O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, junho 30, 2010

O ABERTO DO C.S. SETESTRELO ACHEGOU MÁIS CA NUNCA AS BILLARDAS ÁS BESTAS DA MÍTICA RAPA DE SABUCEDO!!


Este sábado 26 celebrouse no Campo Municipal da Baiuca o 1º Aberto de Estornela Vila da Estrada às 18:00. Participaron paleadores da Estrada, Touro, O Pino e San Xenxo. Esta acto en enmarcouse no 2º Aniversario do C.S. Setestrelo. Istas son as emociandas verbas coas que o palanador da Estrada , Davide Senem , ilustra a súa galería de fotos do feis do Aberto . A tan só unha horas que Davide e os seus compañeiros se boten ó monte para buscar as bestas para o curro de sabucedo , é un intre perfecto para pensar nun futuro Aberto da Rapa das Bestas que despois da semente deixada no C.S Setestrelo de seguro que será inevitábel....


De novo as billardas amiazaron un campo de futbol e intensifcan o cada vez máis o intenso ruxe ruxe que sitúan á LNB coma convidado á festa celebración na casa dos parentes de Vilamarín Pequeno do galego Diego Armando Maradona , e mentras o Jabulani roda sumérxete de xeito urxento na espectacular actualización do web blog oficial da Conferencia centro para coñecer os crónicos e campións do Aberto de Setestrelo e no multitudinario Aberto da República Galega.

O RETORNO DO GRAN GOLPE!!


Foi no pasa interparroquial celebrado na explanado do Eroski de Ribadeo donde se producíu o tan agardado retorno do gran Golpe ás pistas de xogo acompañado ademáis disa gran referencia do noso desporto chamado O Zidane de Billarda. Juan Pico volta ós platos de Tela-Varal e fixoo con onvidados de luxo, con delegación internacional chegada dende Asturies comandada polo comandante Liriu , tamén coñecida coma Hevia, pasando por Xosé María o palanador máis xove e poderoso da LNB que pide sitio a berros , os campións nacionais Os Outros e os proclamados coma campión do Año case Mouro , Os Billardeiros Musicais , pero a gran estrela do retorno do Golpe foi sen dúbida , a esplosiva entrevista que o Golpe lle fai ó Año a mans dos seus novos posuidores. E por se non fora pouca a añada, en Remourelle ( Ribadeo ) o vindeiro venres 30 de Xullo se vaise desputar o Aberto do FestivalON para , atención , gravar a lume de carozo a tan agardada curta O Golpe II , gravación á que toda a tribo está convidada para o Aberto , a Gravación da Curta e á festa final na que se ceará o Año case Mouro do parroquial.

ARXENTINOS?? .....NON, RIDICULISTAS E PALANADORES!!


Foron moitos os palanadores e palanadoras que iste pasado martes se uniron á excursión a Valença organizada polos compañeiros do Sei o que , e cal foi a sorpresa condo instalados na praza para seguir cos nosos irmáns portugueses o partido de oitavos, os nosos irmáns non nos recoñecían e pola cor das nosas bandeiras crían que eramos Arxentinos..... pois a verdade é que temos que agrceder que os nosos irmáns lusos nos abriran os ollos xa que sen Portugal en loita, o gran referente para os siareiros galegos é apoiar á selección dirixida por ise auténtico galego de pro-chamado Diego Armando Maradona , con parentes directos no mítico Vilamartín Pequeno ( Barreiros) e que de seguro de gañar o mundal virá celebrat cos seus familiares e coa xente da LNB que coma a man de deus ben sabe , periodicamente celebramos un Aberto na pista do San Xoan Degolado....Diego diríxenois a nós tamén!!

segunda-feira, junho 28, 2010

AS BILHARDAS LUSAS CHAMAN POR NOS, ISTE MARTES EXCURSÂO A PORTUGAL!!


Quen dixo medo? a LNB despois dun espectacular find con Abertos que van deixar pegada, atentos ós estalos que van saír, afronta un reto máis autotuneando os carros coa faixa da LNB e pondo a todo volume a segunda entrega no ipod do vehículo do Sonar-GZ para unirnos á excursión que iste martes os irmáns de sei o que nos figestes realizan para seguir intensamente na veciña Valença cos siareiros portugueses en irmandade lusófona o partido que a paritres das 19 h. ( hora galaico-portuguesa ) pode situar ós xogadores de Queiroz en cuartos de final . Sinte pois a chamada de Rui Serpa que dende a Bragança ten en marcha un dos principais blogs da lusofonía mundial e que moi pronto terendes no Varal afiando nas súas poderosas BILHARDAS..., a semana pasado dous referenciais palanadores do Norleste déron o paso, Flores e Suso estiveron en terra lusa , agora tócate a ti demostrar que coma eles , ti temén abriches o ollos , iste martes excursâo a Portugal... bilhardas en Valença!!

sexta-feira, junho 25, 2010

NARÓN, A ESTRADA , A FONSAGRA, ESTACIÓNS DO TREN DE LUME E XEO DA LNB QUE CHEGA A XESTEDA PARA CELEBRAR A REPÚBLICA GALEGA!!


Arrincamos o noso tren de seo e lume no gran Aberto que o domingo se vai celebrar na estación vella de trens en Xesteda ( cerceda) no marco da gran celebración do 79 aniversario da proclamación da república Galega, celebración que os palanadores e palanadoras da LNB recordan cada instante no que o plán golpexa a billarda>> contacto: 654.232108

I ABERTO DA FONSAGRADA [ CAUSA GALIZA- LNB ]

Como era posíbel que o concello máis grande da Galiza non tivera aínda o seu aberto de Billarda? Pois iste sábado e por medio dos irmáns de Causa Galiza apartires das 16 h na praza do museu iste meigallo vai chegar ó seu fin, ademáis premio de luxo para a campiona ou campuón do Aberto xa que será un botelo con denominación de orixe na tripa e no contido. contacto >> 671.216213

I ABERTO DE ESTORNELA/BILHARDA DA ESTRADA (Cantina e Música)

*Sábado 26

E se na Fonsagrada aínda non cheramos a Estrada tamén eran alleos ó orgulloso fungar das estornela da LNB mais iste sábado edentro dos actos de celebración do II Aniversario do C.S Setestrelo as billardas buarán no valeroso chan do campo de futbol da Baiuca para á noite deixarlle todo o protagonismo sonoso ó irmáns de Mencer Vermello e Sem Resposta

16:00 ( Campo de futebol da Baiuca)

(Colaboram: Exmo. Concello da Estrada e Liga Nacional de Bilharda)

22:30 CONCERTO no C.S. SETESTRELO: Mencer Vermello e Sem Resposta

Contacto: 629.986727

II ABERTIHO ÁRTABRO NO FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA!!


