O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, dezembro 28, 2007

U-LO ANGEL CRISTO?

O esperpento vivido en Balaídos no 3º amigábel da selección galega de futbol fronte a Camerún pon de manifesto varias cousas, canto nos custa ós galeg@s istas pachangas? e porqué son só unhas seleccións duns determinados deportes as que poden optar a ista compra de sparings? A Selección Galega de Billarda afronta a súa proxección internacional sen amparo institucional nen finaceiro de ningún tipo , o acontecido en Balaídos fixo aflorar a pantasma dos contratos estrela coma se máis ca un deporte isto dun circo se tratara , ós leóns só lles faltaba Angel Cristo para que a festa fose completa. Nen as declaracións a pé de campo da Directora Xeral para o deporte fixeron escorrentar as especulacións dun problema contractual pola falla das estrelas Camerunesas ou polo menos iso era o que se extraída das verbas dos comentaristas da Galega. Como contrapunto á desfeita ahí vos queda ista felicitación do adestrador da Auténtica :

Bo nadal e feliz aninovo a tod@s os Billardeiros vos desexa o zidane da bilharda

quinta-feira, dezembro 27, 2007



Do myspace da LNB e para celebrar a irrupción da Irmandiña en Balaídos, ahí queda o album fotográfico co que recordar un explosivo ano de intensa actividade de toda a tribu da LNB. E recordade que se queredes apoiar ista revolución coa vosa música podedes enviar os vosos temas a ovaral@hotmail.com para ser guindados no myspace da LNB e crear xunto cos xa alí establecidos unha B.S.O propia e exclusiva para o deporte da billarda. Feliz e billardeiro 2008!!

segunda-feira, dezembro 24, 2007

O MULLER-POWER E AS PEGATAS DA LNB INVADEN TELE-VARAL NISTE NOSO NADAL RADIOACTIVO!!



E dende a conferencia Norleste chega a primeiro video-estalo exclusivamente feminino , contra a política de cotas instaurase en TELE-VARAL o muller-power , e moi atentos porque presentan en exclusiva mundial as pegatas que xa circulan entre os palanadores e palanadoras do Norleste que amiazan con ser o agallo estrelas diste explosivo Nadal Radiactivo. O Varal informará como se poderán conseguir istas pegatas, ou dende o seu web ou dende a TENDA-LNB para que iste nadal paláns , billardas e pegatas invadan os camelos, Outro agasallo tamén é posíbel!!

sexta-feira, dezembro 21, 2007

TXIRIKILA-POSTAL DENDE EUSKAL HERRIA!!



E PARA CONSTATAR A DIMENSIÓN INTERNACIONAL E INTERNACIONALISTA DO NOSO DEPORTE , DENDE EUSKAL-HERRIA , JAIME ALTUNA , UN DOS NOSOS CONTACTO NAS TERRAS BASCAS REMÍTENOS ISTAS VERBAS COMO PRELUDIO DUN PODEROSO VIDEO-ESTALO QUE EL E OS SEUS COMPAÑEIROS GRAVARON PRACTICANDO A TXIRIKILA, A DENOMINACIÓN EÚSCARA DO NOSO DEPORTE, QUE EN BREVE SERÁ EMITIDO POR TELE-VARAL. A LNB TRABALLA XA INTENSAMENTE PARA UN POSÍBEL TXIRIKILA Vs BILLARDA E A PARA A INCURSIÓN DE EUSKAL HERRIA EN VINDEIRAS EDICIÓNS DA COPA CANTÁBRICA , AUPA TXIRIKILA!!

..... vuestro mensaje nos ha activado y algun compañero anda practicando la txirikila, por lo que no es descartable que se forme algún grupillo. Ayer mismo grabaron un pequeño video que en cuanto pueda te lo enviaré.

Un fuerte saludo desde Euskal Herria a toda la tribu billardeira de Galiza.

Aupa zuek! Jaime Altuna

quinta-feira, dezembro 20, 2007

POSTAIS DENDE ITALIA >> O CATENACCIO VOLTA POR NADAL!!



DENDE ITALIA , LUIGI , O AMIGO NAPOLITANO DA LNB REMÍTENOS ISTE EXPLOSIVO VIDEO-POSTAL PARA DESEXARLLE A TODA A TRIBU BILLARDEIRA GALEGA UN MOI FELIZ ANINOVO. MOI ATENTOS ÁS FACIANAS QUE APARECEN NO VIDEO PORQUE SON AS GRANDES ESTRELAS DO DEPORTE DA MAZZA E PIVEZO ÁS QUE TENDE POR SEGURO , LOGO NOS IMOS ENFRONTAR. PIVEZO Vs BILLARDA XA!!

