![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi6GWBi_R2AIX5JoE4HUgJ1KodgkbowOGY7LN5M4ULHB3G09N-vRRaTEprbbMozDJeWOvjYtbfGRgLVHiLvre6R1EaSMA6A8CzhGnIKi9Strueepq1lxIv1BgDoyQubnfpQrLSn/s400/IMGP1422.JPG)
Por encima de calquer análise e resultado dun espectacular
Aberto das Troitas da Pontenova temos que situar o retorno á competición da gran estrela do universo billardeiro.
Calvete , o único referente filosófico e ideolóxico para a LNB reapareceu expléndido en Santalla e fixoo cun rendemento espectacular chegando ate a final e confirmando a súa total posta a punto para seguir liderando o noso máxico proxecto de golpexos e suores...
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjRe0Y5R-pWCvKMaNZnFpPFXRpJaxvOaIaMCMtcG2MUgCL83tiqiDIGOaO9G2urrWH8i83TzLIq86ETBPapLd5h-byM9jVr6MQ95u7Ul7jNogqRJihVtNlRaQuiuJoodS4jumF8/s400/IMGP1438.JPG)
Como sabedes todos , Calvete natural de Sigrás , foi o padriño de todas conferencencias LNB, na Zapateira exerceu a súa función outorgando entidade propia á tribu do NorOeste , naquel xa mítico torneo de Cervo deulle validez plena ós irmáns da Conf. Sur para comezar o seu tremendo fungar e como non podía ser menos, apresentamos en exclusiva mundial outra instantanea para a história.
Calvete nos montes do Santalla exercendo de padriño e transmisor de forza e sabiduría para os compañeir@s da recén estreada Conf. Centro outorgando a súa poderosa bendición a un emocionado
Xosé Antón coma representante da zona estornela....
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhXstUjNzD53NS2kj1Y7jN5e3SFmJFtvievThMLTAVoS7LQdVTe4eo7tofdxvrCFmXIzlG0_jNihGZ-xkrV-cbGGJGuiXHSulhOq71Cq2aTlwqz2_LPVk6nbqp4LODqq3By2UbI/s400/IMGP1435.JPG)
A LNB voltou ó seu recuncho entre valados en Santalla , xusto no intre no que a Conf. NorLeste asina o contrato de visivilidade co xornal El Progreso para emitir os crónicos de cada asalto da nova tempada no suplemento A Mariña , de feito iste mesmo martes podedes ver un intenso artigo sobre o presente e futuro dun lume que arde xa baixo a terra imposíbel de aplacar.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg8cOClERJnrnO9ZElqNTy91ROV-0P4P-EzyHOpSFE5wG_ltuTdhSGiIs4PmJt_shS9pYbIk-Ebhnk21s7e3TkSVzFPazTG-0wAFbZ2nnHBSZGdFQOqPWAGv2QV3VPvYdlIIvJP/s400/IMGP1437.JPG)
Pero a Conf. NorLeste ten os ollos moito máis aló da mariña mais cando dende Lugo cidade son incesantes as adesións de palanadores coma foi o caso niste Aberto de Santalla de por exemplo Carlos que incluso expuxo a idea de facer do seu bar Diveca da Praza de Ferrol un campo base máis da revolución en pleno centro cidade das Murallas.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi4zBxNGrLkCCT__Kns4cx_49Wu6b-Lu_zLltcek17KgvV2SURckKgg97Q4wcQ2V5zTl6BEBMDDZS5xaeAu_BfkGYhqb7ZcajqjW_RiD6X5PUiKOCs-jZnjl6s_wzJs_CzhLQgt/s400/IMGP1446.JPG)
Markytos adestrando todo iste verán coas baquetas na intensa xira coa súa poderosa banda-folk
CÁDABA demostrou, vencendo no concurso de Varados e quedando segundo no Aberto das Troitas , que está disposto a loitar de novo por facerse co trofeo de campión nacional.
E POR FIN.....HUGO CAMPIÓN!!![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjCV1In0KWB63Tz1PbCIOJNIhSu8ZbwgtDqbKx8yO9a1-hMUzdOxKElc77p9qe_PCCqo4sUzUH2FQSnEHaIrgxjOoZfYn6r9xfJgHnAN7o7AfYtiCtYskm7ykfIfhIBVvyuYh0S/s400/IMGP1449.JPG)
E nunha intensa final que necesitou desempate
, Hugo desfíxose do seu propio maleficio nas finais e celebrouno bacinándose cun magnífico kilo de troitas que o acredita coma campión do Aberto das Troitas da Pontenova....
seguide atentos porque ista brutal actividade revoluciona as troitas e tabeiróns das augas máis bravas!!