E se queres coñecer moita da esencia e dos porqué diste lume que imparábel percorre galiza e europa enteira moitas das respostas as poderá atopar iste sábado no serán no mítco Abertinho Ártabro , o primeiro e histórico Aberto que se fixo nun festival ó que retornan famentas as billardas da LNB da súa herba e dos seus sons de combate . contacto>>637971387

quinta-feira, junho 24, 2010

GHOLPE DE BILLARDA EN SABAXÁNS....AO VIVO ISTE VENRES NO MOINHO DE PEDROSO!!


E por se non fora pouco o retorno das billardas da LNB no serán do sábado ó referencial festival da terra e da lingua de Narón perpetrado polos irmáns da fundaçom artábria , unhas horas antes o inciao do II Aberto Ártabro , o venres na noitiña os panadereitos de Maghua estrearán durante a súa explosiva actaución o espectacular estalo que aportan á República Billarda e que xa podedes desfrutar no seu atroador e poderoso myspace. E atención porque mentras as compañeiras pandereteiras de Brisas do Quenllo preparan a inminente invasión sonora e billardeira en Lituania os Maghua xa argallan un tour por centro europa no que tamén os paláns e estornelas estarán presentes....Aturuxos e gholpes de billarda!!

quarta-feira, junho 23, 2010

SINTE O ESTALO DENDE TOURO MENTRAS TE PREPARAS PARA O RETORNO DA LNB Ó MÍTICO FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA DE NARON!! [preme]


Espectacular o estornela-estalo o capturado por Radio-Varal , como sabedes iste pasado domingo Touro ferveu co viño e coas estornelas ademáis o mítico Luis Rial estivo alí coma enviado especial do programa da mañá da Radio Galega para entrevistar a Toño dos Furabolos e á gran campiona Nacional Carmela dos Trouleiros que se converte xa nun dos grandes atractivos da poderosa Conferencia Centro xunto don Hugo campión Nacional de Varados. E por se non fora pouca bravura Luis Rial entrevista a un palanador de Arzúa que nos informa que a billarda nisas teras do queixo se denominaba " COITO " .... un motivo máis para entermos o porqué disa éxtase absoluta da palanadora e palanador cando o palán golpexa a billarda.
ULTIMA HORA : CONFÍRMASE O MÍTICO ABERTO ÁRTABRO DE BILHARDA NO MARCO DO FESTIVAL DA TERRA E DA LÍNGUA DO MOINHO DO PEDROSO ( NARÓN )
Pero se de éxase falamos temos que referirnos á gran nova de última hora xa que se confirma para iste sábado no serán a gran e emocionante nova do II Aberto ärtabro de Billarda no marco do referencial Festival da Terra e da Língua do Moinho do Pedroso en Narón donde estarán golpexando nas billardas os gherrilheiro-pandereteiros de Maghua para pola noite gholpexarlle ás pandeirotas no esceario , é pois un luxado confirmar que depois duns cuantos anos en coma-billardeiro volta coa forza dun xabarín ferido ista mítico Aberto que inaugurou a entrada da revolución LNB nos festivais do pais. Ademaís teremos á emerxente tribo billa das terras do Eume botando unha man na coordinación diste mítico Aberto que despois do exitazo colleirado no Festifolk de Mugardos o exercito de Cabanas coa comandante Tania ó fronte van por a bailar ás billardas da LNB nun festival do que nunca tiveron que ter liscado..... Avante o fungar dos billardas en terra ceive ártabra!!>> taniasanjuan_11@hotmail.com / 637971387

terça-feira, junho 22, 2010

CHEGA O VERÁN , COLLE A CASA ÁS COSTAS E MERGÚLLATE NO MAR DE VARADOS!!


-Espazo Billarda na Universiade de Vigo >> iste mércores 23 de 15.30 a 17.30 no> campo de rugbi da UVigo. Xosé Henrique Costas será o coordinador da futura Conferencia-UVigo da LNB e estará alí para recibirnos e exercer de introductor ós membros do Comité Olimpico Internacional. / xosemanuel.sardinha@uvigo.es / 660.285643

-Aberto do San Xoan en Teis co que o C.S.A O Guindastre acende o gran lume dista mítica noite cargada de mitoloxía galaica / xuventudeinkedateis@gamail.com / 647.190789

17:00 h: Aberto de Bilharda.
Lugar: Centro Cívico de Teis, no campo de fútbol sala.
Inscripción libre e gratuita no mesmo Centro Cívico antes de comezar.
Ademáis, cantina e xogos populares.

20:00 h: Actuacións e música en directo.

22:00 h: Sardinhada popular e fin de festa guindastreira.
Lugar: Praza do Mercado, O Toural.

00:00 h: Fogueira de San Xoán organizada pol@s veciñ@s.
Lugar: Maceiras, Bichita.

-Aberto do Sam Paio na Estrada sábado 26 ás 16 horas campo de fútbol da Baiuca , coordina O CS Setestrelo e a LNB / davidesenem@hotmail.com / 629.986727

-Aberto da Fonsagrada sábado 26 ás 16 h na Praza do Museu , Aberto coordiando por Causa Galiza e a LNB, un botelazo aborixe e con denominación de orixe será o premio para o campión ou campiona_ / aureliolopesramom@gmail.com / 671.216213

-Aberto da República Galega 79 aniversario / domingo 23 - 16 h>> a festa e os actos parelelos farán-se na estaçom velha de Gesteda (Cerzeda), abandonada ao passo do AVE, e situada à beira do Lenguelhe:

Vários colectivos da comarca de Ordes (A.C.Lucerna, A.C.Foucelhas, A.C. A Aldraba, A.C. A Revoltosa), de Bergantinhos (A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos) e de Santiago (a Comissom de Memória Histórica da Gentalha do Pichel) estamos a organizan para o 27 de Julho umha festa comemorativa do 79 Aniversário da proclamaçom da República Galega, efectuada em Compostela durante a greve dos trabalhadores do caminho-de-ferro no 27 de Junho de 1931, justo antes das eleiçons às Cortes Constituíntes da República Espanhola , e no marco dista gran celebración inscríbese o Aberto que ás 16 h . diste domingo 23 vai encher de Billardas a estación vella de Gesteda - acdfurabolos@hotmail.com / 654.232108 /

segunda-feira, junho 21, 2010

ANHELKA , O AÑO CASE MOURO DA LNB , MARCA O GRAN REXURDIR DOS REFERENCIAIS BILLARDEIROS MUSICAIS!!