Cari amici della Galizia.

E' molto bello vedere che ai giorno nostri ci sono ancora persone come voi che vivono e si emozionano attraverso la passione di un gioco. Noi come voi cerchiamo di portare avanti un discorso di pace e armania attraveso il gioco.spero con tutto il cuore che per l'anno prossimo si possa organizzare un torneo internazionale a cui possiate partecipare anche voi.intanto vi faccio un grandissimo augurio di buon natale e di un felice anno nuovo.Felice navidad a toda la tribù della billarda galega.

Luigi Oliva, Napoli, Italia

quarta-feira, dezembro 19, 2007

POSTAIS DENDE O NORLESTE >> CON EL CHEGOU OU SKÁNDALO!!



ESPECTACULAR VIDEO-POSTAL CHEGADA Á REDACCIÓN DO VARAL REMITIDA DENDE A CONFERENCIA NORLESTE QUE Ó IGUAL QUE OS IRMÁNS DA BEIRA ATLÁNTICA ASINAN UN EXPLOSIVO DOCUMENTAL PARA FELICITAR O DE SEGURO PRÓSPERO E INCENDIARIO ANINOVO BILLARDEIRO. DOS CREADORES DO VARADO DE CHEMA , CHEGA SKANDALO, UNA CURTA INDEPENDENTE BASEADA NO IV TORNEO INTERNACIONAL DO GALO QUE PIDE A BERROS O PASAPORTE PARA SUNDANCE!!

terça-feira, dezembro 18, 2007

POSTAIS DENDE O NOROESTE>> BE PALÁN MY FRIEND!!



RECUPERÁNDONOS AÍNDA DA APOTEÓSICA FIND BILLARDEIRA , O VARAL AMOSA UNHA DAS EXCLUSIVAS VIDEO-POSTAIS QUE CHEGARON ATE A NOSA REDACCIÓN PARA FELICITAR O NADAL A TODA A INDOMÁBEL TRIBU DA LNB , BE PALÁN MY FRIEND É A ESPECTACULAR MONTAXE GRAVADA NO 2º ASALTO NA ZAPATEIRA CON BSO DE THE HOMENS CO QUE OS MEMBROS DA CONF. NOROESTE NOS FELICITAN ISTE XÉLIDO NADAL . BE PALÁN MY FIEND OU SE NON PREPÁRATE PARA RECIBIR UNHA TREMENDA ENSALADA DE HOSTIAS!!

segunda-feira, dezembro 17, 2007

OVARALMORSE: 15:30 ESCOMEZA O IV TORNEO INTERNACIONAL DO GALO NO EPICENTRO NORLESTE!!



ás 15:30 arrincaba o IV Torneo internacional do Galo en Ribadeo, no epicentro Norleste e na Zapateira , no epicentro NorOeste ás 19:30 comezada o 2º asalto da liga regular disa conferencia bañada polo atlántico piscina. Recollemos a narración emitida en tempo real e en exclusiva mundial dende as 2 pistas en xogo polo OVARALMORSE , PORQUE OUTRO DEPORTE E OUTRA COMUNICACIÓN XA SON POSÍBEIS!!

Moblog: Domingo, Decembro 16th, 2007

O GALO XA STA NA PISTA vicente o campion vixent da lnb vai loitar por el!

Ista foi a primeira bala en forma de sms que inaugurou o noso explosivo e exclusivo contador de resultados froito da infraestructura prestada por Blogaliza para que o soño de transmitir en tempo real os impactos producidos nas pista de xogo se fixera realidade na última xonada diste máxico ano 2007.



Moblog: Domingo, Decembro 16th, 2007

anton un non varado , akda O GALO da lnb!

Antón un dos famosos exEkipA facíase nunha angustiosa final fronte a Hugo co galo da LNB . exitazo impresionate de convocatoria e todo listo e preparado para afrontar un novo ano de tensión billardeira , con portos de categoría especial na desputa do All Stars , leste-oeste na Zapateira, oa Visita a Xil no concello pontevedrés de Meaño e a desputa do Play Off en Compostela.
TELE-VARAL OFRÉCECHE EN EXCLUSIVA MUNDIAL A FINAL DO IV TORNEO INTERNACIONAL DO GALO... SINTONIZA COA CANLE QUE GALEA Ó IMPERIALISMO AUDIOVISUAL E DEPORTIVO!!

OVARALMORSE: 19:30 ARRINCABA O 2º ASALTO DA CONF. NOROESTE!!




