O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, dezembro 05, 2007

SURFEANDO ANTRE OS TOXOS CHEGA O GOLPE ATE O SALÓN COMEDOR DA TABERNA DE LOLA!!



Desafiandos as tremendas olas de 8 metros que sacudiron ista fin de semana a Illa Pancha de Ribadeo O Golpe ó igual que os nosos camaradas do Farero.com surfearon exercendo de xinetes na escuma apuntántose un espectacular tanto mediático , Juán Pico o xinete de TELE-VARAL colleu a súa táboa para surfear nas cunetas de Remourelle e introducirse a toda velocidade cunha impresionate molladura de emoción no salón comedor da sempre máxica Taberna de Lola . Imperdíbel iste intenso video-estalo no que o Golpe contou con David ( Sporting) e Hugo ( Billardeiros Musicais).



Pero as tremendas olas da carraxe invadiron tamén a pista de xogo de Remourelle niste 4º asalto e paso de ecuador da competición na Conferencia Norleste que xa inicou a conta atrás para a espectacular edicición do IV Torneo do Galo , estreando as faixas enviadas polo xornal Novas da Galiza que amosa así o seu compromiso absoluto co deporte da billarda



Se no teu kioske non atopas o Novas achégate ás pistas da LNB donde iste xornal conta con distribuidora e para xaneiro moi atentos xa que Novas da Galiza vai entrar de cheo na distribución de material deportivo da LNB. Un feito histórico froito do empurre que dá saber que outro deporte e outra información son posíbeis!!