[Foto-Varal Año_10] Anhelka, 0 sempre polémico e indomábel Año case Mouro da LNB saíu da corte disposto a despedir a primavera xunto cos palanadores e palanadoras que o sábado en Mugardos desputaban o Aberto do festifolk e o domingo xunto cos aloitador@s que en Ribad´Eu polo año en Touro desputaban na mañá un intenso e multitudinario Aberto do Folk en Río , unha intensidade que se voultou a repetir no serán Coruñés co Aberto da Romaría do lecer na praza de Santa margarida coordianado polo referenciais xacarandaina.


Con Anhelka a pé de pista nunha pista codificada con raias continuas e sons ovino-billardeiros que nun find de combulsión sonora en tódolos Abertos, o Año Mouro establecía paralelos de modernidade só comparáble ó Sonar Galiza que dende o venres convertíu a Cruña no campo de batalla do home contra a máquina , conecta co espectacular programa especial de Radio Oceánica que o cosmonauta dos Ancares Sak vestido coa Coroza do mítico e-music e cun equipo de enviados especiais ó planeta Sonar realizaron diste festival que o domingo tivo a súa primeira entrega, sen verbas , sen comentarios....fomos quedando S.O.S , o mar , as máquinas e máis nós!!


Mención moi especial ó combinado Asturiano que se achegou ate Ribad´eu desputar o Año Mouro , os machetadores do Quirinal Liriu Espor non temeron ós derrubamentos na estrada que comunica ambos paises e acudiron cheos de orgullo e sidra compartir espazo coa tribo do Norleste . Pravia, Hevia , Juan e Guillermo foron os catro xinetes da apocalipse asturiana que participaron cos seus poderosos lirius e machorras na grande tormenta de billardas pasando a formar parte da potente mitoloxía do año mouro da LNB , beizóns ó comando astur do Quirinal e agardamos xa intensamente poder ir loitar polo , aprazado polas chuvias, pitu caleya de Piarnu ou por calquera cousa que se mova....


Nista edición ademáis do tan desexado Año a organización decidíu agasallar cun trofeo non comestíbel e polo tanto perdurábel ós campións e grandes protagonistas do Troneo, Xose María , o xove palanador dos Billardeiros Musicais levou o agasallo ó palanador máis novo e bravo deixando á vista que os poderosos B.M teñen un futuro deslumbrante.


Anelka pasa a formar parte da gran história dos B.M un triunfo que lles falataba no seu bandullo-bitrina e que por fin acadan non sen loita nen sufrimentos xa que Os Outros coma segundos e a selección mais Koreana do Norte do campionato Vilamar que incluso tivo que soportar por parte de palanadaores dos Bulls a inxuria de que un dos seus palanadores "Martinho" non se presentara á loita polo año porque pedira axilo político en Remourelle. Billarderios Musicais no Año Mouro e Iván dos Firabolos en Touro no Aberto do Folk en Río foron os grandes triunfadores dunha xornada que moi pronto saberemos como foron as enganchadas de Mugardos e da Coruña.

...e como nos comentaba Xosé a Antón dos Furabolos comeza xa un verán de intensidade máxima de Aberto en Aberto, despedimos pois a primaveira co espectacular estalo co que Markitos dos B.M fai unhas semanas voltou conseguir a Coroza que o acredita coma novo Campión Nacional. Vémonos niste gran Mar de Varados que agora comeza!!

sexta-feira, junho 18, 2010

MUGARDOS, TOURO , RIBADEO E A CORUÑA......O PERIGOSO VOLCÁN DA LNB NON CESA E CONTINÚA A ESCUPIR SONS E ACTITUDES !!

SÁBADO 19 >> ABERTO DO FESTIFOLK
16 H / Parque Municipal San Xoan de Piñeiro - Mugardos -

_ contacto: 650.731353

Un luxazo poder comezar a find billardeira cun fenomenal Aberto no marco do referencial festifolk de Mugardos , Muxarega , Os 3 trebóns , Ruxe-Ruxe e Ulträcäns faran chimpar a un público xa quente despois de zouparlle dende as 16 h ás Billas no multitudianrio Aberto que van coordinar as xentes da tribo billa que con epicentro en Cabanas amiazan con extender a febre billa por todas as terras do Eume, non o dubides .....se andas por preto ou non sabes que facer iste sábado bótate a Mugardos porque vai ser disas accións que deixan pegada no subconsciente colectivo!!

-DOMINGO

I Aberto do Folk en Río>> Eu Vou!!
11 h / Campo da festa de Touro

_contacto: 654.232108

Folk in Río 2010 comeza ás 11:00h do domingo 20 de xuño co I Aberto de Billarda no campo da festa de Touro e nel participarán os mellores palanadores e palanadoras da LNB (Liga Nacional de Billarda). Dende as 12h ata as 15h. terá lugar o "I Concurso de Cantos de Taberna" polos bares da vila. Ao final do percorrido polas tabernas de Touro, todos os grupos cantarán unha peza no campo onde se desenvolve o festival, na Área Recreativa da Santaia. A continuación a festa desprázase ata a área recreativa do río Santaia Alí, a carballeira e os prados que rodean o río estarán transformados nun espazo ateigado de artesáns, de exposicións fotográficas, mostra de vellos oficios, etc. Un lugar onde se repoñerán forzas para continuar coa festa xa que haberá postos de polbo á feira, carne ao caldeiro, churrasco e outras viandas

INTERPARROQUIAL_10: A POLO AÑO MOURO!!
12 H. / APARCAMENTO DE EROSKI - RIBADEO -

_contacto: 605316896 / lnb.norleste@gmail.com

A mañán comenzaremo-la loita contra as 12,00 h., logo faremos unha comida de hirmandade no Gaiteiro en Santa Cruz, que nos sairá a 10,00 € e voltaremos o terreo de xogo para continuar a loita. De momento son 8 os equipos apuntados ainda que pode aparecer algún mais.
É convinte que entre hoxe martes e mañán mércores si algún equipo quere apuntarse o faga xa.
Os equipos serán de 5 xogadores ainda que poderán xogar con un mínimo de 4 e un máximo de 8. Xogarase ó xeito que se fixo en Conxo, e decir todos xuntos en carreiras de 8 xogadores (un xogador de cada equipo) e irase puntuando según se acade o varal. O equipo que mais puntos consiga será o gañador do Año. É unha boa ocasión para ir perfilando os equipos de cara a vindeira tempada e tamén para que se unan a serpe multicolor da LNB todos aqueles que sintan bulir no su peito a rebolución billardeira. Veña! Bulide e non o deixedes escapar! Todos a loitar polo año mouro da LNB. Billarda sempre e adiante co Varal.

