte posíbel para os deportistas da LNB que chegaban case extenuados sentarse diante do prato , carne fresca , touciño , chourizos reventóns para establecer un empate técnico entre o Leste e o Oeste e por así punto e seguido no gran reto da dignificiación e expansión por todo o país do noso deporte da billarda....preparádevos porque xa sabedes que a billarda OU ENTRA OU REVENTA!!