O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 23, 2009

O ABERTO DO BONITO SITÚA VARIOS AFROPALANDAORES NAS AXENDAS DAS FRANQUICIAS DO NORLESTE!!


O Final da costeira marcou o máis internacional dos Abertos realizados nas terras da Conf. Norleste, un marco espectacular xusto no corazón salgado da vila de Burela acolleu a un poderoso exercito internacional de palanadores que fixo saltar todas as alarmas da autoriades portuarias e de terra sobre o alcance que pode chegar a ter o inicio de tempada nista conferencia iste vindeiro domingo na parroquia Barreirense de Vilamartín Pequeno. Tele-varal estivo en Burela para amosar as roldas finais entre Hugo, Eric e Daniel dun aberto que sumou case medio cento de palanador@s e que rematou co peixe en mans dun prolífico Daniel que coma a formiga traballou a reo no verán paracontar con reservas davondas nista tempada que comeza. Mención especial ó irmáns do Buril que exercerón de maiorets magníficas na entrega de premios e na espectacular organización dun torneo xa referencial xa nistas poderosas terras do norte , demostrando así o seu total e firme compromiso coa revolución billardeira polo que de seguro non será moi complicado voltar a atopalos armados ate os dentes nun dos nosos campos de batalla.

Olla o Foto-Varal completo diste Aberto Afrogalego de Burela , antesala do arrinque da tempada en Vilamartín Pequeno iste domingo ó carón da Capela do San Xoan Degolado. E MOITA ATENCIÓN TRIBO DO NOROESTE: porque confírmase definitivamente o domingo 4 de outubro ás 16:30 e a Praza da Sardiñeira ( detrás do pavillón) coma fechas e pista definitiva do arrinque da Superliga na Conferencia NorOeste . Seguiremos informando pero se queredes información segundo a segundo ademáis do seu web oficial son a primeira conferencia LNB con espazo propio no Feisbuc , buscaos e faite inimigo do imperialismo para seguir os estalos do seu poderoso muro!!