ABERTO DA ROMARÍA DO LECER:
19 H / PARQUE DE STA. MARGARIDA - A CORUÑA -

_contacto: 645.592174

O domingo 20 de xuño realizarase a tradicional Romaría do Lecer. Este acto dará comezo ás 11,30 horas e finalizará sobre as 20,30 horas. O programa inclúe a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, baile de salsa e merengue, acordeón, guitarra, bailes de salón... Contaremos tamén coa actuación do grupo de baile “Les Ayalgues d´Ayer” de Cabañaquinta (Asturias) que realizarán unha exhibición do baile tradicional de Asturias. Están programadas tamén actividades paralelas pensadas para todas as idades: aulas abertas de folclore (para todos os que o desexen), obradoiros para rapaces, contacontos, ginkana... Poderase aprender a xogar á billarda ou á chave ou observar unha demostración das palilleiras da Asociación. Para os máis pequenos cóntase con inchables e xogos populares, onde varios monitores ensinarán a xogar aos máis novos, diversión garantida! E, para ofrecer a posibilidade ao público de gozar durante todo o día desta Romaría, contarase con bochinche, pulpeira, churrasco e rosquillas e lambonadas.

quarta-feira, junho 16, 2010

APUNTA , DISPARA......PORQUE ISTA FIND HAI UN ABERTO MOI PRETO DA TÚA CASA!!


- si si , dende o Xa Chegou saudos a todos os parentes de Pyongyang!!
Ista puido ser unha das cento de locucións emocionadas que dende as diferentes quedadas organizadas para seguir á selección de Korea do Norte que xuntaron fronte ó televisor a centos de palanadores e palanadoras da LNB , e atención porque distas quedadas pode saír o primeiro Aberto internacional da LNB fóra do cerco ibérico_ Polo momento vai facendo o makuto porque adiantamos axenda para iste movido find que nos vén enriba:

- Sábado 19 de Xuño :

-Domingo 20 de Xuño:

O Año Mouro do Interparroquial_10>> Aparcamento do Eroski Ribadeo
competición por equipos, sesión de mañá 12 h / xantar de irmande: 10 euros / sesión de tarde: 16:30 h / inscripción por palanador para a autoxestión do año: 2 euros.

Aberto do Folk en Río: Os amigos de Acasdu e da LNB invítanvos a un aberto de billarda ás 11:00 h. e logo un concurso de cantos na taberna e para rematala concertos folk na área recreativa da Santaia (Touro). Estades todos convidados.....Non faltedes.

Aberto da Romaría do Lecer: No parque de Santa Margarida na Coruña apartir das 19 h realizarase un Aberto de Billarda coordinado polos irmáns de Xacarandaina , a danzar e a palanear na coruña ista find!!

terça-feira, junho 15, 2010

VUVUZELAS NAS PISTAS DE LNB?? POR SUPOSTO!! O SON DA XUNGLA GALAICA NOS ABERTOS DA LNB E NAS QUEDADAS DO MUNDIAL!!


Imposíbel ollar cara outro lado como se nada pasara, o mundial de fútebol invadeo todo e nós por unha vez dixámonos colonizar polo laparada de vida e cor sudafricana que istes días invádeo todo, ademáis é moi posíbel que sexamos dos poucos que defendamos totalmente o uso das trompetas autóctonas que imitan o son dos "alifantes" que diría o grande " xestal " que chaman vuvuzela , un son brutal e enxordecedor que a LNB xa pensa adaptar ás súa pistas de xogo para invadir de orneos de burros fariñentos , muxidos de bois da chega , cacarexos de galiñas piñeiras ou croadas de ras de Cospeito cada Aberto da LNB . E como por imperativo legal ninguha selección defende a nosa terra no céspede sudafricán sumánonos ás ferventes mostras de apoio en todo o país que está recibindo a Auténtica Vermella en torno á cal no seu debú diste martes se puxo en marcha a rede de taskas auspiciada polo gran referente futbolisto no país que son os irmáns de Siareiros Galegos , para seguir segundo a segundo os seus movementos , moitos dos palanadores e palanadoras da LNB estarán apoiando a Jong Tae-se e ó seus compañeoiros na súa gran aventura sudafircana, para e toma un viño na rede de taskas: Bar Cabaleiros en Lourenzá , A Cova Céltica e Bar Faluya na Coruña , Bar O Cruceiro no Concello do Pino , C.S Madia-Leva en Lugo, O C.S Almuinha de Marín ( seguirase por radio-pyongyang xa que non hai televisión ), O Caranguexo en Moaña , O Cabaliño en Mos, C.S Faisca en Vigo , O Valeco en Mondoñedo , O Xa Chegou e o Trafalgar en Compostela e o Nevada de Ribadeo donde . Tamén chamamos ás células improvisadas de apoio chollima xa que se estás de viños onde poñan o encontro alí tes que estar apoiando cada xogada , insultando e increpando ó árbitro cando pite calquera cousa contra os intereses da auténtica vermella....porque naide, nen sequera Brasil, nos poderá amargar unha cea!!

segunda-feira, junho 14, 2010

RADIO REBELDE? ...NON, O BULIR BRUTAL DA REVOLUCIÓN NAS TERRAS DO EUME EMÍTESE EN RADIO-BILLA!! [preme]


Atención, apresentamos un dos documentos máis extremecedores de todos cantos teñen aparecidos niste descomunal lume dixital , dende as terras do eume chega a histórica narración da final do I Aberto da Proia nos micros da explosiva RADIO-BILLA , se gostas dos incendiarios silencios e das arincadas imprevista , sintoniza co estalo herdeiro da paixón de Radio-Cabalinho e dos impactantes estalos do No Comment de Euronews. Dende a pista aredendo do Concello de Cabanas, desafiando os derrrapes do feixismo dun piloto murcho o Comandante Sardinha e o soldado Algo Pequeninho ( que fai pouco o puidemos ver tamén fuxindo da pista do play off nacional de Conxo cunha guitarra ó lombo) fan a gran narración dista final que tivo a Carlos e a Mon coma grandes protagonistas.


Unha narración ista de RADIO-BILLA capturada polo comandante Sardinha cun telefono móbil , exemplo iste que insistimos en que sexa referencia en toda a tribo , cada estalo autoxestionado e autoeditado é unha labazada ós medios standar que ollan para outro lado e silencian a conciencia unha revolución que saben que moi pronto lle estourará nos fuciños. Non o movas, arrinca o dial e sintoniza con Radio-Billa!!

NEN OS ELEMENTOS PUIDERON CO COMANDANTE LIRIU QUE ENCABEZARÁ O COMANDO ASTUR POLO XA CASTRÓN EMBRAVECIDO DO PARROQUIAL_10!!

