O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 18, 2010

MUGARDOS, TOURO , RIBADEO E A CORUÑA......O PERIGOSO VOLCÁN DA LNB NON CESA E CONTINÚA A ESCUPIR SONS E ACTITUDES !!

SÁBADO 19 >> ABERTO DO FESTIFOLK
16 H / Parque Municipal San Xoan de Piñeiro - Mugardos -

_ contacto: 650.731353

Un luxazo poder comezar a find billardeira cun fenomenal Aberto no marco do referencial festifolk de Mugardos , Muxarega , Os 3 trebóns , Ruxe-Ruxe e Ulträcäns faran chimpar a un público xa quente despois de zouparlle dende as 16 h ás Billas no multitudianrio Aberto que van coordinar as xentes da tribo billa que con epicentro en Cabanas amiazan con extender a febre billa por todas as terras do Eume, non o dubides .....se andas por preto ou non sabes que facer iste sábado bótate a Mugardos porque vai ser disas accións que deixan pegada no subconsciente colectivo!!

-DOMINGO

I Aberto do Folk en Río>> Eu Vou!!
11 h / Campo da festa de Touro

_contacto: 654.232108

Folk in Río 2010 comeza ás 11:00h do domingo 20 de xuño co I Aberto de Billarda no campo da festa de Touro e nel participarán os mellores palanadores e palanadoras da LNB (Liga Nacional de Billarda). Dende as 12h ata as 15h. terá lugar o "I Concurso de Cantos de Taberna" polos bares da vila. Ao final do percorrido polas tabernas de Touro, todos os grupos cantarán unha peza no campo onde se desenvolve o festival, na Área Recreativa da Santaia. A continuación a festa desprázase ata a área recreativa do río Santaia Alí, a carballeira e os prados que rodean o río estarán transformados nun espazo ateigado de artesáns, de exposicións fotográficas, mostra de vellos oficios, etc. Un lugar onde se repoñerán forzas para continuar coa festa xa que haberá postos de polbo á feira, carne ao caldeiro, churrasco e outras viandas

INTERPARROQUIAL_10: A POLO AÑO MOURO!!
12 H. / APARCAMENTO DE EROSKI - RIBADEO -

_contacto: 605316896 / lnb.norleste@gmail.com

A mañán comenzaremo-la loita contra as 12,00 h., logo faremos unha comida de hirmandade no Gaiteiro en Santa Cruz, que nos sairá a 10,00 € e voltaremos o terreo de xogo para continuar a loita. De momento son 8 os equipos apuntados ainda que pode aparecer algún mais.
É convinte que entre hoxe martes e mañán mércores si algún equipo quere apuntarse o faga xa.
Os equipos serán de 5 xogadores ainda que poderán xogar con un mínimo de 4 e un máximo de 8. Xogarase ó xeito que se fixo en Conxo, e decir todos xuntos en carreiras de 8 xogadores (un xogador de cada equipo) e irase puntuando según se acade o varal. O equipo que mais puntos consiga será o gañador do Año. É unha boa ocasión para ir perfilando os equipos de cara a vindeira tempada e tamén para que se unan a serpe multicolor da LNB todos aqueles que sintan bulir no su peito a rebolución billardeira. Veña! Bulide e non o deixedes escapar! Todos a loitar polo año mouro da LNB. Billarda sempre e adiante co Varal.

ABERTO DA ROMARÍA DO LECER:
19 H / PARQUE DE STA. MARGARIDA - A CORUÑA -

_contacto: 645.592174

O domingo 20 de xuño realizarase a tradicional Romaría do Lecer. Este acto dará comezo ás 11,30 horas e finalizará sobre as 20,30 horas. O programa inclúe a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, baile de salsa e merengue, acordeón, guitarra, bailes de salón... Contaremos tamén coa actuación do grupo de baile “Les Ayalgues d´Ayer” de Cabañaquinta (Asturias) que realizarán unha exhibición do baile tradicional de Asturias. Están programadas tamén actividades paralelas pensadas para todas as idades: aulas abertas de folclore (para todos os que o desexen), obradoiros para rapaces, contacontos, ginkana... Poderase aprender a xogar á billarda ou á chave ou observar unha demostración das palilleiras da Asociación. Para os máis pequenos cóntase con inchables e xogos populares, onde varios monitores ensinarán a xogar aos máis novos, diversión garantida! E, para ofrecer a posibilidade ao público de gozar durante todo o día desta Romaría, contarase con bochinche, pulpeira, churrasco e rosquillas e lambonadas.