O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, dezembro 28, 2007

U-LO ANGEL CRISTO?

O esperpento vivido en Balaídos no 3º amigábel da selección galega de futbol fronte a Camerún pon de manifesto varias cousas, canto nos custa ós galeg@s istas pachangas? e porqué son só unhas seleccións duns determinados deportes as que poden optar a ista compra de sparings? A Selección Galega de Billarda afronta a súa proxección internacional sen amparo institucional nen finaceiro de ningún tipo , o acontecido en Balaídos fixo aflorar a pantasma dos contratos estrela coma se máis ca un deporte isto dun circo se tratara , ós leóns só lles faltaba Angel Cristo para que a festa fose completa. Nen as declaracións a pé de campo da Directora Xeral para o deporte fixeron escorrentar as especulacións dun problema contractual pola falla das estrelas Camerunesas ou polo menos iso era o que se extraída das verbas dos comentaristas da Galega. Como contrapunto á desfeita ahí vos queda ista felicitación do adestrador da Auténtica :

Bo nadal e feliz aninovo a tod@s os Billardeiros vos desexa o zidane da bilharda