Como todos sabedes caeu auga como se o ceo se rachara en dous , estradas cortadas e vilas inmundadas no occidente e no centro do país asturiano e aínda que a última hora se tivo que suspender o mítico Abiertu do Pitu Caleya para fechas que moi pronto coñeceremos, como imaxinades ó xenial Javier Hevia , non hai auga nen tronos que freen ó popularmente coñecido coma O Comandante Liriu e contra os elementos logrou botar adiante o espectacular taller do Liriu no que nenos e maiores desfrutaron iste sábado pasado por auga nas festas de Piarnu do seu intenso mester de liriería. A prensa do páis veciño rendiuse xa ó xoglar de Castrillón e o domingo as páxinas dos principais xornais asturianos amencían inundados de lirius e machorras.



Niste intensa imaxe podemos ver o stand no que O Comandante Liriu recibíu a todo o xercito de famentos visitantes. Un stand no que se mostraban os principais elementos que necesita todo aquel que se queira iniciar na revolución Liriu. Revolución da que moi posibelmente teñamos constancia na desputa iste domingo 20 no Aparcamento do Eroski de Ribadeo do Año Mouro do Interparroquial xa que os irmáns do CNL xa se preparan para tentar botarlle as zoupas ó mítico año convertido xa en monumental castrón.


Mais como sabedes a río revolto ganancia de pescadores , polo que Hevia agasállanos con ista fenomenal imaxe dos exemplares capturados durante a tormenta xa que ademáis de manexar a machorra O Camandante manexa de igual xeito maxistral a Caña , á imaxe nos remitimos e emprazamos a iste gran referente da revolución irmá do Liriu a que prantexe un Abierto das troitas xa que iste verán os palanadores galegos e galegas imos ter fame delas pois parece que na Pontenova non se vai celebrar a ten suntuosa feira dos xogos tradicionais , de confirmarse a suspensión xa teremos tempo de botar os anxós a ver a que peixes pescamos.....

sábado, junho 12, 2010

A GHUDALLA , ROTEIROS E BILLARDA...MISTURAS EXPLOSIVAS COMA AS FRESAS CON ESTERCO!!


E co norte galaico inundado recuperándose da molladura , o sur do país non descansa e co viño aínda quente da Cunca Xíbara percorrendo as veas dos palandores e palanadoras os irmáns da Ghudalla en Moaña iste sábado bótanse ó monte para quentar motores e posteriormente realizar un multudinario Aberto de Billarda nas instalacións do Beque co que recaudar fondos para no caso que a Xunta non considere á Mariña de Lugo zoa catastrófica a LNB xa move os fíos para en caso de dasucio institucional poder apoiar ó populación galaica en apuros. Recorda para opoiar ista e sucesivas actividades da gran franqucia LNB de Moaña dirixirvos urxentemente a aghudalla@gmail.com

MISTURAS!!



E despedimos a conexión cun espectacular estalo do noso compi Luis Dávila , para que nistes duros tempos de menús monolíticos dende sudáfrica non confundedes conceptos nen sabores....billarda e fresas con esterco , alguén se atreve?

sexta-feira, junho 11, 2010

BILHARDAS PELO MUNDO ....APARTA Á XENTE E CONVERTE A TÚA BILHARDA EN PROTAGONISTA ABSOLUTA DAS TÚAS FOTOS !!

E como ben sabedes as billardas da LNB son vacinadas de xeito innato co virus da mobilidade que nos transmite o espítitu xíbaro , arrincamos niste tempo de verán un novo reto que imos chamar "Bilhardas pelo mundo" pero que de filosofía perpétua que quere recordar que cada bilharda que utiliza un nos Abertos é un elemeto máis do seu corpo , polo que cando arrinques de vacacións , nunha viaxe de traballo , teñas que desprazarte algures ou vaias á praia ou ó monte non deixes prisioneira na casa a túa Bilharda, lévaa contigo sempre e convirtea tamén en protagonista das túas fotos que posteriormente nos enviarás ó mail do varal [ovaral@hotmail.com] ou a calquer outro correo das conferencias LNB para crear unha foto-galeiría pública na que un xuri presidido polo gran fotógrafo experimetal Nachok elexirá a vencedora , todas as fotos terán premio mais a campiona levará unha xostregada moi especial e salgada xa que unha dúcia de arenques será a guinda dun explosivo kit de productos LNB.....Bilhardas pelo Mundo , sabor salgado!!

SAK , O GAÑADOR DOS MICRORELATOS-LNB, APADRIÑA DENDE MALTA O EXPLOSIVO BILHARDAS PELO MUNDO!!

E que mellor padriño para o explosivo concurso "Bilhardas pelo Mundo" que o mesmísimo gañador dos Microrelatos Billardeiros , Sak, o gran palanador e altofalante da vangarda musical galaica dende os micros da referencial Radio-Oceánica que se emite os domingos a partires das 22 h na RGM, racha o xeo cun espectacular reportaxe da súa bilharda solidaria percorrendo os impresionantes paraxes da illa de Malta, facede boca porque moi proto poderedes desfrutar coas aventuras da Bilharda Solidaria de Sak en terras Maltesas, un feito ademáis co que o povo galego e maltés se alían para mor medio da revolución billarda vingarnos daquel 12-1 co que os españois humillaron nun partido a todas luces comprado, ó povo irmán de Malta....medo , pánico terror ás Bilhardas Galico-Maltesas!!

BILHARDAS PELO MUNDO>> PUTU CALEYA EN ASTURIES!!

E como non podía ser doutra maneira un comando da LNB iste sábado vai acudir presto ate o mítico Piarnu donde os irmáns do Conceyu Nacional de Liriu teñen programado a desputa do III Pitu Caleya, non hai chuvia suficiente no ceo para frear á expedición do NorLeste disposta a compartir apartires das 17:50 h. unha nova xornada de liriu e llucha coa xente do CNL. Sabemos que Sergio de Espor[a], unha das grandes estrelas do universo Liriu e vencedor do Lacón Cantábrico , leva xa varios días e noites preparándose física e psicoloxicamente para non deixar voar o galo , é pois ista unha perfecta ocasión para que os palanadores e palandoras que visiten o país asturiano preparen as súas cámaras e bilhardas para optar á excepcional dúcia de arenques cun novo e espectacular foto-documental de "Bilhardas pelo mundo".....

quinta-feira, junho 10, 2010

LIDEIRAS-ALMUINHA , GALIZA-PALESTINA A CUNCA XÍBARA UNE ÓS POVOS E ÁS TRIBOS!!


