O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 14, 2010

RADIO REBELDE? ...NON, O BULIR BRUTAL DA REVOLUCIÓN NAS TERRAS DO EUME EMÍTESE EN RADIO-BILLA!! [preme]


Atención, apresentamos un dos documentos máis extremecedores de todos cantos teñen aparecidos niste descomunal lume dixital , dende as terras do eume chega a histórica narración da final do I Aberto da Proia nos micros da explosiva RADIO-BILLA , se gostas dos incendiarios silencios e das arincadas imprevista , sintoniza co estalo herdeiro da paixón de Radio-Cabalinho e dos impactantes estalos do No Comment de Euronews. Dende a pista aredendo do Concello de Cabanas, desafiando os derrrapes do feixismo dun piloto murcho o Comandante Sardinha e o soldado Algo Pequeninho ( que fai pouco o puidemos ver tamén fuxindo da pista do play off nacional de Conxo cunha guitarra ó lombo) fan a gran narración dista final que tivo a Carlos e a Mon coma grandes protagonistas.


Unha narración ista de RADIO-BILLA capturada polo comandante Sardinha cun telefono móbil , exemplo iste que insistimos en que sexa referencia en toda a tribo , cada estalo autoxestionado e autoeditado é unha labazada ós medios standar que ollan para outro lado e silencian a conciencia unha revolución que saben que moi pronto lle estourará nos fuciños. Non o movas, arrinca o dial e sintoniza con Radio-Billa!!

2 Comments:

  • At 9:06 AM, Anonymous Anônimo said…

    Que hai de certo que as inundacións do fin de semana foron provocadas polo palanador que tocou a Guitarra nas finais de Conxo?

     
  • At 1:53 PM, Anonymous Anônimo said…

    Segun os medios de comunicacion, o devandito palanador ta en busca e captura

     

Postar um comentário

<< Home