O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, junho 02, 2010

OS OUTROS CAMPIÓNS NACIONAIS POR EQUIPOS, ESTALOS DE ORGULLO E DIGNIDADE!!


-Haiche moito nivel aquí!!.....sen dúbida Daniel , aquí hai un nivelazo e como di Serxio dos Xarutos moita dignidade!! . Abre os ollos coma os gatos de Flores e olla a potencia da espectacularidade que ten iste deporte que na final de franquicias unha vez máis chegou á éxetase absoluta cando dende Radio Cabalinho se anunciaba que os Outros se convertían en novos campiós nacionais por riba dos seus irmáns Billardeiros Musicais , Pincharangos e os ate entón vixentes posuidores do título Paquete Pinchas. E se gostas da emoción e intensidade da competición por franquicias apunta porque xa están confirmadas os sitios e datas das grandes competicións por equipos do Norte e do Sur fóra xa da competición regular e abertos a todo tipo de colectivos billardeiros:

CUNCA XÍBARA_10 NA CONF. SUR ( BUDIÑO)

- Iste domingo 6 de xuño ás 15.30 horas no Centro Cultural A Forna da Budiño (vede aquí como chegar), nun torneo organizado por Paquete Pinchas.

O premio para o mellor equipo será unha xenuína cunca de barro. O equipo gañador tomará o relevo de Culombio, que gañou o ano pasado e ten a honra de poñela en xogo un ano despois.

Lembrade que os enfrontamentos son entre equipos, segundo a clasificación final da liga. Xogan seis xogadores por cada equipo (máis os suplente que queiran), divididos en dous grupos: os tres primeiros clasificados (que xogan contra os tres primeiros do equipo contrario) e o tres seguintes. Cada xogador xoga tres carreiras, e suma os puntos para o seu equipo. O equipo que teña máis puntos pasa de rolda, e así ata a gran final.

INTERPARROQUIAL_1O: A POLO AÑO MOURO!! [ domingo 20-xuño ]

E xa podemos anunciar que o vindeiro domingo 20 de xuño celebrarase o gran torneo por equipos dos Norte galego, ademáis estreando espectacular espazo xa que a loita polo año mouro se realizará no aparcadoiro de Eroski de Ribadeo en sesión doble de mañá e tarde. O sistema a utilizar de enfrontamento será o utilizado no Play Off Nacional polo que se realizanranse carreiras de todos contra todos e cada palanador puntuando para o seu equipo. Por elo unha franquicia que actuou mal ou regular en en sesión de mañá pode recuparar e vencer no computo xeral na enganchada do serán. As quipipas estarán formadas por 5 palanador@s ( podendo participar con 4) polo que ide preparándovos porque o año xa está na corte esperando por vós. Informamos que xa está reservado restaurnate para o xantar de irmandade moi preto da pista e cun prezo de 10 euros parato . Iste é o xeito parfecto para que a túa parroquia, equipo , colectivo ou larada de amigos entre de xeito definitivo no rabaño da LNB, non deixes que te sigan esquilando e achégate á loita polo año preto. Inscripcións e contacto: lnb.norleste@gmail.com / 636.843377

Nota: Iste domingo no Aberto de Muiñenta (lugo) realizaranse inscripicións para o parroquial e darase cumprida información sobre iste e calquera dos aspectos dista serpe multicor que avanza imparábel .

5 Comments:

  • At 10:24 AM, Blogger Isa said…

    vamos a polo año tamén

     
  • At 2:35 PM, Anonymous xunqueira said…

    nen a presión dos Outros nen a de certos sectores da afección dos remourelle bulls sobre palanadores do noso equipo vai afectar nista ocasión ós actuais campións , O povo alegre e combatico de Vilamar está cos seus palandores da selección parroquial para voltar a vencer no año mouro....

     
  • At 9:25 PM, Anonymous o fuxitivo said…

    o combinado de vilamar xa temos miles de peticions de entradas q naturalmente non poden ser atendidas todas, pero seguro q invadiran os aledaños do eroski, pra animar ao seu ekipo!!
    vilamar volve polo año!!non digo mais, podedes comezar a tremer!!!

     
  • At 3:06 PM, Anonymous Anônimo said…

    Parece que entre Ribadeo e Vilamar respírase algo especial.¿Habera filing?

     
  • At 9:56 PM, Anonymous Anônimo said…

    habelo hailo, ou máis, no aire, na terra, algo pode rexurdir entre eses pobos, neses lares poden ocorrer moitas cousas, Ribadeo e Vilamar, ali hai máis que equipos de billarda

     

Postar um comentário

<< Home