Un país anagado pola auga coma está a ser o noso a istas horas só podía atopar un contrapunto igualmente húmido mais non do insípido e incoro licor senón de viño servido na espectacular e desexada Cunca Xíbara que trocou de mans dos Culombios á alianza do mal que forman Almuinha-Lideiras que se fixeron por méritos xíbaros coa tan desexada cunca de barro. E segundo dicen nos coments do web-blog do Sur se che parece turbia a foto que ilustra iste estalo con gañadores sostendo a cunca e as bandeiras galego-palestinas tanto ou máis turbio é o crónico dunha nova e hostórica xornada de irmandade xíbara entre os povos da poderosa tribo LNB.

quarta-feira, junho 09, 2010

ABERTO DA FILLOA , O FURACÁN AZUL DE XOTRAMU ARRASOU CON TODO EN MUIMENTA!!


Hai que abrir os ollos coma os gatos do xa mítico chiste de Flores, para ver o espectacular Foto-Varal do Aberto de Muimenta guindado ó carón do novo album do Play Off Nacional baixo o prisma transgresor do Urogalo galaico que resiste como sabedes pese ós programas da Xunta para a súa conservación. E como sabedes para darlle ó carabullo primeiro hai que encher o bandullo, e iso é o que fixo toda a tribo LNB pese que o gran palanador da Conf. Centro , Amador , só puidera exercer de houligan billardeiro apoiando cada golpexo do palán contra a billarda pola súa obrigada presenza no seu posto de coordiandor da competición da chave de compostela.


Urogalos dos Ancares que sentían os golpexos furiosos de máis de medio cento de palanadores e palanadoras en Muimenta no Aberto da Filloa celebrado no marco da feira de xogos tradicionais dista brava Vila Chairega.


E poder e bravura é o que demostraron a franquicia Local , O Furacán Xotramu apresentouse ó mundo na súa terra e fíxoa ao grande cuns palanadores que se extrenaron cun xogo impresinate que deixou K.O incluso a moitas das estrelas da Conf. NorLeste que chegaban dispostos a meterlle o dente á gran presada de filloas de Muimenta


E ademáis dos palanadores locias do Furacán Xotramu , hai que destacar a presenza de Uxío , palanador da Coruña que en Muimenta demostrou moitos xeitos e sobre todo gañas e ilusión para entrar a formar parte da gran tribo da Conf. Noroeste que iste find. vai ter un espectacular Aberto no marco do festifolk de Mugardos donde a tribo Billa con sede en Cabanas vai coordianar iste explosivo aberto que vai ser un auténtico Bombazo , atentos porque iremos informando!!


Escaleira de cor para unha final na que só Eric dos recentemente proclamados campións nacionais se puido colar fronte a dous poderosos palanadores locias Dani e Miguel que co seu xogo, ó igual ca tosos os seus campañeiros, deixaron boquiabertos a tódolos presentes.


Dani tivo a victoria a tiro durante as tres carreiras das que constaba a final...


Mais a seguridade e acerto do seu compañeiro Miguel, deixou K.o a un nervioso Dani e a un desquiciado Eric que viron como as filloas se lles escorregaban entre os dedos coma a auga da poza Fonmiñá. Militancia Bucaneiro-Galaica con asentamento en Compostela polo que con moitas posibilidades entrar na competición regular na Conferencia Centro, poderosa representación dos referenciais M de Meira que utilizaron as filloas coma un quencemento cara ó año mouro do vindeiro domingo 20 en ribdadeo no Interparroquial e especiual mencion tamén á presenza de Rafa , encabezando a delegación da Pastoriza e para conformar definitivamente que o vindeiro 17 de Xullo se desputará no marco do Festival da Chaira un explosivo Aberto de Billarda na que o premio para o campión ou campiona será un embravecido xabarín viviño e rabeando....Adiante a gran serpe multicor na Chaira e no país enteiro!!

OS SONS DOS GRUPOS DA REPÚBLICA BILLARDA INVADEN O QUEROSTAR E O APOLOGHIT_10!!


-Meus, de rematar as votacións do Querostar hoxe, estariamos clasificados!Pedimos-vos un último esforzo co tema das vocacións!!!!Obrigadiño!Lembrade emitir os 3 votos!!!!Unha forte aperta e, novamente, obrigados!!! istas son as verbas dos irmáns de Maghua que están inmseros no concurso organizado polo concelo de Carral que leva o nome de QUEROSTAR. A intensidade do seu proxecto xa a puidemos desfrutar con Serxio e Rafa no Play off Nacional polo que agora tócanos a nos apretar os puños para cvotar por eles no web do concurso xa que como ben nos comentan a día de hoxe estaían clasificados para a s finalísimas. Mais non son os únicos representantes da República Billarda no Querostar, xa que os irmáns de Projecto Trepia tamén están no concurso e ademáis participando co temazo adicado á revolución billardeira, todos temos pois a obriga que empurrar ás canículas ate a fase final de Carral donde tamén teñen que estar co noso impulso os irmáns Labazada , os de Compostela tamén teñen que recibir o apoio total de toda a tribo LNB para tentar completar unha tripleta de finalistas de ambito billardeiro.
E se o Querostar arrecende a purín billardeiro por tódolos costados non é menos a marabillosa cheirome que desprense o apologhit_10 donde coo soubemos fai uns días encabeza as votacións os irmáns de ültraqäns co temazo Quimbumbia como sabedes é a denominación que recibe o desporto da billarda en Cuba , un estalo de irmandade entre a revolución dos barbudos e a billardeira que temén pide o voso apoio para asaltar o título final do concurso posto en marcha polos compañeiros de Vieiros. Mais non son os unicos grupos LNB que están no apologhit_10 , Galegoz co tema Zombies no Gaias e os Labazada de novo con Reacción son a artilleiría billardeira que entra en loita pola dignificación da nosa lingua e contra o tarareo colonial de estribiños de verán, para eles vai todo o noso apoio en forma de votos , boureos e difusión en tódolos Abertos do Verán. Atención porque se de Abertos de Verán falamos aatentos ás citas e sobre todo á inmersión que Maghua van facer o vindeiro venres 25 de xuño no fetival da terra e da lingua no Muiño do Pedroso donde se celebrou o primeiro Abertinho da hitória, unhas augas as do Moiño do Pedroso que trouxeron istes mares....Avante os sons de loita da LNB!!

segunda-feira, junho 07, 2010

MIGUEL DO FURACÁN-MOEXMU E LIDEIRAS-ALMUINHA , FOLLOAS DE MUIMENTA E CUNCA XÍBARA!!