Moblog: Domingo, Decembro 16th, 2007

A xente amorease un domingo mais na Zapateira. Palanadores de todas as idades animan a xornada

Iste sms cegado dende a Zapateira inauguraba o OVARAL MORSE dende a conferencia NorOeste, toda a Galiza aínda recuperándose do tremendo impacto do IV Torneo do Galo collía pombiñas e situábase diante da pantalla para agradar a seguinte comunicción que despexara dúbidas sobre o acontecido na pista atlática .

Moblog : Domingo, Decembro 16th, 2007

Os xarutos, que trouxeron o seu propio material, colocanse de lideres no NorOeste adiantando os electronicos.

Novos palanadores coma Suso , un novo electrónico nativo das terras do Leste de Lourenzá incorpórase á competición e a nova franquica lider na conferencia aporta xa material autoproducido para sacar o máximo rendemento a cada golpexo da carraxe herdado dos antepasados silenciados pola historia . Besbe a reporteuira de guerra de TELE-VARAL no NorOeste esquivou as bombas nun explosivo novo video-reportaxe cos tres varadores do 2º asalto da liga regular. Combate a xeada achegándote ó lume da lareira que arde no seu web oficial donde están xa guindadas as táboas clasificatorias!!

sexta-feira, dezembro 14, 2007

AXENDA LNB PARA ISTE INTENSO FIND BILLARDEIRO!!



IV TORNEO INTERNACIONAL DO GALO E 2º ASALTO DA CONF. NOROESTE QUE ISTE DOMINGO PODES SEGUIR AKÍ EN DIRECTO [roldas de conexión coas pistas 17 H , 18H , 19H , 20 H e 21H ]

Na conferencia Noroeste 1º OPEN BILLARDEIRO da tempada coa celebración da IV edición do torneo do Galo con fases clasificatiroas para palanadores non “varados” durante a mañán e pola tarde no colexio Dionisio Fierros de Ribadeo baterse polo prestixioso Galo da LNB coas grandes estrelas diste deporte que racha moldes.

E na Coruña na pista da Zapateira , 2º asalto da Conferencia NorOeste , a partires da 19:30 H combatindo a escuridade cos fachos da paixón .

Unha absoluta loucura que poderedes seguir en directo por medio de OVARALMORSE que mediante munición SMS e coa aprotación tecnolóxiva de blogaliza , vai facer posíbel que nas demarcacións horarias de 17 H , 18H , 19H , 20 H e 21H conectedes en directo cos resultados e as vibracións que se produzcan nas dúas pistas de xogo. Outro deporte e outra comunicación son posíbeis!!

quarta-feira, dezembro 12, 2007

ESTREA MUNDIAL DE RUEIROS!!



TELE-VARAL interconferencial estrea Rueiros , un espeluznante documento da outra cara da moeda dos máis dexenerados deportistas da billarda que misturados con punkis indixentes deixan en xugarretas de nenos as orxías e as borracheiras de Ronaldinho ou Robinho. Besbe polo NorOeste e Juan Polo Norleste sitúan a cámara fronte o bar A Bombilla para baixo a desconcertante B.S.O do punki amigo retratar a vida na noite dos palanadores e palandoras da LNB.

terça-feira, dezembro 11, 2007

RESERVA A TÚA PASAXE PARA O PRIMEIRO OPEN BILLADEIRO DA TEMPADA >> IV TORNEO INTERNACIONAL DO GALO!!



Chega o primeiro gran OPEN BILLARDEIRO da tempada, chega o IV Torneo internacional do Galo, son centos os palanadores que chegados dende os 6 continentes , incluída a Antártida, van abarrotar a pista multiusos do IES Dioniso Gamallo de Ribadeo para desputar iste domingo 16 de Decembo o pretixios torneo do pico e da pluma. Torneo aberto para todos os cazarrecompensas e sicarios do palán , as fases clasificatiorias a partires das 11:30 da mañán e a partires da 16:00 h. da tarde os clasificados directamente e os cazarecompensas bateranse a morte na pista por facerse co galo. E moi atentos porque as franquicias da SUPERLIGA andan buscando reforzarse no mercado de inverno polo que os axentes libres terán posibilidades de ser reclutados coma reforzos para o gran zafarrancho de combate no que se vai converter o tramo final de competición. Pero se isto acontece nunha das zoas quenten, na outra conferencia con epicentro na Coruña, afían os dentes e amarran as zinchas para baterse a morte no seu 2º asalto da tempada.



