O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, dezembro 11, 2007

RESERVA A TÚA PASAXE PARA O PRIMEIRO OPEN BILLADEIRO DA TEMPADA >> IV TORNEO INTERNACIONAL DO GALO!!



Chega o primeiro gran OPEN BILLARDEIRO da tempada, chega o IV Torneo internacional do Galo, son centos os palanadores que chegados dende os 6 continentes , incluída a Antártida, van abarrotar a pista multiusos do IES Dioniso Gamallo de Ribadeo para desputar iste domingo 16 de Decembo o pretixios torneo do pico e da pluma. Torneo aberto para todos os cazarrecompensas e sicarios do palán , as fases clasificatiorias a partires das 11:30 da mañán e a partires da 16:00 h. da tarde os clasificados directamente e os cazarecompensas bateranse a morte na pista por facerse co galo. E moi atentos porque as franquicias da SUPERLIGA andan buscando reforzarse no mercado de inverno polo que os axentes libres terán posibilidades de ser reclutados coma reforzos para o gran zafarrancho de combate no que se vai converter o tramo final de competición. Pero se isto acontece nunha das zoas quenten, na outra conferencia con epicentro na Coruña, afían os dentes e amarran as zinchas para baterse a morte no seu 2º asalto da tempada.



E moi atentos porque os que non poidades estar en Ribadeo poideredes seguir as evolución diste gran Open por medio do OVARALMORSE, inaugurando ise explosivo espazo que desafía con armanto SMS os inaguantábeis carruseis deportivos que lle entolean a cabeza a un santo. E para celebrar iste explosividade de actividades, TELE-VARAL estreará ista semana un impresinante video intitulado RUEIROS, en contraposición ó callejeros de cuatro , Besbe e Juan Pico realizaron un apabuiante e histórico documento de investigación conxunta diante do bar La Bombilla da Coruña que deixa en cueiros as imaxes do maís brutal dos desoloxos de chabolas.