Dende Muimenta e a Budiño , a gran serpe multicor da LNB deslizouse de novo ista find sen tregua e cos paus en Alto . Ademáis e coma gran guinda do acontecido fai uns días no espectacular Play Off Nacional de Conxo a tribo da Conferencia Centro pon á disposción de todos a espectacular video- montaxe na que podemos ver como dwsfruetaon ó grande os palanadores e palanadoras da área estornela na súa última xornada puntuábel antes de botarse ó leóns na area do coliseum de Conxo , alí podemos ver coma Carmela e Hugo se preparaban para convertese nos gandes campións nacionais que hoxe son. Espectacular entrega de premios ós mellores da liga e da xornada que nos fan reflexionar sobre o xeito de solventar as entregas de premiso a nivel nacional. Sexa como for a eiva está claramente en cando non hai nada que levar ó bandullo xa que en Muimenta iste domingo non faltaron o feixado de filloas autóctonas para o gran campión do Aberto que consolida á terra cha luguesa coma un dos frontes máis potentes de toda a LNB. Máis de medio cento de palanadores de todo o país estaban alí , ás grandes estrelas do norleste ssumáronse xa novos palanadores dos referenciais M de Meira que non paran de medrar e traen consigo a emoción e bravura que pide paso a berros e a xostregazos , alí estaba Uxío , palanador Coruñes que pedíu o seu ingreso na banda e pola banda da Conferencia NorOeste máis o impacto absoluto veu da franquicia local Muimentesa ( ou como se diga ) simplemente IM-PRE-SIO-NAN-TE!!. Final do Aberto da Filloa de Muimenta e só Eric , membro dos recén proclamados campións nacionais por equipos, poiudo soportar o empurre de dous palanadores do Moexmu e colouse nunha final a tres qque desputaron Eric , Dani e Miguel ambos do Furacán Moexmu. Triunfo final para Miguel un palanador que coma o resto dó seu equipo estreábanse en Muimenta e que animamos firmemente a que se unan á serpe multicor, xa hai unha datas o interparroquial do 20 en Ribadeo pode se unha boa data para que Lombardero, o encargado da feira de xogos de Muimenta, flete un voo charter para transladar ó palanadores de Muexmu a pola loita polo año mouro e outra cita na que moi posibelente tamén esteñan presentes istes palanadores é no Aberto do Festival da Chaira o vindeiro 17 de Xullo donde xunto cun multitude de palanadores aloitarán polo Xabarín vivo co que Rafa e toda a organización do Festi agasallan ó campión ou campiona do Aberto.

E se sorpresas houbo en Muimenta non foron menos as que aconteceron en Budiño xa que nen os Culombios que defendían a cunca xíbara nen nengún dos finalistas nacionais en Conxo , Pincharango nen Paquete Pinchas puideron facerso co título xíbaro. Foi un combinado dos Lideiras-Almuinha que se fixo coa máis xíbara de todalas cuncas. Atención ás actualizacións dos web-blogs das conferencia Norleste e Sur porque hai espectaculares documentos sobre o que se cociñou e e do que se cociña....

E como imos anunciando dende fai tempo a campaña billardeira de verán recrudécese de xeito definitivo polo que podemos anunciar que as billardas bruarán dende a Fonsagrada , ate Touro , da Pastoriza ate Portonovo..... estamaos tecendo unha tearaña impresionate na que a día de hoxe só nos faltan uns puntos que ultimar , son o [ Aberto de Moraña / evalaxe@gmail.com ], [ Aberto de Sam Paio ( A Estrada ) / davidesenem@hotmail.com ] e o [ Aberto da Veiga ( Ourense ) / eorriols@orballo.net ] a LNB está preparando uns manuais de urxencia para o activista billardeiro mediante o cal calquera aínda que nunca tivea contacto ningún coa billarda poida facer paláns, billardas e varais e xunto coas táboas que a LNB lle vai pasar artellar un Aberto en calquera sitio do país ou do mundo. Xa podes solicitar o teu manual do activista LNB e se andas ou vas andar preto de Moraña, A Estrada ou A Veiga ponte en contacto con nós ou cos mails dos propios coordianadores dos Abertos para ver de exercer de Sherpas billardeiros nises campos de adestramento e reclutamento billardeiro. Palán ergueito adiante co Varal!!

domingo, junho 06, 2010

HUGO CAMPIÓN NACIONAL DE VARADOS >> ESTALA A GRAN FESTA NO CHECK POINT DE CONXO!!



No medio dos bombardeos e asaltos ilegais do xercito israelí ós activistas desarmados , a LNB atrévese a desclasificar un documento que pode moi posíbelente pode rematar nunha nova intifada en Palestina e nos territorios ocupados galegos.....electro folk alieníxena galaico e folk de alto voltaxe con Maghua e os Billardeiros+ Os Outros Flok Crew xunto cos bailes de chuvia dos guerreiros e guerreiras da LNB fixeron un explosivo coctel que rematou cunha chuvia de misis sobre un Varal no que o gran palanador Hugo dos Trouleiros acadou diana despois dunha serie moltal de intentos.....medo , pánico terror a unha República Billarda!!

sexta-feira, junho 04, 2010

CUNCA XÍBARA E ABERTO DA FILLOA DE MUIMENTA, A MELLOR MENCIÑA PARA A BRUTAL RESACA DA GRAN MUIÑADA!!


A espectacular final de franquicias na Gran Muiñada de Conxo abríu a veda á loita por equipos que iste domingo en Budiño acada a súa extase total na conferencia sur coa desputa da xa mítica Cunca Xíbara, os Culombios defenden título e farano con tódolos seus efectivos e ánsias para tentar contrapor o poder da bruxa avería e os electroduendes billardeiros á hexemonía no hemisferio sur dos finalistas nacionais Paquete Pinchas e Pincharango , a cita apartires das ás 15.30 horas no Centro Cultural A Forna da Budiño (vede aquí como chegar), nun explosivo torneo organizado por Paquete Pinchas....volvete xíbaro, faite da LNB!!

DOMINGO , ABERTO DA FILLOA DE MUIMENTA!!



E como a tremenda maquinaria non pode parar , haberá tamén iste domingo representación LNB na festa dos xogos tradicionais nas terras de Muimenta, entre a amalgamda de disciplinas que se poderán disfrutar no recinto feiral da vila destaca o Aberto de Billarda "Filloa_2010" , un torneo que vai ter un previo en sesión de mañán xa que realizaremos un concursiño de Varados para quentar ó persoal e despois do xantar que poderedes facer de balde se acudides ó concursiño de Varados da LNB, no serán a iso das 16:30 h poremos a tixola ó lume para que poidas conseguir isa presada de filloas de Muimenta de fama no mundo enteiro. Ademáis se te achegas polo espazo-LNB de Xotramu poderás sentir un intenso olor a año , xa que alí estarán e se cerrarán moitos dos equipos e fichaxes para o vindeiro 20 de Xuño desputar no aparcadoiro de Ribadeo o tan agardado Interparroquial de billarda, a polo año preto_10!! . Mais non podemos despedir a conexión sen referirnos a ise mítico estalo que se pode ler en moitos baños do país e que o irmán leo non recolleu no seu libro hai cu ....para comer lugo e para foder Muimenta, non vos despistedes e para calquer dúbida consulta directa cos coordinadores do espazo-LNB: 617.833949 e como din na hermo....ti-ti-ti-tiempo para las lentas!!

quarta-feira, junho 02, 2010

OS OUTROS CAMPIÓNS NACIONAIS POR EQUIPOS, ESTALOS DE ORGULLO E DIGNIDADE!!