E moi atentos porque os que non poidades estar en Ribadeo poideredes seguir as evolución diste gran Open por medio do OVARALMORSE, inaugurando ise explosivo espazo que desafía con armanto SMS os inaguantábeis carruseis deportivos que lle entolean a cabeza a un santo. E para celebrar iste explosividade de actividades, TELE-VARAL estreará ista semana un impresinante video intitulado RUEIROS, en contraposición ó callejeros de cuatro , Besbe e Juan Pico realizaron un apabuiante e histórico documento de investigación conxunta diante do bar La Bombilla da Coruña que deixa en cueiros as imaxes do maís brutal dos desoloxos de chabolas.

sexta-feira, dezembro 07, 2007

HISTÓRICA POSÍBEL INTERNACIONALIDE DUN PALANADOR DA AUTÉNTICA NA SEL. GALEGA DE RUGBY!!


Ista fin de semana toda a tribu-LNB empurra na gran melé para que o David, o xogador do Crat da Coruña e internacional galego coa Auténtica poida esquivar todas as placaxes e consiga o fito histórico de representar á Galiza en dúas disciplinas deportivas de tan alto risco, a billarda e agora coa galega de rugby. David está a participar no staff para perfilar o equipo definitivo que defenda á Galiza nos coñecidos coma campeonatos autonómicos. Patada a seguir e moito coidado cos sempre malditos avants!!

quarta-feira, dezembro 05, 2007

SURFEANDO ANTRE OS TOXOS CHEGA O GOLPE ATE O SALÓN COMEDOR DA TABERNA DE LOLA!!



Desafiandos as tremendas olas de 8 metros que sacudiron ista fin de semana a Illa Pancha de Ribadeo O Golpe ó igual que os nosos camaradas do Farero.com surfearon exercendo de xinetes na escuma apuntántose un espectacular tanto mediático , Juán Pico o xinete de TELE-VARAL colleu a súa táboa para surfear nas cunetas de Remourelle e introducirse a toda velocidade cunha impresionate molladura de emoción no salón comedor da sempre máxica Taberna de Lola . Imperdíbel iste intenso video-estalo no que o Golpe contou con David ( Sporting) e Hugo ( Billardeiros Musicais).



Pero as tremendas olas da carraxe invadiron tamén a pista de xogo de Remourelle niste 4º asalto e paso de ecuador da competición na Conferencia Norleste que xa inicou a conta atrás para a espectacular edicición do IV Torneo do Galo , estreando as faixas enviadas polo xornal Novas da Galiza que amosa así o seu compromiso absoluto co deporte da billarda



Se no teu kioske non atopas o Novas achégate ás pistas da LNB donde iste xornal conta con distribuidora e para xaneiro moi atentos xa que Novas da Galiza vai entrar de cheo na distribución de material deportivo da LNB. Un feito histórico froito do empurre que dá saber que outro deporte e outra información son posíbeis!!

terça-feira, dezembro 04, 2007

ESPECTACULAR CARREIRA DA XORNADA POLO TÍTULO DE CAMPIÓN DE INVERNO!!


Recuperándonos aínda do trmendo valvordo dos premios , a LNB recupera a súa actividade frenética para amosar unha moi especial noca edición da CARREIRA DA XORNADA: Ginés dos Cornería Team voltaba á élite para loitar contra un xovéncísmo Cristian dos Piratas da Billarda polo primeiro título oficioso da tempada , TELE-VARAL ofrece en exclusiva mundial a loita polo CAMPIONATO DE INVERNO na conferencia NorLeste.

Cristian dos Piratas da billarda colle o relevo do gran Zidane da Billarda coma campión de inverno da Superliga , agora a gran incógnita é saber se aguantará a te final de tempada no máis alto da clasificación xeral . Conecta e teletranspórtate ó fervedoito do Remourelle, e moi atentos á pantalla porque o márcores O Golpe invadirá a Taberna de Lola!!

segunda-feira, dezembro 03, 2007

EXPLOSIVO DISCURSO DA LNB NA ENTREGA DOS PREMIOS NACIONAIS DO DEPORTE GALEGO!!

Adiantandose a todos os medios e en total exclusiva TELE-VARAL ofrece en absoluta primicia o explosivo discurso do reprentante da LNB que iste venres 30 durante a entrega dos premios nacionais do deporte galego fixo tremer ó Teatro Rosalía de Castro da Coruña para deixar coa súa intervención unha histórica pegada que significa o primeiro recoñecento oficial do deporte da Billarda. Noraboa a todos os palanadores e palanadoras da LNB que continumante desafiamos as sempre malditas leis da gravidade!!

Somos orgullosos deportistas galegos e galegas
Herdeiros da furia e da carraxe duns antepasados
Esnaquizados pola histora
O día de Hoxe,
Coma o ferro quente na pel das bestas bravas
quedará marcado coma o día no que deporte da billarda
saíu para nunca máis voltar.......
á angustiosa cova do esquecemento.