-Haiche moito nivel aquí!!.....sen dúbida Daniel , aquí hai un nivelazo e como di Serxio dos Xarutos moita dignidade!! . Abre os ollos coma os gatos de Flores e olla a potencia da espectacularidade que ten iste deporte que na final de franquicias unha vez máis chegou á éxetase absoluta cando dende Radio Cabalinho se anunciaba que os Outros se convertían en novos campiós nacionais por riba dos seus irmáns Billardeiros Musicais , Pincharangos e os ate entón vixentes posuidores do título Paquete Pinchas. E se gostas da emoción e intensidade da competición por franquicias apunta porque xa están confirmadas os sitios e datas das grandes competicións por equipos do Norte e do Sur fóra xa da competición regular e abertos a todo tipo de colectivos billardeiros:

CUNCA XÍBARA_10 NA CONF. SUR ( BUDIÑO)

- Iste domingo 6 de xuño ás 15.30 horas no Centro Cultural A Forna da Budiño (vede aquí como chegar), nun torneo organizado por Paquete Pinchas.

O premio para o mellor equipo será unha xenuína cunca de barro. O equipo gañador tomará o relevo de Culombio, que gañou o ano pasado e ten a honra de poñela en xogo un ano despois.

Lembrade que os enfrontamentos son entre equipos, segundo a clasificación final da liga. Xogan seis xogadores por cada equipo (máis os suplente que queiran), divididos en dous grupos: os tres primeiros clasificados (que xogan contra os tres primeiros do equipo contrario) e o tres seguintes. Cada xogador xoga tres carreiras, e suma os puntos para o seu equipo. O equipo que teña máis puntos pasa de rolda, e así ata a gran final.

INTERPARROQUIAL_1O: A POLO AÑO MOURO!! [ domingo 20-xuño ]

E xa podemos anunciar que o vindeiro domingo 20 de xuño celebrarase o gran torneo por equipos dos Norte galego, ademáis estreando espectacular espazo xa que a loita polo año mouro se realizará no aparcadoiro de Eroski de Ribadeo en sesión doble de mañá e tarde. O sistema a utilizar de enfrontamento será o utilizado no Play Off Nacional polo que se realizanranse carreiras de todos contra todos e cada palanador puntuando para o seu equipo. Por elo unha franquicia que actuou mal ou regular en en sesión de mañá pode recuparar e vencer no computo xeral na enganchada do serán. As quipipas estarán formadas por 5 palanador@s ( podendo participar con 4) polo que ide preparándovos porque o año xa está na corte esperando por vós. Informamos que xa está reservado restaurnate para o xantar de irmandade moi preto da pista e cun prezo de 10 euros parato . Iste é o xeito parfecto para que a túa parroquia, equipo , colectivo ou larada de amigos entre de xeito definitivo no rabaño da LNB, non deixes que te sigan esquilando e achégate á loita polo año preto. Inscripcións e contacto: lnb.norleste@gmail.com / 636.843377

Nota: Iste domingo no Aberto de Muiñenta (lugo) realizaranse inscripicións para o parroquial e darase cumprida información sobre iste e calquera dos aspectos dista serpe multicor que avanza imparábel .

ULTIMA HORA NA CONFERENCIA-USC!!

Desputado iste mércores o derradeiro asalto puntuábel na
Conferencia-USC...xa temos campións:

-Campión : Cano de Enxebres

2º clasificado: Jose TAFAD

3º clasificado: Pinto da Gentalha

-Campión da Combinada ( billarda-bolos-chave) :
Amador de Xogos Tradicionais

Xa sabedes que a LNB ten entre unha das súas prioridades
o reforzamento da Conf-USC ademáis de tentar consolidar outras
propostas similares no ámbito universitario galego .
Se eres ou vas entrar na universidade esixe billarda nas túas aulas!!

This work goes devoted to the people of the LNB!!


Afíame ben a billarda, e vai preparando o varal, que imos xogar un aberto afastadiños no xestal. (Copla) [ Sak feat Ruan ]
Atención porque estades a visionar un feito de dimensións históricas , xa que a espectacular micro-xoia obra de Sak gañadora do Concurso de microrelatos billardeiros realizado polos irmáns de latri.ca, toma vida en forma de espectacular imaxe creada polo palanador e debuxante Antón Romero Ces que elixe o prisma do espectacular animadario sobre o que traballa no seu alter-ego coma Ruan . Ruan según nos conta non puido concebir o sono ista pasada noite por mor da intensidade do microrelato de Sak e tivo que plasmar en imaxe o que lle bulía na cabeza para poder seguir descansando. Non vai ser de seguro a única colaboración entre o paxaro amigo e a LNB xa que no horizonte como dirían "el club de los poetas violentos".... temos grandes planes.

terça-feira, junho 01, 2010

CARMELA, CAMPIONA NACIONAL_10 >> BILLARDA, UNHA REVOLUCIÓN DE XÉNERO FEMININO!!


Coma Otero declarou no micro á hora da entrega de premios: O maior premio que unha palandora ou palanador pode recibir é o aplauso e recoñecemento dos seus compañeir@s , Carmela coma Campiona Nacional recibíuno de xeito pleno ó igual que todas as súas campañeiras que participaron nista espectacular final nacional e todas as que por circunstancias quedaron fóra ou non puideron estar en Conxo , de tódolos xeitos, hai unha palandora que máis aló dos triunfos ou derrotas merece un recoñecemento total e absoluto , é a xove palandora Sheila dos Trouleiros que se bateu coas máis grandes palandoras galegas e deu guerra ate o límite das súas posibilidades, un exemplo para todos os palandores e palandoras que enche de orgullo a toda a serpe multicor sendo exemplo para iso que tantas veces berramos nas pistas ...non nos mires, únete!! E como non podía ser doutro xeito , depois dun previo tan movido sobre todo na categoría feminina, animamos ás propias palanadoras e ós seus siareir@s a que deixen as súas de seguro clarificadoras impresións da final nos comentarios .....billarda , unha revolución de xénero feminino!!